sábado. 09.11.2024
El tiempo

FSF: Os bravos do Villa de Cee e as pondalianas do FSF Ponteceso, campi@ns copeir@s

FSF: Os bravos do Villa de Cee e as pondalianas do FSF Ponteceso, campi@ns copeir@s
O Concello de Ponteceso FSF campionas da Copa Provincial 2 O Concello de Ponteceso FSF, campioas da Copa Provincial

Espectacular fin de semana para o fútbol sala costeiro con doble triunfo nas competicións copeiras. O FSF Villa de Cee masculino fixo boa a renda de 5-1 da ida ante o Gondomar, conseguiu sobrepoñerse nun final de infarto, e volveu a casa coa Copa Autonómica. Enorme mérito dos ceeses que se convirten en xustos merecedores deste novo título para o Futsal da Costa da Morte, completando unha temporada histórica, a súa primeira temporada en categoría autonómica.

A alegría chegou tamén dende Ponteceso, onde as de Pondal superaban ao Ventorrillo por 3-1 e acadaban o título da Copa Provincial.

 

Final da Copa Autonómica, volta

  • Resultado: Cereixa Gondomar F.S. - FSF Villa de Cee (6-3).
Villa de Cee campion da Copa Autonomica

Non foi doado o choque de volta para os ceeses a pesar do 5-1 da ida. Comezou ben o Villa os primeiros 5 minutos, pero nun erro defensivo adiantáronse os locais. Ese gol fíxolle moito dano ós de Llopis, que viron como en 5 min o resultado era de 3-0. Tiveron Aitor e Mario a oportunidade de recurtar distancias pero os seus disparos fóronse por pouco. Sería Santi, quen recortaría o marcador nos últimos minutos antes do descanso. Un tanto que valía o seu peso en ouro.

Na segunda metade o Villa de Cee fíxose co control do xogo, pero nun rexeite anotaban os locais o 4-1. Esto daríalle ás á o público e xogadores locais. Lesionábanse Perce e Mario (que estaba a facer un enorme encontro), e só lle quedaba un troco de pista ós costeiros. Tarefa moi, moi complicada, porque restaban 11 minutos de encontro. E iso en futsal é unha eternidade.

Aguantaban as embestidas do Gondomar como podían, pero a falla de 3 minutos encaixaban o 5-1, e un minuto despois o 6-1. Os nervos estaban a xogar unha mala pasada os homes de Llopis, que faltando 2 minutos tiñan a Copa perdida.

Pero si este equipo se caracteriza por algo é por ter «un par deles». Sacaron o xogo de 5, e nunha combinación de Pose, Juanjo e Marroco, anotarían o 6-2, resultado que os colocaba de novo vencedores. Con aínda 2 minutos por diante tocaba apretar os dentes, defender e dalo todo, e mesmo Santi volvía anotar e facer o 6-3 definitivo sobre a pitido final, para seguir facendo historia no futsal da Costa da Morte.

 

Final da Copa Provincial

  • Resultado: Concello de Ponteceso FSF - Ventorrillo Bodega O Rincón (3-1).
  • A.D. VILA DE PONDAL – CONCELLO DE PONTECESO FSF: Uxía, Aniña, Martina, María e Verónica – tamén xogaron – Carmen, Sandra, Nuria e Alba.
  • Goles: Martina, Nuria, Aniña para as pondalianas; Mery para as visitantes.
O Concello de Ponteceso FSF campionas da Copa Provincial

Gran peche de temporada para o Concello de Ponteceso alzánse na casa coa Copa Provincial Feminina. Foi unha final moi disputada, con dous equipos moi dubitativos e cos nervios típicos da final. Levou o control do partido o Ventorrillo nos 10 primeiros minutos, pero serían as pondalianas as que golpearían primeiro, rematando Martina no segundo pau tras un rexeite a un tiro de Verónica. Tralo gol parecía vir a calma e as pontecesanas comezaban a xerar máis ocasións de perigo. Chegaría así o segundo gol, tanto que marcaba Nuria collendo tamén o rexeite da porteira a un tiro dr Carmen tras xogada individual. Intentaríano as visitantes con tiros lonxanos, pero todos eles eran despexados pola porteira pontecesana, co que chegaría o descanso co 2-0 no marcador.

Na segunda metade sairían a por todas as coruñesas, conseguindo xa recortar distancias no minuto 3 cun tanto de estratexia, pero non se virían abaixo as xogadoras de Curro, que seguían serias en defensa e facendo o seu xogo. Dispoñia de varias ocasións o Ventorrillo para igualar o marcador, pero Uxía e a defensa pondaliana conseguían evitar o tanto rival. Si ampliaria vantaxe o Concello de Ponteceso, tras unha moi boa xogada de Aniña que ela mesma se encargaba de finalizar cun tiro cruzado. Nos últimos minutos seguiríano intentado as herculinas, pero non habería cambios no resultado, sendo as pontecesanas as campioas da Copa Provincial Feminina.

 

Crónicas da tempada

Fonte

Comentarios