Grandes estrelas mundiais do fútbol praia xogarán na praia do Osmo


Única e probablemente irrepetible a cita que se dará os vindeiros venres 18 e sábado 19 na praia do Osmo, en Corme (Ponteceso). Varios dos mellores xogadores do mundo de fútbol praia estarán na Costa da Morte disputando varios partidos de exhibición, que servirá para espallar este deporte en toda a península.
Unha visita que chega gracias Amarelle Sport Group, que uníu forzas coa Asociación Deportiva Vidú e o Concello de Ponteceso, e que conta coa colaboración coa Real Federación Galega de Fútbol.
Estarán en Corme o Sporting de Portugal, no que militan auténticos cracks e xogadores top desta modalidade como son os lusos Madjer, Belchior, Coimbra e Jordan, entre outros. E enfrontaránse ao Falfala israelí que adestra o pontecesán Ramiro Amarelle, un dos mellores xogadores da historia da modalidade, e no que militan auténticas estrelas do fútbol praia coma o suizo Noel Ott, o xaponés Ozu Moreira, o español Llorenç Gómez ou o brasileiro Bruno Xavier.


Gran Festa do Fútbol Praia
A organización espera que centos de persoas de toda a bisbarra se acheguen a Corme para ser parte desta gran festa do fútbol praia e para convertir o areal do Osmo nunha auténtica bombonera na que estes jugadores de talla mundial sintan na súa propia pel o gran ambiente futbolístico que vivimos semana tras semana nos nosos campos de fútbol.
Ademais, a fin de semana estará chega de espectáculo, de auténtica calidade e de sorpresas, nas que dende os máis mozos ata os máis maiores poderán vivir unha experiencia única e irrepetible. Iso si, as negociacións están provocando que ademais a bisbarra poida acoller, nun futuro, algunha outra actividade desta modalidade de gran importancia. Por agora toca disfrutar deste evento único.
Novas relacionadas
- Xullo 17: A II Copa da Costa de Fútbol Praia volven ir para Corme e Buño.
- I Copa da Costa de FP: Un espectáculo de fútbol praia ateiga o areal de Canido.
- I Copa da Costa de FP: Buño e Corme, campións da I Copa da Costa de Fútbol Praia.
- Ramiro Amarelle: A historia do Fútbol Praia naceu en Ponteceso.
Fonte
- AD Vidú da man de David Castro