Xoves. 03.10.2024
El tiempo

FSF: Mantendo o pulso na zona alta

FSF: Mantendo o pulso na zona alta
Ale co Fisober Ale co Fisober

Boa xornada na Liga Galega para o Fisober que se mantén no vagón de cabeza tras vencer ao pechacancelas.

Mentres, na Liga Provincial, segue líder o FSF Villa de Cee, con vantaxe sobre un Grupo Work que sufríu para vencer ás Roxiñas de Lira en Carnota.
Polo demais, un punto que non sabe a nada para o Concello de Ponteceso FSF, que se mantén na 5ª posición, mentres as de Esteiro non sumaron malia facer un bo partido, pero terán que mellorar físicamente se queren seguir competindo con posibilidades para afrontar a última parte do campeonato.

En categoría masculina importantísima e difícil vitoria para os FSF Villa de Cee masculino contra un equipo que mostrou moito nivel no seu xogo, apuntalando a 2ª praza e recortando puntos o líder. A vindeira sema reciben na casa o C.D. Concello de Monfero, actualmente 7º clasificado, pero tamén complicado.

Liga Autonómica, xornada 21

Ana co Fisobe Ana co Fisober
  • Resultado: FISOBER F.S.F. – C.D. PORTOSÍN (5-2).
  • FISOBER: Leti, Ale, Laura, Inés e Laura; tamén xogaron: Andrea Piroja, Nuriña, Tamara, Mai, Noe, Paula Fandiño.
  • Goles: 0-1 Rebeca , 1-1 Inés, (descanso), 2-1 Inés, 3-1 Paula Fandiño, 3-2 Julia, 4-2 Noe, 5-2 Noe.

Partido correspondente a 21 ª xornada da Liga Autonómica Galega disputado na tarde do sábado no Polideportivo de Ponte do Porto. Dende o Fisober queren agradecer ó Concello de Camariñas e ó concelleiro Juan Carlos Canosa s facilidades para que se disputara o partido alí.

Coma sempre o Portosín foi un difícil rival que complicou moito as cousas nun partido moi igualado. O comezo do partido foi frío coma a tarde, ós dous equipos costoulles entrar no partido. Pero ós cinco minutos un perda na saída de balón local era aproveitada pola visitante Rebeca para adiantar ó Portosín.
Tocáballe remar ó Fisober, ían pasando os minutos e apenas creaba perigo. Ata que ós doce minutos Inés volvía a poñer táboas no marcador. Pero tan solo un minuto despois case volven a poñerse en vantaxe as visitantes cun tiro o trabe de Julia. As locais andaban lonxe do seu mellor xogo ben desconectadas polo equipo visitante. De feito as mellores ocasións eran a prol do Portosín e das súas contras, con dúas moi perigosas antes do fin de periodo nas que nin Diana , nin Virginia foron quen de superar a Leti. Chegándose o tempo de lecer con igualada.

O arranque do segundo tempo foi chave, un penalti sinalado sobre Inés que ela mesma transformou e un gol de Paula Fandiño nos tres primeiros minutos deron unha tranquilidade ó Fisober para afrontar o segundo tempo despois dos problemas pasados no primeiro. Aínda así as visitantes non se rendían e asustaban por mediación de Julia. A resposta foi unha nova ocasión da local Paula Fandiño que a piques estivo de pechar o partido. Pero como non o fixo ós cinco minutos esta vez si acertaba Julia para poñer un axustado tres a dous.
O partido estaba moi vivo, Noe mandaba o trabe para o Fisober e Xulia atopábase con Leti para as visitantes. Todo trocou cando mediada esta segunda metade Noe facía dous goles nun minuto que practicamente pecharon o partido, para poñer o definitivo cinco a dous no electrónico. Aínda así ambos equipos tiveron ocasións antes do final. A visitante Xulia remataba de cabeza para que aparecese Leti e Laura tiña a súa para as locais. Nos últimos minutos Lorena e Rebeca cun lanzamento o pau non eran quen de mover xa o marcador.

Noe co Fisober Noe co Fisober  

Liga Provincial, xornada 19

  • Resultado: A. D. Atletes, FSF: - Cruces FSF (1-2).
  • A.D. Atletes FSF: Mariña (P); Cris; Sara; Marta; Bárbara (1); Alba Antía; Ana; Sandra.

Partido xogado no Pavillón de Esteiro, con boa entrada e tarde fría, na que o Atletes fixo un gran partido, sendo merecedor da vitoria, pero a verdadeira mala sorte impideu que as de Esteiro conseguiran os tres puntos en xogo. Empezaron as de Esteiro dominando totalmente as de Cruces, disfrutando de claras ocasións de gol que no entraron na portería das de Cruces por verdadeira mala sorte para as do Atletes. Nesta primeira parte as esteiranas foron as dominadoras do xogo. A pesar de que ós doce minutos as de Esteiro empezaron a mover o banquillo, non por eso se resintiron no xogo desenvolto. Seguiron dominando o partido, chegando o término da primeira parte con empate a cero no marcador. En esta primeira parte destacou moi por encima, Antía, que estuvo intratable levando perigo a porta das de Cruces.

Na segunda metade seguiron dominando as de Esteiro, e no minuto once, Bárbara, por fin, logrou o primerio tanto da tarde a favor das esteiranas. Este gol estimulou ás de Cruces, que non apenas 2 minutos despois xa empataban o partido, por medio de Tania. A partir de aquí as de Cruces logran equilibrar o xogo, mostrando mellor condición física. Deixouse notar nas de Esteiro, un certo cansancio, debido a falta de entrenamento dende fai dos meses, sen que huberan entrenado una semana completa. Ben por exames ou por obrigas persoais, as de Esteiro baixaron na súa condición física, easpecto este que era a súa maior vantaxe. Lograron inmediatamente as de Cruces marcar o seu segundo tanto por mediación de Clara.
Porén, as de Esteiro, a partir do 1-2, disfrutaron de catro ocasións que aínda non se pode explicar como non entrou a pelota, xa que chegaban soas sin oposición a porta das de Cruces. Bárbara por tres veces, Sandra unha, e Alba outra que non entraron por verdadeiro miragre.
Destacou en este partido, Antía, que o final do partido sufreu un certo cansancio, que non desdibuxa en nada a súa boa actuación.

 

Liga Provincial, xornada 19

  • Resultado: Concello de Ponteceso FSF - Troula Betanzos (3-3).
  • A.D.VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Carmen, Carla, Chus e Cintia - tamén xogaron - Martina, Ana, Noa, Elsa e Zeltia.

Comezaba o partido coas pontecesanas intentando dominar e levando o peso do encontro, mentras as visitantes esperaban atrás. Durante os primeiros 10min o xogo sería intenso por parte de ambos conxuntos, pero tendo poucas ocasións manifestas de gol. Chus probaba de lonxe para as pondalianas e de igual xeito probaban as de Betanzos. No minuto 14 adiantaríase no marcador o Troula tras un erro das pontecesanas nas marcas, que deixaban rematar soa á xogadora betanceira. Seguíano intentando as locais con tiros dende a frontal e a 2 minutos do descanso, conseguían o 1-1 tras un erro da porteira visitante, á que se lle escapa o balón das mans entrando na súa portería tras unha presión de Carmen. Antes de ir cara os vestiarios contarían cunha boa ocasión as do Troula, pero Carla sacaba o balón baixo paus, co que remataría a primeira metade con táboas no luminoso.

No segundo período sairían ambos equipos presionando arriba, pero o Ponteceso xogando con calma e tocando o balón conseguiría darlle a volta ó marcador cun gol de Cintia nun man a man tras un pase de Martina. Pero non tardarían en volver poñer o empate as de Betanzos finalizando cun tiro dende a frontal unha contra tras un roubo de balón no medio campo. Nos seguintes minutos o partido sería de idas e voltas, con ambos equipos chegando á meta rival, e co Troula fallando un par de ocasións claras. Pero non tardarían en conseguir o terceiro, cun tiro de María que remataba dende a frontal un balón rechazado por Elsa. Non deixarían de intentalo as xogadoras de Curro, que seguían presionando arriba e roubándolle balóns ás rivais no seu campo. Tras unha boa xogada combinada, Elsa remataba no segundo pau e facía o terceiro.
Dispoñería dun córner o Ponteceso nos últimos segundos no que Ana mandaba o balón ó segundo pau, pero non o aproveitaban e o balón paseábase pola área sen que ninguén chegase ó remate, rematando así o encontro co empate a 3 no luminoso. .

 

Liga Provincial, xornada 19

  • Resultado: Concello de Carnota Lira - Grupo Work F.S.F. (0-1)

Partido apretado o que se deixaron as Roxiñas no Pavillón de Lamas do Castelo ante o segundo clasificado.

 

Liga Provincial, xornada 19

Chicas do Vila de Cee FSF en Pontedeume Chicas do Vila de Cee FSF en Pontedeume
  • Resultado: Provincial Feminino FS Pontedeume - FSF Villa de Cee (1-9).
  • FSF Villa de Cee: Carla, Alba, Adriana, Marta e Maria de Dumbría. Participando tamén: María Lijó, Paula Trinidad, Serena e Lucia.

Tocoulles madrugar o Domingo as Ceenses e viaxar a Pontedeume a fin de xogar a 19 xornada da Liga. Partido celebrado ás 11 da mañá no Pavillón municipal de Pontedeume, e menos mal que foi fácil para as ceenses, ante un equipo noble que está pagando moi caro o seu debut na provincial cun equipo moi novo e falto de experiencia o cal tan so necesita tempo para seguir crecendo e mellorando.
Dende o primeiro minuto quedou patente a diferenza de ambos equipos na táboa de clasificación. As rapazas de Juan Jesús presionaban arriba o rival, e aos poucos minutos xa habían marcado o 0-2. O rival defendíase coma podía e en toda a primeira parte tan so tivo unha ocasión a cal converteron en gol rematando a primeira parte cun 1-5. Xa na segunda parte repítese o guión, dominio total das ceenses ante un rival que estivo sempre desbordado e tan so defendíase coma podía.
Por parte das ceenses as estrelas son para as pequenas do equipo: 3* Paula Trinidad, cadete de 1º ano , 2* Lucía, a infantil do equipo que estivo fantástica, 1* María Lijó.
A vindeira sema tócalle recibir na casa o Ártabras Fene, 6º Clasificado e un dos equipos que mellor xogan da liga, partido dificil e complicado neste tramo final da liga.

 

Liga Provincial Masculino, xornada 14

Chicos do Vila de Cee FSF 1 Chicos do Vila de Cee FSF
  • Resultado: Provincial Masculino FS Pontedeume – FSF Villa de Cee (2-5).
  • FSF Villa de Cee: Rafa, Pablo, José Antonio, Marroco e Aitor. Participando tamén: Carlos, Hidalgo, Estrella, Purti e Mario.
Igual cas rapazas viaxaron tamén o Masculino a Pontedeume, as 12.30 da maña ante un pavillón repleto de públio. Comezaron moi ben os ceenses, e con moita fortuna, pois terminaron a primeira parte cun 0-3 o seu favor goles de Marroco, José Antonio e Carlos, pero resultado algo enganoso, pois moito mérito de Rafa na portería que estivo impresionante baixo os paus. Xa na 2ª parte os de Pontedeume saíron enchufados e en menos dun minuto puxeron 2 goles e con un 2-3 entraron de novo no partido. Tiveron que tirar de oficio, gañas e carácter os Ceenses , e faltando 5 minutos José Antonio consegue marcar o 2-4 e xa no último minuto remata a faena Aitor co definitivo 2-5.
As estrelas son 3* Rafa, impresionante na portería, 2* Jose Antonio, tirou do carro en todo momento e ademais dous goles, 1* Aitor sempre aparece cando se necesita.

Chicos do Vila de Cee FSF 2 Chicos do Vila de Cee FSF  

Máis información

Crónicas da temporada

Outras novas do FSF

Fonte

Comentarios