FSF: Comezou a tempada para o Fisober e para as Centolas

Comezou a tempada para o Fisober e o fixo na Copa Galicia ante todo un Burgas, un conxunto da máxima categoría do fútbol sala feminino español. Mostrou boa imaxe o cadro costeiro ante un equipo máis rodado, pero a derrota foi clara.
Copa Galicia
- Resultado: CIDADE DAS BURGAS – FISOBER F.S.F. (4-0).
- FISOBER: Lía, Ana, Noe, Laura, Mai ; tamén xogaron : Ainho, Taibo, Nuriña, Carla, Paula Fandiño, Andrea M.
Non podía iniciar peor o partido o Fisober xa que despois de un minuto e medio María Arias adiantaba as locais. Aos seis minutos chegaba unha dobre intervención da porteira visitante Lía. E os once outra boa ocasión local. Paula Fandiño e Noe non acertaron e o marcador quedou asi ao descanso. Nada máis comezar a segunda metade, 2-0 e o partido foise indo.
O importante foi o debut de Ainho, Carla, Taibo e Andrea M. O próximo domingo dia 3 ás 18:00 horas no Conco de Dumbría, segunda cita da Copa Galicia ante o Pirata Morrazo.
Familia das Centolas

Mentres, por Cee acaba de arrincar pretempada do Fsf. Villa de Cee O Semáforo de Fisterra. As Centolas volverán competir na Liga Autonómica, por segundo ano consecutivo. E farano da man de Santi de la Fuente e unha das centolas primixencias, Belén Vigo.
Pola súa parte, no cadro masculino retírase un dos grandes culpables de que o Villa sexa unha realidade tan patente. Mario, o eterno capitán e alma do equipo deixará a pista. O equipo busca un míster para completar un plantel que terá as novidades de Dudo, que volve, e de Ángel, do Brión para competir en 3º División.
Novas relacionadas
- O Fisober volve sacar equipo B para dar máis cancha á canteira.
- 21 rapazas xa forman a familia das Miúdas amadriñada por Susú Cores e Vero Boquete.
- FSF: Unha sabrosa Copa da Costa para pechar a temporada.