![O FIsober na Estrada]()
O Fisober caeu na Estrada
Repasamos a última xornada do 2015 no Fútbol Sala Feminino, pero tamén nos chega a nova da posta en marcha da I Copa da Costa FSF en marcha.
A Asociación Deportiva Vidú e o diario dixital Adiante Galicia, baixo a tutela da Federación Galega de Fútbol Sala e coa colaboración do Concello de Ponteceso, organizan este evento. O vindeiro domingo 17 de xaneiro de 2016, Corme convertirase na gran festa do fútbol sala feminino da Costa da Morte.
Durante ese día haberá ración dobre do mellor fútbol sala feminino da Costa da Morte no pavillón de Corme. Na xornada matutina disputaranse as dúas semifinais, mentres que pola tarde, a vila do Roncudo decidirá quen é o campión da I Copa da Costa de fútbol sala feminino.
Os equipos participantes na primeira edición de dita competición son o Fisober FSF de Vimianzo, o AD Atletes de Esteiro, o Concello de Ponteceso FSF e o FSF Villa de Cee. Os grandes ausentes desta I Copa da Costa de fútbol sala feminino son os conxuntos da Sociedade Deportiva A Baña e do Concello de Carnota Lira, os cales non poderán asistir por falta de efectivos para esa data.
Este martes coñeceremos os emparellamentos. E mentres, imos repasando eses últimos choques das ligas regulares, entre os que destaca o empate no derbi entre as Atletes de Esteiro e as Roxiñas de Lira. Todo nunha xornada da que descansaban as líderes da Liga Provincial, as do Vila de Cee, que sacan 8 puntos ao Troula Betanzos, e 9 ao Ponteceso FSF.
Liga Provincial Autonómica, xornada 14
![Tamy e Leti co Fisober na Estrada]()
Tamy e Leti co Fisober na Estrada
- Resultado: A Estrada Futsal - Fisober FSF (3-2)
- FISOBER: Leti, Inés, Ana, Paula Fandiño, Tamara; tamén xogaron: Nuriña, Mai, Noe, Andrea Muíño.
- Goles: 1-0 Luz Bugallo, 1-1 Noe, 2-1 Eva, 2-2 Mai, (descanso) , 3-2 Magalí.
O Fisober despediu o ano 2015 con derrota a domicilio. Non puideron comezar peor as cousas para as costeiras xa que despois de un minuto e medio adiantábanse as locais. Tentaron desperezarse as visitantes e os catro minutos Ana enviaba o trabe e pouco despois era Noe a que tiña outra boa ocasión.
Respondían as locais facendo intervir a Leti. E non paraban as visitantes con ocasións para Paula Fandiño e Andrea Muíño que precederon o gol de Noe para igualar o partido os once minutos.
Pero pouco lle durou a ledicia o Fisober xa que solo un minuto despois volvían a poñerse por diante as locais.
A tres minutos para chegar o tempo de lecer era Mai a que volvía a igualar o partido poñendo o dous a dous co que ambos equipos se foron os vestiarios.
O comezo da segunda metade tivo que aparecer a porteira visitante Leti para manter o resultado igualado ante as ocasións das xogadoras de A Estrada Futsal . Ata que os sete minutos de novo as locais se poñían en vantaxe no electrónico. As locais seguiron buscando aumentar diferenzas.
Mediada esta segunda metade Andrea Muíño, Noe ou Inés tiveron oportunidades para a igualada.
A falta de tres minutos o Fisober decidiu arriscar co xogo de 5 , acadando que Inés e Ana tiveran a súa oportunidade antes do fin, pero non podendo lograr a igualada.
Rematan o ano as de Fran no medio da táboa, con 20 puntos, a 10 do liderado.
Liga Provincial feminina, xornada 12
![Atletes Esteiro e Roxinas de Lira no derbi do FSF]()
Atletes Esteiro e Roxiñas de Lira no derbi do FSF
- Resultado: A. D. Atletes FSF - Concello Carnota Lira (3-3).
- A.D. Atletes FSF: Mariña (p); Cris; Sara; Bárbara (2); Alba; Antía; Ana.
- Roxiñas de Lira: Lía (p); María Tobío; Uxía; Alba (2); Martina; Inés (1-pp); Araceli; Laura (1); María Caamaño.
- Goles: 1-0, m.10: en propia meta; 2-0, m.16: Bárbara; 2-1, m.18: Laura; 3-1, m.27: Bárbara; 3-2, m.30: Alba; 3-3, m.37: Alba de penalti.
Partido de rivalidade celebrado no Pavillón Municipal de Esteiro (Muros), as 12:00 horas de unha boa mañá. A causa de que varias xogadoras do Lira son de Esteiro, incluído que, dúas de estas xogadoras que militan en ámbolos dos conxuntos, son irmás (Lía, no Lira; Alba, no Atletes), supuxo que o partido estivera cargado de unha intensa emoción que, porén, produceuse todo él, dentro dunha excelente deportividade e magnífica corrección.
O Atletes comenzou o partido exercendo una presión constante sobre as de Lira, que impediu que estas puideran desplegar o xogo que desexaran para chegar con perigo á portería das de Esteiro. Froito desta presión, no ecuador desta primeira parte, o Atletes consegue o seu primeiro gol. Este gol foi apuntado a xogadora do Lira, Inés, xa que ésta xogadora introduceu o balón na súa propia portería. O Atletes volcado sobre a portería do Lira, ve desbaratados todos os seus intentos a causa das intervencións de Lía, porteira do Lira, imbatible para as de Esteiro.
Oito minutos máis tarde, froito da presión asfixiante que practicaba o Atletes, chega o segundo gol das de Esteiro, marcado pola ala-pivot esteirana, Bárbara.
A falta de dous minutos para o descanso, nun saque de esquina botado polas de Lira, é, en un despiste da defensa do Atletes, consigue o primerio gol o equipo de Lira. Gol marcado por mediación de Laura, totalmente soa ante a portería do Atletes. Termina a primeira parte co resultado de 2 a 1 a favor das de Esteiro, co partido totalmente aberto cara a segunda metade.
Comenza a segunda parte co dominio do Lira, que se volca na portería das de Esteiro, sin que estas, a pesar da súa presión sobre as de Lira, consigan evitar o dominio que están exercendo as de Carnota. O Atletes, con insistencia, mediante unha boa presión sobre as de Lira, empeza a conseguir exercer un dominio axfisiante sobre o Lira. Produto de este dominio, consigue o seu terceiro gol, outra vez por mediación de Bárbara.
Volve o Lira a volcarse sobre a portería das de Esteiro, e faltando tres minutos para o final do partido, nunha xogada sin aparente perigo, a capitana do Atletes, Cris, presionada polos nervios, colle incomprensiblemente o balón cas mans dentro da área. Expulsión, penalti; é empate, de novo, polo Lira, a través de Alba, xogadora destacada do Lira en este partido.
Beste partido, sin ninguna dúbida, houbo
unha xogadora destacada por encima de todas: LÍA, porteira do Lira. Boa colocación, excelentes reflexos; bo oficio, etc. Sen dubidalo, xogadora que, sin discusión ten una categoría de Segunda División. Non esaxeramos absolutamente nada con esta afirmación; aí queda. Por parte do Atletes, destacaríamos a Cris, Bárbara e Antía; estas dúas, estiveron a gran altura en este partido.
En resumen, bo e intenso partido, que supoñemos deixaría satisfeitos os dous equipos, polo que o resultado foi totalmente xusto. O público que acudeu o pavillón saleu satisfeito, considerando que estes partidos fan afición en ámbolos dous concellos.
Liga Provincial feminina, xornada 12
- Resultado: Ponteceso FSF - Pontedeume Valdetires (18-1).
- A.D. VILA DE PONDAL- CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Ana, Carla, Carmen e Zeltia - tamén xogaron –Martina, Noa, Elsa, Chus, Cintia e Isabel.
- Goles: Zeltia (7), Martina (3), Noa (3), Carmen (2), Elsa (2), Cintia.
Lucía.
Pouco que contar do choque entre as pontecesás e o pechacancelas. Unha vitoria que deixa ás de Barca 3ª, a 9 puntos do liderado pero cun partido menos.
Saíron as visitantes presionando arriba e sorprendendo ás pontecesanas, que intentaban saír co balón xogado dende atrás e xerando xogadas de ataque. Pronto chegaría a primeira casión do encontro para as locais, pero o disparo de Zeltia sería rexeitado pola defensa. Na seguinte xogada chegaría o primeiro tanto da tarde, cando nun malentendido entre Carla e Salomé, Lucía aproveitaba a ocasión e poñía o 0-1 no luminoso no minuto 2 de partido. Co marcador en contra comezaría a ter o control do balón as pondalianas, chegando con continuidade á portería rival. Nunha boa chegada, Zeltia remataba no segundo pau tras un pase de Carla e poñía o empate no luminoso. A partir de aí o partido foi totalmente do equipo pontecesán, cun Pontedeume que apenas conseguía tocar o balón. Zeltia facía o segundo para o Ponteceso cun tiro sen ángulo que toca no longueiro e entra. Xa co resultado a favor non se relaxarían as xogadoras de Curro e Barca, que chegarían unha vez máis con efectividade e Martina facía o terceiro. Os últimos 10 min da primeira metade foron de gol tras gol. Elsa faría o cuarto e o quinto, Cintia o sexto, Carmen e Noa por dúas veces poñían o 10-1 no marcador e Zeltia, facía o gol número 11 para as pontecesanas, resultado co que se chegaría ó descanso.
No segundo período saíron con menos intensidade en defensa as pondalianas, pero en ataque saíalles todo. Ós dous minutos da reanudación, Martina facía o 12 tras asistencia de Chus. Noa facía o terceiro na súa conta dous minutos despois. Zeltia faría os 4 seguintes, sumando ata 7 na súa conta particular e Martina, tras un roubo de balón no seu campo, seguido de xogada individual, poñía o 18 e último tanto no marcador.
Resultado moi avultado a favor do Concello de Ponteceso FSF que viu como as cousas lle saían ben de cara á portería contraria. Pero o importante do encontro son as boas sensacións do equipo e os 3 puntos conseguidos, cos que suma xa 22 colocándose na terceira posición e cun partido menos. O Pontedeume, pola súa parte, segue cerrando a táboa clasificatoria, pero pese ó avultado do resultado, ve como van mellorando cada xornada, plantándolle cara tamén ós de arriba, neste partido incluso adiantándose no marcador, e seguro que co tempo o traballo realizado dará os seus froitos.
Segunda División Femenina - Grupo IV. Xornada 12
- Resultado: VP Soto del Real - Viaxes Amarelle FSF (3-3).
- Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Patri, María Gómez, Lago, Dolo (cinco inicial), María Romero, Laura Tesouro, Sheila, Xiana, Ana.
- Goles: 0-1 Laura Tesouro (min. 5); 0-2 Lago (min. 18); 1-2 Laura (min. 28); 2-2 Chili (min. 29); 2-3 Lago (min. 35); 3-3 Laura (min. 33).
O Viaxes Amarelle FSF cedeu o empate a falta dun minuto, debido en gran parte ao cansazo acumulado durante o encontro, no que as herculinas realizaron unha gran primeira parte chegando ao descanso cun 0-2, pero as locais creceron en ataque na segunda parte e acabaron empatando o encontro 3-3 cun gol a falta dun minuto do VP Soto do Real.
O Amarelle, eliminado da Copa Xunta
A pasada tarde-noite de luns 21 de decembro de 2015, o Viaxes Amarelle FSF de Segunda División disputou contra o Ourense Envialia FSF de Primeira División, un partido correspondente á fase clasificatoria de Copa Xunta, onde o conxunto do Viaxes Amarelle FSF empato 0-0, pero non consegue o pase á seguinte fase polo maior gol-average do seu rival no outro partido da fase previa.
Máis información
Crónicas da temporada
Outras novas do FSF
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).