FSF: Fontenla acolleu unha cita copeira de altura mentres o Villa de Cee non puido evitar o descenso


A actualidade da fin de semana no fútbol sala feminino veu marcada pola final a catro da Copa Galega Infantil Feminina que acollía o pavillón de Fontenla. Non puido o cadro do Viaxes Amarelle meterse na final ao caer por 3-1 ante o ED Poio Pescamar, que a posteri quedou campión ao vencer 0-1 ao Error! Ferrol A Fervenza na finalísima.
Boa expectación en Fontenla para un campionato de nivel autonómico que chegaba á vila xalleira gracias ao compromiso do Concello de Santa Comba e do Viaxes.

Polo demais, a mala nova da fin de semana foi a rúbrica do descenso do Villa de Cee masculino. O equipo ceés non puido superar ao Santiago Futsal B, nun novo choque con protagonismo arbitral, e confirmaron o seu descenso como antepenúltimos da categoría. Parecía que os costeiros poderían manterse en categoría nacional despois do ascenso do ano pasado, pero as arbitraxes pesaron demasiado.

Ademais, o Fisober segue desexando que remate a temporada, mentres na Copa 1ª Galicia, as xalleiras do Amarelle Concello de Santa Comba meten case pé e medio na final a catro tras impoñerse ao FC Meigas. Máis complicado o terán as pondalianas tras caer, a pesar de ir por diante ata os últimos minutos, ant o Culleredo.
2ª División Nacional, xornada 28
- RESULTADO: FISOBER F.S.F. – A.D. ALCORCÓN F.S.F. “B” (0-9).
- FISOBER: Lía, Ana, Taibo, Mai, Paula Fandiño ; tamén xogaron : Ainho, Andrea M. , Noe, Carla, Carre, Nuriña.

O conxunto madrileño foi un ciclón fronte as costeiras e amosou as razón polas que vai líder con tan só unha derrota en toda a tempada. O Fisober aguantou o resultado e o tirón físico na primeira metade, incluso Noe tivo un man a man con cero a cero no electrónico para adiantar as costeiras nunha contra das locais.
Pero na segunda metade despois do paso polos vestiarios o líder mostrou o seu potencial anotador e levouse con claridade o partido e ten o título xa a tiro de pedra.
O próximo partido será o vindeiro xoves día das Letras Galegas adiantando o derbi fronte ao Fisgón F.S. nunha data tan sinalada, en Marín no P. de A Raña, no que será a último viaxe da tempada, nun fin de semana no que terán partido o filial dentro da Copa de Primeira Galicia en Dumbría fronte ao Meigas e o campeonato provincial o equipo infantil en Irixoa o sábado.

3ª Galega
- Resultado: FSF VIlla de Cee - Santiago Futsal B (5-8)
- FSF Villa de Cee: Bruno, Santi, Pablo, MIguelón, Javi; José Ángel, Angelito e Aitor.
Dura derrota do Villa de Cee na casa, de novo cunha polémica arbitraxe, que leva ao Villa de volta á Preferente Galicia.

Copa Primeira Galicia Feminina, Grupo 1, x.3
- Resultado: FC Meigas - Amarelle Concello Santa Comba (1-3)
- Amarelle Concello Santa Comba: Nerea, Lucía, Ge, Nuria, Leticia (cinco inicial), Tania, Paula, Violeta.
- Goles: 0-1 Nuria (min. 17); 0-2 Lucía (min. 27); 1-2 Teresa (min. 28); 1-3 Leticia (min. 31).
O Amarelle Concello Santa Comba, dirixido por Suso Yanes, mete pé e medio na final a catro da Copa de Primeira Galicia Feminina da Coruña tras impoñerse nun partido disputado, a pesar das baixas. Na primeira parte, o partido empezaba cun cadro xalleiro que quería ter o balón, pero non xeraba o suficiente perigo para adiantarse no marcador e os minutos corrían en contra, sen que o marcador alterásese para ningunha das dúas escuadras, ata que a falta de tres minutos para o tempo de asueto, Nuria conseguía poñer por diante ás xalleiras. E co marcador de 0-1 ambas escuadras retiráronse ao tempo de descanso.
Na reanudación, o conxunto xalleiro buscaba ampliar a distancia e asegurar tres puntos importantes para asegurarse o pase á final a catro da competición de Copa, e así chegaría aos sete minutos de xogo o 0-2, transformado por Lucía. Pero o conxunto local reaccionaba rápido e Teresa recortaba distancias no marcador poñendo o 1-2. Aínda quedaba moito partido por diante e a escuadra visitante non quería arriscar cunha vantaxe mínima e pouco logo da medianía do periodo, Leticia conseguía ampliar distancias no marcado anotando o 1-3. Aínda quedaba moito tempo por diante para o final do tempo reglamentario e a loita seguía sobre a cancha. O marcador permaneceu inalterable no que quedou de tempo e os tres puntos viñéronse para Santa Comba, pero a nota negativa foi a expulsión de Nuria a falta de pouco máis de minuto e medio para o final do partido.Copa Primeira Galicia Feminina, Grupo 1, x.3
- Resultado: Concello de Ponteceso FSF - Sport Sala Culleredo FS (3-4).
- AD VILA DE PONDAL - CONCELLO DE PONTECESO FSF: Aroa, Ana, Martina, Alba e Vero - tamén xogaron - Nuria, Saray e Uxía.<(li>
- Goles: Alba (2) e Vero; Mery, Begoña e Ángela (2).

Bonito encontro o visto a tarde do sábado en Ponteceso, entre dous grandes equipos que quedaron na zona alta da 1ª Galicia. Comezaba con respecto mutuo pero pouco a pouco foron abríndose claros nas defensas. Adiantábase as de Curro por dúas veces pero as herculinas conseguían empatar deixando o 2-2 ao descanso.
O Culleredo íase asentando máis na segunda, pero era Alba a que volvía poñer por diante ás pondalianas. As visitantes metíanse a xogo de 5 e a falta de 3 minutos conseguían empatar outra vez o encontro. Non pasaría nin un minuto cando, coa presión arriba e tras varios erros dentro da área, Ángela lograba rematar e poñer por primeira vez ó seu con vantaxe, deixando un 3-4 co que remataba o choque.
Máis información
- Resultados e clasificacións en www.futgal.es.
Crónicas da tempada
- As Centolas do Semárofo rematan unha gran liga con vitoria.
- O ano que vén, derbi na 1ª Autonómica.
- As Centolas do Semáforo aseguraron a permanencia>.
- O Fisober complícase, e moito, a permanencia.
- As Centolas non queren baixa.
- O Amarelle Santa Comba deixa case sentenciada a 2ª praza.
- O Amarelle Santa Comba non permite que o Ponteceso FSF aprete a táboa:
- Ponteceso FSF e Amarelle Santa Comba quentan para o derbi de 1ª Galicia.
- Soñando ca permanencia>.
- O Viaxes non ten piedade do Fisober.
- FSF: Solidariedade, premios e moitos goles na última xornada do 2017.
- Volvendo a casa para levar o premi.
- As Centolas do Semáforo collen o bo ritmo.
- O derbi provincial quedou en Santa Comba.
- Variedade de resultados.
- Ponteceso e Atletes afían a puntería.
- Confusión arbitral.
- O Fisober suma 3 cantos.
- Comezou a 1ª Galicia con derbi e debut.
- Cara e cruz na 2ª Nacional:
- Estirando un mal inicio de curso.
- Mal comezo.
- Só os homes do Villa de Cee comezan a temporada con sabor doce.
Novas relacionadas
- As Seleccións Coruñesas e Galegas, cheas de xogadoras costeiras.
- Tati, unha peza imprescindible na Selección Galega sub-18.
- As Miúd@s xa saben gañar.
- As Miúd@s e o Bergan comezaron a súa campaña na 2ª División Feminina.
- O Eleuterio Balayo acolleu a estra das Miúdas na Festa dao Fútbol Feminino da Costa da Morte;
- Comezou a tempada para o Fisober e para as Centolas:
- O Fisober volve sacar equipo B para dar máis cancha á canteira.
- FSF: Unha sabrosa Copa da Costa para pechar a temporada.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).