Domingo. 06.10.2024
El tiempo

FSF: Unha sabrosa Copa da Costa para pechar a temporada

FSF: Unha sabrosa Copa da Costa para pechar a temporada
Final da Copa da Costa de FSF 2017 en Malpica Foto de familia da Final da Copa da Costa de FSF 2017 en Malpica-Foto-David Castro

Fermoso fin de temporada o que viviu o Fútbol Sala Costeiro en Malpica. Este pasado sábado o pavillón malpicán acollía a segunda edición deste torneo organizado pola AD Vidú, e apoiado polo concell malpicán e a Federación Galega de Fútbol Sala. Unha fermosa festa que disfrutaron as familias do Fisober, Vila de Cee e Atletes unha vez que o Ponteceso FSF e A Baña non puideron xogar por estar curtas de efectivos.

Finalmente o Fisober volveu a facerse coa Copa da Costa de fútbol sala feminino por segundo ano consecutivo, aínda que sufriu para conseguilo sobre todo ante un Villa de Cee que dou o mellor de sí e que tivo ocasións para que o trofeo se fose para a vila da Xunqueira.

Nos dous primeiros partidos da mañá, Villa de Cee e Fisober cumprirían os pronósticos e superarían con certa contundencia a un Atletes que dou moi boa imaxe e que incluso tivo ocasións en ambos encontros para meterse de cheo na loita polos tres puntos pero o final, os seus rivais fixeron notar a diferencia de categorías e acabarían goleando ás esteiranas.

A final foi moi intensa, rematando cun apretado 2-1. Comezaría marcando o Fisober, pero o gol ao comezo do segundo tempo do Villa de Cee deixou a incertidume ata o último segundo, tesmo unha gran ocasión para empatar a só 3 minutos do final.

Fisober Final da Copa da Costa de FSF 2017 en Malpica O Fisober repetiu título da Copa da Costa de FSF

Estas foron as fichas técnicas dos partidos:

FSF Villa de Cee - AD Atletes (9-0)

  • FSF Villa de Cee: Adriana, Goretti, Alba Trillo, María Lijó e Tatiana (cinco inicial). Tamén xogaron: Nerea, Serena, Andrea e Alejandra.
  • AD Atletes: Cris, Ana, Antía, Ainhoa e Julia (cinco inicial). Tamén xogaron: Alba e Sara.
  • Goles: 1-0 m.2: Goretti; 2-0 m.6: Tatiana; 3-0 m.9: Andrea; 4-0 m.10: Cris en propia porta; 5-0 m.13: Andrea; 6-0 m.20: Goretti; 7-0 m.26: Goretti; 8-0 m.30: Alba Trillo; 9-0 m.31: Nerea.
  • Árbitros: Rubén García Montoiro (pista) e Gustavo López Míguez (crono).
 

Fisober FSF - AD Atletes (12-0)

  • Fisober FSF: Lía, Ana, Paula, Noelia e Bárbara (cinco inicial). Tamén xogaron: Myre, Laura, Inés e Mai.
  • AD Atletes: Julia, Ana, Antía, Cris e Alba (cinco inicial). Tamén xogaron: Ainhoa e Sara.
  • Goles: 1-0 m.1: Paula; 2-0 m.7: Paula; 3-0 m.16: Noe; 4-0 m.19: Noe; 5-0 m.26: Laura; 6-0 m.26: Bárbara; 7-0 m.27: Inés: 8-0 m.28: Bárbara; 9-0 m.30: Bárbara; 10-0 m.32: Bárbara; 11-0 m.34: Ana; 12-0 m.38: Myre.
  • Árbitros: Gustavo López Míguez (pista) e Rubén García Montoiro (crono).
 

Fisober FSF - FSF Villa de Cee (2-1)

  • Fisober FSF: Lía, Ana, Paula, Noelia e Bárbara (cinco inicial). Tamén xogaron: Laura, Inés e Mai.
  • FSF Villa de Cee: Adriana, Goretti, Tatiana, Andrea e María Lijó (cinco inicial). Tamén xogou: Alba Trillo.
  • Goles: 1-0 m.8: Noe; 2-0 m.18: Ana; 2-1 m.24: Goretti.
  • Árbitros: Rubén García Montoiro (pista) e Gustavo López Míguez (crono).
 

Novas relacionadas

Crónicas da tempada

Fonte

Comentarios