venres. 08.11.2024
El tiempo

FSF: Cee vibrou ca Festa do Fútbol Sala costeiro

FSF: Cee vibrou ca Festa do Fútbol Sala costeiro
Os mozos do Vila de Cee xogaron o último partido ligueiro na casa da tempada Os mozos do Vila de Cee xogaron o último partido ligueiro na casa da tempada

Menuda tarde a vivida en Cee o pasado sábado. 3 partidazos na chamada Festa do Futbol Sala da Costa da Morte, organizada por Asociación Cultural e Deportiva San Cristobal. Un choque da Liga provincial masculina, un da Liga Autonómica feminina, e a gran final da Copa de FS de Cee, que venceu o MáisDeporte-O Xardín.
Nese marco, e con Fran Toba pluriempregado (adestra ao Fisober e ao Vila de Cee masculino) o Fisober continuou co seu nefasto mes de abril, mentres os ceenses despediron a súa primeira temporada ligueira cun impresionante subcampionato.

Ademais, a Liga Provincial acollía un soso derbi que levaban as roxiñas de Lira ante unas Atletes moi mermadas. Ademais, e co descanso das campionas, o Ponteceso FSF sumaba 3 puntos que as manteñen na sexta posición a falta dunha xornada para o remate da liga.

As que tampouco conseguiron gañar foron as herculinas do Viaxes Amarelle de Patri, que se complican así a súa presencia no playoff de ascenso para voltar máxima categoría.

 

Liga Autonómica, xornada 27

O Fisober xogou en Cee O Fisober xogou en Cee
  • Resultado: FISOBER F.S.F. – BEMBRIVE F. S. (0-2).
  • FISOBER : Leti, Ana, Noe, Inés, Paula Fandiño; tamén xogaron: Tamara, Mai, Nuriña, Myrella.
  • Goles: 0-1 Laura, (descanso), 0-2 Noemi.
Ines co Fisobe en Cee Inés co Fisober en Cee

O pavillón de Cee acollía, no marco da festa do Fútbol Sala, o choque do Fisober, que ten cruzado o mes de abril. Despois dun primeiro trimestre de ano impoluto , acumula tres derrotas consecutivas nesta difícil parte do calendario. Desta vez foi o Bembrive o que se levou os puntos cara terras viguesas e que lles permite seguir na loita polo título. Un Bembrive que foi unha pequena besta negra do Fisober este ano xa que de momento é o único equipo que foi quen de gañarlle os dous partidos esta tempada.

O partido en si foi moi igualado con dous equipos que non querían cometer erros sabedores que poñerse por diante sería chave como así finalmente foi. Ambos conxuntos saltaron a pista pensando en gardar a roupa e tentar saír a contra aproveitando erros dos rivais. Iso fixo que o partido fose moi pechado e con non moitas ocasións. Despois de varias chegadas locais, as visitantes aproveitaron unha perda en saída de balón das costeiras para prantarse ante Leti e marcar a pracer Laura o cero a un. Con ese resultado chegouse o tempo de lecer.

No comezo da segunda metade un lanzamento de Inés foise lambendo o trabe o que puido supoñer a igualada. Pero todo trocou cando aos tres minutos do reinicio Noemi aproveitaba outro erro local para facer o segundo gol e poñer en clara vantaxe as visitantes. Pouco cambiou o guión do partido nesta segunda metade, iso si as olívicas xa tiñan dous goles a favor no seu peto o que complicaba e moito o partido as costeiras. As locais tentaban reducir diferenzas e as visitantes acadar un novo gol que pechara definitivamente o partido pero o electrónico non se movía. Polo tanto a dous minutos e medio do fin, o Fisober decidiu arriscar co xogo de cinco adiantando a posición de Leti. Pero non tivo froitos chegándose o final con vitoria visitante.

 

Liga Provincial Masculina, xornada 22

  • Resultado: FSF Villa de Cee- Pulpomovil 7-0)(
  • FSF Villa de Cee: Josiño, Juanjo, Marroco Pablo, Carlos. Participando tamén Rafa, Hidalgo, Purti, miguelon, Aitor e Mario.
  • Goles: Miguelón (3), Mario (2), Aitor e Marroco.

Última xornada dos mozos de Fran Toba ante a súa afición e na Festa do Futbol Sala, e dende o primeiro minuto buscou o triunfo, conseguindo dunha maneira cómoda e mostrándose moi superior o rival o cal sempre se veu superado polos Ceenses. Miguelón con tres goles, Mario con dous e Aitor e Marroco un cada un deixou un resultado total de 7-0 que fala claro do dominio do FSF Villa de Cee.

Fin da liga onde o FSF Villa de Cee, no seu primeiro ano fixo un temporadón en Provinacial acadou o subcampionato, mais que merecido. Agora queda por diante a Copa, onde o equipo fará o posible para poder traer ese bonito título para casa.

FSF Vila de Cee despedindo a temporada de liga FSF Vila de Cee despedindo a temporada de liga  

Liga Provincial, xornada 25

  • Resultado: Concello Carnota Lira FSF - A. D. Atletes, FSF (5-0)
  • Concello de Carnota Lira FSF: Lía (P); Inés; María; Alba (1); Martina (3); María (1); Laura; Cristina.
  • A.D. Atletes FSF: Mariña (P); Cris; Sara; Marta; Bárbara; Alba; Antía; Ana; Sandra.

Partido xogado no Pavillón Municipal de Carnota, onde o equipo de Lira se despachou a gusto ante o Atletes de Esteiro. A pesar de que o resultado foi só de cinco a cero a favor do Lira, este, con toda seguridade, non encontrou nesta competición, rival máis fácil que as esteiranas neste partido. Ata o minuto nove da primeira parte non conseguiu marcar o Lira, que o fixo en este minuto por medio de Martina. O Atletes non conseguía asentarse no campo de xogo, e con moita sorte chegou hasta o minuto 19, que foi cando puxo o dous a cero a xogadora do Lira, María.

As esteiranas confiaban que o descanso lles fixera recompoñerse. Pero non puido reacciona, e menos cando no primeiro minuto, o Lira, por medio de Martina, xa puxo o marcador con 3 a cero. No minuto 7 desta segunda metade, volve Martina a conseguir o cuarto gol para o Carnota. Chegado o minuto 12, volve a marcar o Carnota por medio de Alba. A partir de aquí os dous equipos esperando que se terminara o partido.

A verdade é que o Atletes chegou o partido demasiado mermado físicamente. Tres xogadora indispostas e una lesionada.

 

Liga Provincial, xornada 25

  • Resultado: FS Pontedeume/Valdetires e o Concello de Ponteceso FSF (1-6)
  • A.D.VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Melani, Ana, Carla, Noa e Carmen - tamén xogaron - Martina, Chus, Sandra, Zeltia e Isabel.
  • Goles: Carmen, Zeltia (2), Carla, Ana (2) para as pontecesás.

Partido accidentado o disputado en Pontedeume, con cambio de pavillón incluídos tras 10min de xogo. Comezaban ben o partido as pondalianas, tendo o balón nos primeiros minutos e xa chegando á portería rival. Carmen adiantaba ó seu equipo rematando no segundo pau tras xogada combinada con Ana ós 2 minutos do comezo. Pero despois do gol non terían uns bos minutos as visitantes, deixando achegarse un par de veces ás de Pontedeume e, tras un erro da defensa, éstas poñian as táboas no marcador. Seguiría o encontro na mesma liña cando, despois dun par de caídas por culpa de goteras que facían que a pista estivese mollada, o colexiado decide suspender o partido e ambos conxuntos deciden continualo noutro pavillón.

Tras a reanudación, volvía o Ponteceso ó xogo dos primeiros minutos, xerando ocasións e tendo o balón. Zeltia volvía adiantar ó cadro pontecesán, rematando no medio da área tras pase de Sandra Os últimos minutos da primeira metade serían os mellores minutos das pontecesanas, dispoñendo de varias ocasións e levando o peso do encontro. Chegarían ó descanso co 1-2.

No segundon período sairían atontadas as visitantes, que non conseguían controlar o encontro e que fallaban ocasións claras. Sería a partir dos 10min cando espabilarían as xogadoras de Curro. Carla faría o terceiro cun remate na área tras un bo control dun pase de Noa. Zeltia poñía o 1-4 un minuto despois, rematando unha asistencia de Carla tras xogada individual. Non baixarían os brazos as do Pontedeume e Melani despexaría dous tiros das locais, evitando que recortasen distancias. Tampouco deixarían de loitar as da vila de Pondal e Ana, tras pelexar un balón no centro do campo, facía o 5°, que entraría na portería de rechace.

 

2ª División Femenina - Grupo IV. 23ª Xornada.

  • Resultado: Viaxes Amarelle FSF - FSF Ciudad de Alcorcón B (3-3)
  • Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Patri, Lago, Dolo, Sheila (cinco inicial), Laura Tesouro, María Gómez, Uxía, Xiana.
  • Goles: 1-0 Patri (min. 2); 1-1 Alba Aguilar (min. 17); 1-2 Raquel Mena doble penalti (min. 19); 2-2 Sheila (min. 23); 2-3 Alba Aguilar (min. 26); 3-3 Laura Tesouro penalti (min. 32).
O Viaxes Amarelle FSF non conseguiu pasar do empate ante un rival directo, FSF Cidade de Alcorcón B, na tarde de hoxe. Partido complicado con dous escuadras moitísimo en xogo neste último tramo de liga. O partido estivo moi aberto en todo momento e calquera dos dous puido haberse levado a vitoria, aínda que ao final ambos se quedaron cun agridulce empate 3-3, que complica, e o ascenso.

Toca seguir traballando e agora si que si as herculinas necesitan a vitoria a próxima fin de semana visitar ante outro rival directo, si non queren perder todas as opcións de play-off, e aínda así non dependen de si mesmas, senón de que o Leganés Másdeporte cometa algún erro. O próximo enfrontamento terá lugar o vindeiro sábado 23 de abril de 2016 a partir das 20:00 horas no Pabellón Municipal Pedro Delgado (Segovia) ante o Unami CP.

 

Máis información

Crónicas da temporada

Outras novas do FSF

Fonte

Comentarios