xoves. 14.11.2024
El tiempo

Fútbol, sol e churrasco

Fútbol, sol e churrasco
Torneo de Veteranos de Castriz-Campion O Santa Sabiña, foi o campión do Torneo de Veteranos de Castriz

Son días coma o pasado sábado os que reconcilian co fútbol. O campo de Castriz acollía un deses torneos de verán que fan familia, que unen, e que divirten. O fútbol fundiuse nun co fantástico, por momentos, abafante, sol, e co churrasco, para facer unha festa completa, e iso que case acaban ca auga do río Xallas de tanto beber…

Neste I Torneo de Veteranos de F7 levado a cabo pola SD Castriz, participaraon un total de 10 equipos da contorna: Dumbria, Negreira, Dubra, Sabaceda, Santa Sabiña, Cafeteria Arume (Coristanco), At. Milagrosa, Castriz, Padreiro & Cía.

Míticos do noso fútbol achegáronse a dar unhas patadas a Castriz, como Óscar Vidal do Negreira, Masito, Migueliño, Isidro, Moro de Mazaricos, ou o mesmo Víctor Espasandín, xalleiro de pro pola 2ª División estatal.
Ademais, o Dubra chegaba, entre outros con Inglés, Quinto, Loio, Urtubi, Jorge Baleato, Serra, Sarrote, etc… O Negreira con Suso de Lañas, Moreno, Quintans, Oscar Vidal, Vilela, etc… O Santa Sabiña co propio Victor Espasandín o xogador do Sabadel, ademais de Paco da Arrancadeira, David Varela Juanillo, Aran , Pose, etc. O Sabaceda con Ramón Mariño, Capelo, Manolito, Lema, …etce, O Cafeteria Arume con Chapas, Lorenzo, Toniño… O Padreiro & Cia cos Rubén, Sito, Migueliño, Chema, Moro, Esteban, Juanjo, Marcos, Cuns, Doro, Mata, Jose O Loio... O Nantón con Paco, Félix Castiñeiras, Juan, Sande, Rey, etc; o Dumbría con Antonio, Isidro, Fandiño, David, etc; o At. Milagrosa con Marcos, Miguel, Pichel, Pablo… e o propio Castriz formando con Pince, Dani Pazos, Manolo, Nakata, Guichiño, entre outros.

Finalmente os campións foron os veciños de Santa Sabiña, que venceron na final ao Dubra. O Negreira foi o 4º clasificado por diante do Padreiro & Cía.

Tamé se demostrou quen lle atina mellor desde o punto de penalti. Foi Carlos Francés o que demostrou esperarlle mellor no concurso de penaltis celebrado xa pola tarde.

Torneo de Veteranos de Castriz-Xantar 2 Torneo de Veteranos de Castriz-Xantar

E como non todo vai ser fútbol, ao medio día xuntáronse para comer arredor de 125 persoas, odonde os valentes membros da organización lle plantaron cara a temperatura do día para prender a brasa e facer o churrasco.

A xente marchou contenta pola organización, na que colaborou Automoviles Dimolk, que patrocinou a forza dos campións, e Feiraco, que aportou plátanos e iogures.

Torneo de Veteranos de Castriz-Dimolk Torneo de Veteranos de Castriz-Pescadores Torneo de Veteranos de Castriz-Negreira Torneo de Veteranos de Castriz-Mz Torneo de Veteranos de Castriz-Dumbria Torneo de Veteranos de Castriz-7 Torneo de Veteranos de Castriz-8 Torneo de Veteranos de Castriz-9 Torneo de Veteranos de Castriz-Castriz Torneo de Veteranos de Castriz-6 Torneo de Veteranos de Castriz-5 Torneo de Veteranos de Castriz-3 Torneo de Veteranos de Castriz-2

rónicas deste ano

Máis información en www.futboldacosta.com

Tempadas anteriores

 

Máisinformación

Fonte

Comentarios