Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Informe da tempada dos equipos dumbrieses nas Ligas Galegas

Informe da tempada dos equipos dumbrieses nas Ligas Galegas

Xa, sen nada en xogo dende hai máis dun mes, os equipos dumbrieses das Ligas Autonómicas remataban esta pasada fin de semana. Unha temporada completa, chea de alegrías e desencantos, pero de moita calidade. Gran campaña dos Xuvenís cun 3º no seu debut na categoría, e tamén moi digno o papel dos Cadetes no, lembremos, máximo nivel galego da categoría.
Un final de tempada, en todo caso, bastante convulso nos despachos, coa marcha de Diego Lobelos e Óscar Leis, tras moitos anos á fronte da base, facendo un traballo dificilmente mellorable.

Falamos cos responsables do club para analizar en profundidade a traxectoria dos 3 equipos, incluído un equipo infantil que pode que volva, nas vindeiras semanas, á categoría autonómica.

Os Xuvenís, no podio

Dumbria Xuvenil-Foto- FB Jorge Parri Fantástica campaña do Dumbría na Liga Galega Xuvenil-Foto- FB Jorge Parri

Por primeira vez na historia o equipo tiña un equipo na Liga Galega, e o que amosou as pasadas temporais nas ligas comarcais notouse tamén na división autonómica, conseguindo un impresionante 3º posto. Ademais durante a primeira volta estiveron moitas xornadas no primeiro posto durante a primeira volta e ocupando postos de ascenso durante boa parte do curso.
Só a irregularidade da segunda volta, onde conseeguían gañar no Conco pero non tanto fóra da casa, provocou que Conxo e Vilalbés conseguisen o ascenso, gracias a unha remontada tremendo do Conxo, que sumou 18 vitorias na segunda volta só caendo no Conco.

Un traballo de Diego Lobelos e Óscar Leis, e dese plantel que ademais de competir fantasticamente na cateoría xuvenil, tamén tiveron minutos importantes na Preferente. Un plantel que á categoría futbolística a calidade humana dun grupo dirixido dun xeito inmellorable.

Hai que destacar a temporada goleadora de Juan de Dora (nada menos que 34 goles para o loureán), e a participación fundamental de xogadores cadetes como Marcos Mouro (no medio campo), Pablo Paz (na defensa). Outra das boas novas da tempada foi a repcuperación do porteiro Iván Baña tras unha forte lesión a comezo de temporada xogando cos maiores.

 

Dignísimo papel dos Cadetes entre os mellores de Galicia

Equipo do Dumbría cadete ante o Celta Equipo cadete do Dumbría que competíu este ano na División de Honra

Volvía competir por terceiro o equipo cadete na máxima categoría do fútbol galego, a División de Honra. Os 18 mellores equipos de Galicia pasaron polo Conco (Lugo, Depor, Celta…), e o equipo de Huelvis competiu cara a cara.

O pasado do club da categoría puñan o listón alto porque a mellor xeración do fútbol costeiro nos últimos 10 anos foi ascendendo de categoría, e o ano pasado conseguía unha difícil permanencia. Era un difícil reto, que o equipo afrontaba con xente que partía da base dos infantís, e poucas incorporacións (as de Erre do Xallas, Carlos Claro e o zaense Juan Álvarez.

Ao final, non se acadou o obxectivo da permanencia, pero o traballo de formación foi moi positivo. A progresión individual e colectiva do grupo foi inmensa, e vai dar os seus froitos, surtindo de xogadores de calidade ao resto de equipos.

Carlos e Adrián Canosa sufriron longas lesións, e o equipo o acusou deportivamente. Así e todo, houbo grandes satisfaccións, como a evolución do equipo ante as dificultades, competindo de xeito moi digno ante grandes trasatlánticos do fútbol base galego. De feito, a falta de sorte tamén fixo mella e ata en 10 partidos o equipos caeu pola mínima.

Cómpre destacar a recuperación, en outubro, do central fisterrán Ayoze, que se convertiu nun dos mellores centrais da categoría, e o lateral xalleiro Erre fixo un temporadón impresionante xogando coa Selección herculina. Ademais, Martín Pereira e Fabio deron un grande nivel.

O ano que vén competirá en Liga Galega, aínda na élite do fútbol galego.

 

Os Infantís, a volver á Liga Galega

Dumbria Infantil de Pablo Conde O Dumbria Infantil de Pablo Conde aínda pode ascender a Liga Galega

Mentres, os infantís poden completar a tempada coa súa volta á Liga Galega. Arrasaron na Liga, e agora están inmersos na Fase de Ascenso. Caeron nas semifinais dos gañadores por penaltis ante o San Tirso, quedando a un só paso do ascenso.

Agora tócalle superar 3 eliminatorias. Xa encarrilou a pasada semana a primeira delas ante O Pino, vencendo por 0-2. Este sábado ás 19:00h no Conco, a volta, para seguir soñando con mater 2 equipos dumbrieses en categoría autonómica.

Iso si, o equipo de Pablo Conde e David Carreira ten que compaxinar ca Copa da Costa, da que xa está en Semis, tras superar con solvencia, e ás veces demasiado ensañamento, a Zas e Cabana.

 

Crónicas das Ligas Autonómicas

Máis información

Fonte

Comentarios