Xoves. 02.05.2024
El tiempo

"Gústanme os retos, non me fixo nas categorías"

"Gústanme os retos, non me fixo nas categorías"
Julián Ferreiro Rodríguez (Negreira, 1973) chegaba hai prácticamente un ano a Dumbría nunha situación moi diferente: co equipo mirando á permanencia en forma de utopía e unha perspectiva de regreso o máis curto posible. Tocou poucas cousas do plantel e fixo exitosa e incontestable a súa primeira experiencia lonxe das categorías máis altas do balompé autonómico, e tamén lonxe dunha zona de Santiago-Pontevedra onde acostumaba a moverse durante todo o seu periplo, tanto de futbolista como de adestrador. De momento, e aínda que vive nun banco o máis parecido ao do Arsenal que hai nos equipos da zona, non quere facer plans a longo prazo e incluso fala do desgaste que marca a estrada Negreira-Dumbría durante o crú inverno interior da provincia. Julian Ferreiro novo adestrador do Dumbria-Foto-Negreira Vet Julián Ferreiro, adestrador do Dumbría Que supón un título de Primeira Galega para alguén criado prácticamente toda a súa carreira na Terceira División? Supón a satisfacción do traballo ben feito durante todo un ano; ser campión en calquera liga é un esforzo enorme por parte de tódolos estamentos que rodean a un equipo; é un obxectivo que nos marcáramos a comezo de curso, e engandindo o título a ledicia é maior por ter acadado algo importante. Cando chegou a Dumbría, que foi o que atopou? Atopei dificultades; o equipo estaba nunha posición mala na táboa, con falta de recursos humanos, un equipo algo collido con pinzas; fichei un pouco para darlle continuidade no ano seguinte; o curso anterior foi poñer catro pedras para organizar os adestramentos, xa que había un déficit importante no traballo diario, e a idea era darlle continuidade esta campaña. No seu caso pódese dicir que fichou, deu un paso atrás e ten toda a pinta de ir pegar dous ao frente… A mín gústanme os retos, e non me fixo moito nas categorías; cando me chaman valoro moitas cousas: que me propoñen, que queren de min… non considero que fóra dar un paso atrás; teño a motivación suficiente para ir, traballar e mellorar cousas, que é o que me motiva. Como se percibía o fútbol da Costa desde fóra, polo menos no seu caso? O que vexo é bastante desorganización no traballo diario; falta nese aspecto máis compromiso por parte dos xogadores; é un mal que radica en moitos clubes da zona; non se ten en conta nin se valora; hai moitos clubes de Primeira, Segunda e Terceira que apenas adestran e precisamente o adestramento diario é o máis importante; para que as cousas salgan o domingo hai que adestrar ben e en condicións entre semana. Quen foi o futbolista que máis lle sorprendeu? Non me gusta moito individualizar e había certos futbolistas que xa os coñecía, e a outros non; veño dunhas categorías altas e xa vira xente dun nivel moi alto; material humano haino en calquera sitio, pero para sacarlle rendemento ten que facer lucir ese talento con traballo diario, e os futbolistas do equipo o fixeron; destaca sempre o que marca máis goles, pero iso é a repercusión do traballo de todo o equipo. Que hai que agardar deste equipo no futuro? Pasa por que o equipo siga mellorando na organización en tódalas facetas; hai que darlle máis saída tamén á xente xove da canteira; se Dumbría ten equipos en Ligas Galegas teñen que acabar no primeiro equipo, con máis asiduidade; iso é facer ver no primeiro equipo o traballo da canteira; á hora de fichar hai que buscar xente da zona para consolidar na categoría. O Dumbría acostuma ser un clube de ciclos longos no banco… será Julián Ferreiro un deses? Para calquera adestrador ter tranquilidade e prazos longos para traballar é importantísimo, como a confianza que se transmite desde a directiva; é o que calquera queremos para que as cousas salgan; o meu futuro depende da directiva, pero pola miña parte aínda non teño nada pensado; con isto de ser campións ou non e a Copa non tivera tempo para pensalo nin para decidir; un acaba canso e con certa falta de motivación… polo inverno fastidiado e o longo que foi o curso.

Comentarios