xoves. 01.05.2025
El tiempo

Jorge Quintáns e Lorena Costa repiten medalla

Jorge Quintáns e Lorena Costa repiten medalla
Iago Canosa en Mondariz co CDM Piraguismo Dumbria Iago Canosa en Mondariz co CDM Piraguismo Dumbria Gran comezo de temporada en materia de resultados para o CDM Piragüismo Dumbría. Despois da positiva proba portuguesa, o club costeiro desprazaba 8 padexeiros a Mondariz, onde se celebraba a Copa de España de Slalom. E as mellores novas chegaron da man de Jorge Quintáns e Lorena Costa, que repetiron medalla. Os padeixeiros do CDM Piragüismo Dumbría adaptáronse moi ben ás esixencias do circuito, e foron sete os deportistas do costeiros que foron quenes de superar o corte da fase previa, quedando fora apenas Marco Oreiro no C1 senior e por tan só un posto. Brais Perez en Mondariz co CDM Piraguismo Dumbria Brais Perez en Mondariz co CDM Piraguismo Dumbria Así pois, o primeiro obxetivo da proba se lograba, con Iago Canosa, Lorena Costa, Marcos Sanchez, e Brais Pérez conseguinto a clasificación para as semifinais na primeira baixada clasificatoria, e lográndoo Jorge Quintáns e Fran Romar na repesca. Nas semifinais do domingo, Jorgue Quintáns no C1 xuvenil, Marcos Cancela e Fran Romar no K1 Cadete, e Brais Perez no K1 xuvenil non eran quen de pasar as finais, a pesar de en xeral facer moi boas competicións. Nas finais, Iago Canosa brillou na final senior, logrando un brillantísimo 6º posto absoluto e 3º mellor sub23. Lorena fixo unha proba moi seria remantando sin penalizacións e logrando subir o 3º chanzo do podium, novamente por detrás de Ainhoa Lameiro e da estadounidense Seu Jacobi. E por último o vimiancés Jorge Quintáns logra unha vez máis facerse ca posición de plata só por detrás do dominador da categoría, Pau Etxaniz, nunha competición moi seria. Jorge e LOrena Costa en Mondariz co CDM Piraguismo Dumbria Jorge Quintáns e Lorena Costa en Mondariz co CDM Piraguismo Dumbria

Vindeira cita

A vindeira cita do club é este mesma fin de semana en Barcelona, onde Marcos Cancela loitará por repersentar a España nos Youth Olimpic Games, e xa na Semana Santa onde Lorena Costa e Jorge Quintáns se xogarán nos selectivos acudir os Campeonatos do Mundo e de Europa sub18 representando a España.

Novas da tempada

Novas da tempada pasada

Artigos relacionados

Fonte

  • Piragüismo Dumbría.

Comentarios