Juan de Celia, talento natural
O primeiro gol recibin o balón de espaldas á portería á altura do borde da area, xireime e pegueille coa sorte de que foi pola escadra, e o segundo peleei un balón ás espaladas dos centrais e metina por enriba do porteiro
QPC - Cal é o obxectivo do Montelouro este ano?
Salvarnos e facer unha boa tempada intentando xogar ben ao fútbol cun grupo unido
QPC - Un inicio de tempada con derrota en Camariñas e vitoria na casa contra o Coristanco, pódese catalogar de normal.
Si. En Camariñas non fixemos un bo partido nin a nivel colectivo nin individual pero peleamos ata o final. Co Coristanco o equipo fixo un partido serio sabendo ao que íamos dende o primeiro momento e aproveitando as ocasións que tivemos
QPC - E cal é a túa idea a nivel individual?
Facer unha boa tempada en Louro, salvarnos, marcar os máximos goles posibles para poder volver a ter algunha chamada dun equipo grande e demostrar o que valgo
Ese golpeo mortal de necesidadeQPC - A nova fornada de xogadores de Louro está a dar que falar. Con cales te levas mellor dentro do fútbol?
Dentro do equipo todos somos amigos pero o mais especial co que levo xogando dende neno e Adrián. Pablo Rama da miña etapa en Esteiro e por suposto Juan de Dora, que me criei con el e éunha gran persoa
QPC - Xa tiveches uns cuantos adestradores, cales foron os que che deixaron mais pegada?
Geno, o segundo adestrador do Sofán, que me marcou moito na etapa de futbol 7, despois Martin na Esteirana e agora o meu actual entrenador Oscar Leis, que se preocupa por cada xogador e sabe levar moi ben o vestiario
QPC - Cando ves fútbol, quen son as túas referencias ou modelos a imitar?
Se falamos de fútbol galego a Padín pola súa traxectoria, e despois Dybala é un xogador que me encanta
QPC - Vexo que te fixas en xogadores ós que te asemellas. A ver si Juan de Celia vai a ser o Dybala da costa. De cara a un futuro hacia onde che gustaría dirixir a túa carreira? cal é o teu límite?
Bueno, agora so teño en mente ao Montelouro pero gustaríame ter a oportunidade de volver a Sofán, onde estiven esta pretempada, porque é un lugar onde toda a xente che trata moi ben e son competitivos. Pero bueno ao final desta tempada espero ter algunha chamada e a ver que sucede.
Juan de Celia, de nome futbolístico homenaxeando a unha nai, parece a veces un paxariño de puntillas polo campo sorteando rivais, pero cando ve a portería cerca é un halcón con fame de gol. Claridade no campo e nas respostas ás preguntas, talento costeiro. Con Adrián, outra das xoves referencia do Montelouro