Domingo. 25.08.2019
El tiempo

Homenaxe a Manolín, Historia viva do Fútbol da Costa

Homenaxe a Manolín, Historia viva do Fútbol da Costa

Recuperamos o fío da III Gala do Fútbol da Costa - QPC celebrada na Picota, para ir recuperando os mellores momentos. E un deles foi o Premio Histórico, co que cada ano o equipo de Quepasanacosta quere render unha humilde homenaxe a todos os que co seu legado engrandecen o mito do noso Fútbol da Costa.

Despois de lembrar aos 6 equipos fundadores da Liga da Costa, aos grandes difusores da nosa historia como Luís Porto, Héctor Pose, Lema Suárez ou Chema Rei, e mais ao máximo goleador da historia da Liga da Costa, este ano, no ano da súa retirada, tocaba lembrar a un dos máis grandes. Manolín pasa por ter o palmarés máis completo do noso fútbol, ademais de deixar unha pegada especial en cada un dos seus compañeiros e xogadores pola súa singular personalidade.

Os que temos convivido con el, sabemos todo o que se pode aprender del. Gracias Manolín!

Novas relacionadas

Conversas co Mito

Fonte

Comentarios