Venres. 19.04.2024
El tiempo

Jano, o puntal dun Lira que parece arrancar

Jano, o puntal dun Lira que parece arrancar
Alejandro Vázquez Sendón, JANO, 21 anos de humanidade, home para todo no Lira, xa sexa para xogar de central, lateral, no centro do campo, marcar un gol decisivo ou evitalos na portería propia. Foi unha das fichaxes estrela do proxecto liracho e está a devolver a confianza que se tivo nel con rendemento e goles. Formado na canteira do Dumbría, tivo un paso non moi afortunado polo Bertamiráns, e estase a revalorizar de novo no Lira, mostrando as cualidades que ven apuntando dende pequeno: un físico portentoso, intensidade, e decisión no balón parado. Unha perla a cuidar da canteira costeira. QPC - Costou gañar o sábado ó Cerqueda. O partido foi durísimo, complicado como poucos. Pois a verdade e que si. Foi un partido moi complicado, con moitas intervencións e no que dominamos e propuxemos nos o fútbol. Grazas o acerto de Kike de cara a porta podemos levar os tres puntos aínda que o Cerqueda nolo puxo complicado ata o final. QPC - Xuntades así dúas vitorias seguidas, que vos facían boa falta. Si, tiñamos a necesidade de coller unha boa xeira de resultados para levantar cabeza. Espero que siga de maneira positiva xa que estamos a ter continuidade no xogo e o único que nos falta son resultados, e xa con media liga fora creo que é o momento de que cheguen. QPC - Como estades a vivir dende dentro a tempada do Lira? Está sendo unha tempada moi extraña, chea de altas e baixas onde non estamos atopando os resultados e as expectativas que nos marcamos ao comezo. Como dixen antes creo que o xogo esta a ser bo por parte de todo o equipo, o que nos esta a pasar factura e non convertir as ocasións que temos nos partidos, xa que de cara a porta estanos costando moito finalizar, e eso estámolo pagando despois nos resultados. Espero que collamos unha boa xeira na segunda volta e poidamos alcanzar o obxectivo principal que e a permanencia. QPC - Como estás a vivir o de ser o referente ofensivo do equipo en canto a goles marcados se refire? Bueno, a verdade e que non e algo que me esperara nun principio pero estou a ter moito acerto de cara a porta e estou contento por aportar resultados ao club xa que depositaron moita confianza en min dende o momento que fichei polo Lira. Espero que siga así e que os meus goles podan axudar o Lira a conseguir bos resultados, pero supoño que será unha xeira boa a que estou a ter e ogallá dure moito. QPC - A gran fichaxe da tempada para nos foi a de Pesco, un xogador abraiante que nos está a facer disfrutar moito na Costa. Para min e un placer e un privilexio xogar ao lado de Pesco. E un crack, un xogador que marca a diferencia e é a peza fundamental do noso equipo. Futbolisticamente e un talento, ten características únicas que sabe explotar ao máximo. Ademais podes aprender del moitas cousas del, tanto no aspecto táctico como no técnico e como compañeiro de equipo e persoa un 10. Este ano non está a ter moita sorte de cara a porta a pesar de que leva a gran maioría das accións en ataque do equipo, e xa sea polos paos ou ben polos porteiros rivais non leva moitos goles, pero é unha mala xeira a que está pasando, estou seguro que de no momento en que meta un gol chegarán moitos máis, tanto polo seu ben como polo do equipo. QPC - Que vos pareceu a marcha de Vituco, despois de estar con vos 4 partidos e irse a un rival directo, o Malpica? Realmente sorprendeume moito xa que nos colleu a todos de improvisto e a día de hoxe descoñezo os motivos. Apenas levaba un mes no equipo e bueno, salvando a lesión no pulso que tivo, entrou no equipo ben e estábanos aportando cousas. Espero que lle vaia ben en Malpica. QPC - O ano pasado estiveches en Bertamiráns en Preferente Norte. Que sucedeu para que non triunfaras? O que me pasou en Bertamiráns foi un cúmulo de circunstancias. Comecei moi ben a tempada pero no segundo partido de liga tiven unha lesión importante no cuadriceps que me lastrou para 3 meses. Despois da lesión non conseguín a continuidade que quería e as veces que entrei no equipo titular non foi en posicións normais para min. Ademáis tiña bastante incompatibilidade entre os adestramentos e a carreira e non me permitiu asistir a moitos adestramentos e non estar en forma como para xogar nesa categoría. QPC - Estiveches varios anos na base do Dumbría. Que recordos gardas? De Dumbría teño moi bos recordos. Todos os ascensos e títulos que conseguín alí nas categorías inferiores; o bo trato recibido por parte da directiva e adestradores e a cantidade de amigos que fixen alí é algo inesquecible para min. Destacar sobre todo e agradecerlle a José Canosa a confianza que me dou dende pequeno facéndome debutar en Preferente con tan só 16 anos e tamén na tempada que estiven con el no meu primeiro ano de amateur. Si que e verdade que teño unha espiña clavada pola forma da que se produciu a miña saída do club, pero son circunstancias que se dan neste mundo do fútbol. Deséxolle todo o mellor o club, que é un referente no futbol da Costa e espero poder volver a vestir a camiseta do Dumbría nun futuro. QPC - Cando volveremos a ver a Jano en categorías altas? Non teño seguro cando pero espero que pronto. En canto a Universidade me permita compatibilizar o fútbol cos estudios espero poder xogar nalgún equipo de Preferente no que poda encontrarme ben e poder seguir crecendo como futbolista.

Comentarios