FSF: O Fisober deixa escapar o ascenso mentres o Vila de Cee prepara a Festa do FS
Dous derrotas consecutivas colleitou o Fisober en abril deixando escapar así aos equipos de arriba. Esperan as de Fran Toba a chegada a vindeira semana do Bembrive vigués, outro dos cocos da categoría.
Mentres, a atención estaba en Cee, onde as bravas campionas da Liga Provincial celebraban o título na casa ante un cento de afeccionados, aos que lle brindaron ademais unha fermosa vitoria.
A Festa do Fútbol Sala
E xa pensa o FSF costeiro na festa do Fútbol Sala deste vindeiro sábado 16 de abril, organizada pola ACD San Cristóbal. Dende as 16:00h haberá bos partidos, comezando polos mozos do Vila de Cee contra o Pulpo Móbil. De seguido o Fisober tamén se traslada ao pavillón ceense para xogar co Bembibre. E a partir das 20:00h, as finais do Playoff da Liga Costa da Morte, entre o campión de liga, o Máis Deporte-Bar Xardín, e o gañador do EstrellaRoja-Clinica Sar.
Ao remate, entrega de premios, churrascada e troula.
Liga Autonómica, xornada 26
Paula Fandiño co Fisober- Resultado: Ribadeo FS - Fisober FSF (5-1)
- FISOBER: Leti, Ana, Noe, Paula Fandiño, Tamara; tamén xogaron: Ale, Andrea Piroja, Nuriña, Myrella.
- Goles: 1-0 Elvira, 2-0 Sabela, 3-0 Elvira, (descanso), 4-0 Andrea López, 5-0 Elvira, 5-1 Noe.
O Ribadeo foi mellor que o Fisober e levou a vitoria con todo merecemento nun partido no que a mellor nova para as costeiras foi a volta as pistas de Myrella máis de un ano despois da súa grave lesión. Non arrincaron mal as costeiras , xa que nos primeiros minutos tiveron un bo tiro por mediación de Noe.
Pero o momento chave do partido quizais foi ós seis minutos cando un tiro de Ana foise o pau e paseouse pola liña sen querer entrar e na contra a local Elvira acadaba o un a cero para o Ribadeo. Dende ese momento o dominio local foi patente e as visitantes non foron quen de atallalo.
Máis aínda cando Sabela facía o segundo para o Ribadeo os dez minutos. Ademais solo un minuto despois o Fisober cometía a quinta falta complicándolle aínda máis o partido. Chegaban as ocasións locais e o Fisober atopábase moi incómodo na pista. A seis para o fin Elvira aproveitaba un dobre penalti para facer o contundente tres a cero. Apenas chegaban as visitantes a ocasión máis clara foi un libre indirecto no borde do área que non aproveitou Paula Fandiño.
Ó inicio da segunda metade o Fisober decidiu cambiar o ritmo do partido, adiantando a Leti para o xogo de cinco con posesión de balón. Polo menos desfixéronse do dominio local, pero non acadaban moita profundidade e nas perdas corrían moitos riscos. Aínda así foron pasando os minutos sen que o electrónico se movera. Ata que os oito minutos desta segunda metade Andrea López facía o cuarto e solo un minuto despois Elvira facía o quinto. As costeiras con ese resultado desistiron xa do xogo de cinco. A seis para o fin Noe facía o cinco a un que resultou xa definitivo. De aquí o fin pouco máis que reseñar.
Liga Provincial, xornada 24
- Resultado: Villa de Cee - Santiago Futsal A Gaiola (4-3)
- FSF Villa de Cee: Carla, Adriana, Alba, Andrea e María de Dumbría. Participando tamén Tatiana, Vanesa, Paula Trinidad , Serena, Marta, Lucía e María Lijo.
Uns 100 seguidores arrouparon ás xa campionas da categoría. Comezaron moi ben as Ceenses, dominando o xogo e tendo a maior posesión da pelota, o rival defendíase ben e intentaba saír a contra. Disfrutaron de varias ocasións para marcar as Ceenses, pero nun despiste en defensa do equipo local consegue A Gaiola marcar o primeiro gol. As rapazas de Juan Jesus continuaron a facer o seu xogo e nunha bonita xogada Tati consegue marcar e igualar o marcador, índose o descanso co empate 1-1.
Xa na segunda parte as Ceenses fóronse a polo partido e dominaban totalmente o rival conseguindo marcar Tati de novo o 2-1, posteriormente Alba pon o 3-1. As Ceenses continuaban a dominar descoidándose algo en defensa o que facía que o rival mostrábase perigoso a contra, aínda así María Lijó consegue marcar o 4-1 a pase de Tati. Xa cara o final dúas contras do Santiago Futsal conseguen marcar e deixar un marcador definitivo 4-3.
O reparto de estrelas tócalle 3* para Tati, todo un espectáculo no xogo , 2* María Lijó fantástico partido e aportando un bonito gol, 1* Alba perfecta en defensa e ademais aportando un golazo.
A videira xornada toca descansar as Ceenses, quedándolles tan so o último partido dentro de dúas semanas ante o Troula de Betanzos.
Liga Provincial, xornada 24
- Resultado: Cruces FS - Concello Carnota Lira (4-2)
Partido bastante disputado o celebrado no pabellón de Vila de Cruces. A primeira parte foi moi entretida, con tiros dende lonxe por parte das xogadoras do cruces. As Roxiñas dedicaronse a mover a pelota e facer chegadas combinando de maneira bastante precisa. O primeiro gol foi das de Cruces. O empate foi obra de Martina que a pase de Ines finiquita unha xogada na que interveñen todas as xogadoras roxiñas en pista. A destacar na primeira parte unha ocasion de Maria e outra de Cris e duas contras sen finalizar. A segunda mais do mesmo, xogo elaborado por parte das visitantes e busqueda de tiros lonxanos por parte das locais.
Adiantábanse as de Cruces nun saque de banda e posteriormente unha falta cun rechace. O 3-2 foi un penalti a Cris q ela mesmo transformou. O 4-2 final foi a un minuto do final. Gran traballo das Roxiñas que con baixas dou a cara todo o encontro tratando de xogar a pelota en todo momento.
Liga Provincial, xornada 24
- Resultado: Atletes - Ártabras Fene (2-4).
- A.D. Atletes FSF: Mariña (P); Sara; Marta; Bárbara; Alba (1); Antía; Ana; Sandra (1).
2ª Nacional, xornada 22
- Resultado: Chiloeches - Viaxes Amarelle FSF (1-5)
- Viaxes Amarelle FSF: Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Patri, Lago, Dolo, Sheila (cinco inicial), Laura Tesouro, María Gómez, Xiana, Uxía, Luz (portera suplente).
- Goles: 0-1 Lago (min. 5); 0-2 Lago (min. 19); 1-2 Virginia (min. 25); 1-3 Laura Tesouro (min. 31); 1-4 Carmen (min. 34); 1-5 Xiana (min. 40).
3 puntos importantes para que as herculinas de Patri, sigan afrontando con garantías este tramo final de competición onde está en xogo un posto nos play-off de ascenso, e as herculinas continúan coas súas opcións intactas.
Toca seguir traballando durante a semana para o próximo fin de semana recibir en casa a un rival directo. O próximo partido que terá que afrontar o Viaxes Amarelle FSF será o vindeiro sábado 16 de abril de 2015 no Municipal de Sagrada Familia (A Coruña) contra o AD Alcorcón FSF B a partir das 20:00 horas.
Máis información
- Resultados da Liga Galega Feminina.
- Clasificación da Liga Galega Feminina.
- Resultados da Liga Provincial Feminina.
- Clasificación Liga Provincial Feminina.
- Resultados da Liga Provincial Masculina.
- Clasificación da Liga Provincial Masculina.
Crónicas da temporada
- As bravas Vila de Cee, campionas da Liga Provincial no seu terceiro ano de vida.
- Continúa a loita.
- Dous ascensos no forno.
- Con Pioto e a afección polo ascenso.
- Mantendo o pulso na zona alta.
- Derrotas antes do gran derbi.
- Grandes tardes de fútbol sala.
- FSF: Un xaneiro fetén.
- FSF: Vila de Cee e Ponteceso ao mando.
- A Festa do FSF: “Unha doce resaca”.
- Corme vibrou coa I Copa da Costa, a festa do FSF.
- FSF: Campionato de inverno e vitoria épica para rematar o ano:
- Atletes, Fisober, Ponteceso e Vila de Cee pelexarán pola I Copa da Costa FSF.
- FSF: A mozas do Vila de Cee xa celebran o título invernal.
- FSF: As Atletes xa saben gañar.
- FSF: Unha xornada de paella colectiva.
- FSF: O Villa de Cee escapa tralo derbi.
- FSF: Só o Vila de Cee responde e mantén o liderado.
- .
- FSF: Cee disfruta do Fútbol Sala.
- O Vila de Cee aséntase no liderato a costa do Ponteceso FSF.
- FSF: Cee volveu vibrar coa familia do fútbol sala ao completo.
- Líderes costeiras.
- FSF: Os mozos de Cee comezan gañando.
- O FSF xa arrincou ao completo.
- FSF: O Fisober gaña por fin na casa tras dous anos de maldición.
- FSF: O Fisober arrincou na Liga Galega mentres Ponteceso, Atletes, Lira e Vila de Cee póñense a punto.
- A Xente do San Cristobal asume o mando da Liga de FS de Cee.
- 74 mozos e mozas participan no I Campus Vila de Cee FSF.
- FSF: O Fútbol Sala costeiro volve ter equipo masculino.
Outras novas do FSF
- A muxiá Eva, campiona da Supercopa de España de FSF.
- Patri fixo de verguda do Fisober na final da Copa Deputación.
- FSF: O Fisober di adeus á categoría estatal a pesar da gran Marea Nejra.
- O Ponteceso FSF pecha unha grandísima temporada co subcampionato da Copa Provincial.
- 74 mozos e mozas participan no I Campus Vila de Cee FSF.
- FSF: O Ponteceso xa é novo equipo da Liga Autonómica.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).