Guía para gozar o XXIX Rali Ría de Noia
10:55 17/04/13
Xa chegou o Rali da casa, o rali que temos máis preto da Costa da Morte, que se celebra este fin de semana, o 19 e 20 de abril en Noia. Non adoitamos falar nunca antes dos ralis, pero debido a proximidade do rali decidimos facer unha pequena guía para todos aqueles que se queiran acercar ata as cunetas deste XXIX Rali Ría de Noia, organizado pola Escudería Berberecho e que serve ademais de Memorial Dani Castro.
Un rali que chega ademais cunha gran participación costeira, como recordamos de contado, con ata 7 pilotos costeiros de partida.