Sábado. 26.09.2020
El tiempo

Fútbol base: xa temos rivais nas fases de ascenso

Fútbol base: xa temos rivais nas fases de ascenso
Ven de celebrarse na tarde noite de onte o sorteo dos cadros das fases de ascenso a ligas galegas de xuvenís, cadetes e infantís. Os nosos equipos xa coñecen ós rivais que se van a cruzar no seu camiño. Tes toda a información sempre en www.copadacosta.com. Imos a realizar unha pequena análise de como está a cousa:

XUVENIL

CORME C.F. O Corme, campión da Liga da Costa xuvenil, venceu o sábado na previa coruñesa ó campión da Coruña, o Once Caballeros, en Xaviña, nun gran partido dos de Lelo. Agora están só a 1 partido da Liga Galega. O rival é o ATLETICO RIVEIRA, campión da zona de Santiago, e o encontro disputarase este sábado no campo da Gándara de Ferrol ás 19:00 horas. O Riveira é un potente equipo, que só perdeu dous partidos na liga, anotando unha media de case 4 goles por partido. Haberá que estar atentos a parar ese ataque. O Corme aínda ten unha bala na recámara. Se cae contra o Riveira, entra no cadro no que estará o Fisterra, e entón tería que pasar dúas eliminatorias para ascender. O rival sairía do encontro PORTO BURELA - XUVENTUDE OROSO. É curioso que o cadro dispuxo que Fisterra e Corme se poden atopar na final polo ascenso a partido único. Esperemos que non pase, que o Corme ascenda este sábado e que o Fisterra o faga máis adiante. S.D. FISTERRA fisterra xuvenil marzo18 Os de Pablo Lestón teñen tres eliminatorias que superar para o ascenso, todas elas a partido único. A primeira das mesmas será este sábado ás 5 da tarde no campo de O Pino, contra o PALAS C.F. 3º clasificado do grupo de Lugo. Foi afortunado o sorteo co Fisterra pois os equipos lucenses normalmente teñen menos nivel que os da provincia da Coruña. De pasar esa eliminatoria o Fisterra veríase as caras co vencedor do AS PONTES - IMPERATOR, unha eliminatoria realmente máis forte. Sorte ós fisterráns, que teñen un gran equipo, pero tamén unha apretada fin de semana con partidos de Copa da Costa senior e xuvenil e o transcendental encontro do senior ante o Bastavales o domingo.

CADETE

OUTES C.F. O campión costeiro, despois de caer sábado ante o Orillamar na previa coruñesa, entra no cadro xeral da fase de ascenso, tendo que disputar 3 eliminatorias para ascender. O rival que lle tocou foi o AMIO santiagués, 6º clasificado do grupo de Santiago que se meteu na fase por renuncia do Oroso. Un rival que en principio parece asequible, pero haberá que velo o sábado a partir das 12 da mañán no campo do Doce, en Esclavitud. De pasar esta eliminatoria enfrontaránse ó vencedor do CALASANZ B - ONCE CABALLEROS. E.D. OS MIUDOS: Os Miudos terán un duro rival fronte a eles, o ATLETICO CORUÑA B, antigo Montañeros, equipo de referencia no fútbol base coruñés, e que como sabemos, sempre utiliza as estrataxemas dos equipos da cidade, de facer ficha B a xogadores que están todo o ano en Liga Galega, para poder baixalos nestes partidos. Aínda así Os Miúdos teñen equipo suficiente para poder dar a campanada. O encontro será sábado as 12 da mañán no campo de Laíño en Dodro. De pasar, os de Muros atoparánse co vencedor da eliminatoria CONCELLO DE BOIRO - SAN TIRSO

INFANTIL

U.C.CEE: O Cee, campión infantil costeiro, caeu na fase previa coruñesa ante o Orillamar, e agora entra no cadro xeral co resto de equipos. Terá que pasar tres eliminatorias para ascender. Na primeira delas enfrontará o SPORTING CORUÑES, 6º clasificado do grupo da Coruña, ás 10:30 da mañán no campo da Ribela en Sarria. O horario e o lugar non é o mellor para os de Cee, que terán que saír case de madrugada para chegar ó partido. Se eliminan ó Sp. Coruñés, atoparánse co vencedor do E.F. LALIN - SP. CAMBRE.

comentarios