Liga da Costa: Un set e medio e tres tie break

11:30 20/02/17
Mazaricos, Baio e Ponteceso sufriron e levaron nos últimos minutos unhas vitorias que o día de mañá poden valer o seu peso en ouro; Corme e San Lorenzo aproveitaron a súa pegada para apabullar e lanzar unha mensaxe de fiabilidade
Alejo, pichichi da Liga da Costa, celebra o primeiro tanto do Corme - Foto: Fin Lema
Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com
Mazaricos 2-1 Corcubión
Campo: Peña do Ouro
Mazaricos: Ángel, Raúl (Esteban m.55), Estéfano, Chico (Martín m.75), Matías, Pereiro, David, Oreiro, Chenel, Molinos (Xabi m.71) e Brais (Manuel Luis m.61)
Corcubión: Abe, Mario (David m.77), Pablo, Tito (Lema m.54), Alan, Gabri (Toja m.42), Sebas, Lojo, Roi, Rama (Atan m.66) e Senra
Árbitro: Larrosa Pérez (A Coruña). Amonestou a Pablo, Senra, Toja, Sebas e Atan do Corcubión
Goles: 1-0 m.25 Matías; 1-1 m.63 Lema, de penalti; 2-1 m.75 Pereiro
Competitividade e dignidade
Metafóricamente admite comparación o Barcelona-Leganés co sufrido triunfo do Mazaricos sobre o Corcubión: un candidato ao título que xoga o seu partido máis espeso, ante un rival de branco e azul que loita por sobrevivir na categoría e que compite cunha dignidade e orgullo superlativos. Ao final, en ambos casos, resultado de triunfo para o que xa era favorito. Non o puxeron sinxelo os visitantes, que se adaptaron mellor do previsto ao terreo de xogo e que con Roi, Rama e Luis xeraron certos problemas. Sen embargo, como no caso de Messi, hai señas de identidade que non desaparecen, e na primeira falta lateral clara que tivo, golpeou o Mazaricos, cun remate de Matías de cabeza. Na reanudación, os de Néstor Romero tentaron apretar de saída para evitar sorpresas, pero nun córner con xogada embarullada o colexiado sinalou penalti por empurrón e Lema converteu o empate. Medrou a UD, que confiou na remontada, pero unha protestada falta na medular con peinada de cabeza e remate final de Pereiro chegou o resultado polo que a maioría tería apostado antes de comezar.
Corme 6-0 Porteño
Campo: O Cairo
Corme: Jose, Alejandro, Dani, Pandi (Brais Torrado m.65), Toniño, Eloy, Diego, Adrián Doldán (Jesús m.57), Alejo, Lucas e Brais Corral (Jose Manuel m.70)
Porteño: Jimmy do Cairo, Pejo, Adrián, Piti, Cousillas (Rodri m.50), Marcos, Jorgito (Manu m.55), Isma (Xoel m.55), Roi, Cachi e Manuel
Árbitro: Melián Otero (A Coruña). Amonestou a Xoel, do Porteño
Goles: 1-0 m.20 Alejo; 2-0 m.23 Pandi; 3-0 m.31 Alejo; 4-0 m.37 Toniño; 5-0 m.79 Alejo; 6-0 m.88 Diego
Set en branco camiño do Grand Slam
Goleada sen contemplacións do líder Corme a un Porteño que empeza a necesitar puntos con urxencia. O marcador e o encontro foron proporcionais á diferencia entre ambos na táboa. Non quedaba partido á media hora de xogo, na que dous goles de Alejo (un man a man co porteiro e outro de vaselina), así coma un taconazo de Pandi xa resolveran. Por inercia e coma consecuencia dun dominio case apabullante foron caendo os goles, e aínda antes do intermedio Toniño, tras resolver un balón morto no área, facía o cuarto. Non houbo demasiadas novas de achegamentos visitantes, aínda co choque roto e sen demasiada tensión competitiva. Xa na recta final Alejo volvería marcar, en conexión cun Lucas clarividente. Pechou a conta Diego cun disparo lonxano, nun encontro no que o líder deuse unha tarde tranquila, das que a ben seguro, e debido á igualdade da competición, non lle quedan demasiadas.
Unión Club Cee 2-4 Cerqueda
Campo: San Paio de Refoxos
Unión Club Cee: Paulo, Nico, Jorgito, Julito (Borja m.73), Aitor (Noé m.52), Jon, Javi, Andrés Trillo (Carlos m.52), Uri (Leo m.52), Juan Bello e Martín
Cerqueda: Diego, Bastón, Dani, Uru, Javi Pazos, Michel, Jonas, Lorenzo, Méndez, Iván (Eloy m.62) e Martín
Árbitro: Fuentes Seoane (A Coruña). Amonestou a Julito, Aitor do Cee; Míchel do Cerqueda
Goles: 0-1 m.10 Jonás; 0-2 m.40 Martín; 0-3 m.56 Lorenzo; 0-4 m.60 Lorenzo; 1-4 m.70 Leo; 2-4 m.90 Javi
A historia do revés
Un dos clubes máis grandes da historia da Costa, o Cee, foi sorprendido e case goleado na casa por un máis novo e tradicionalmente modesto Cerqueda. Pero a realidade actual é diamentralmente oposta á do palmarés e os unionistas loitan por sobrevivir na categoría, unha asignatura case aprobada xa polos bergantiñáns. A necesidade fixo atacar e moito ao Cee, e nun campo grande, un plantel con táboas e unha capacidade notable para replegarse e sufrir o Cerqueda resultou letal nas contras. Un mazazo xestado desa forma ao comezo do encontro e outro morrendo a primeira metade resultaron xa case insalvables para os locais, con dominio de pelota e ocasións marradas por unha latente e xa preocupante falta de puntería. Non variou demasiado o panorama na reanudación, con dous novos tantos de Iván e Lorenzo que deixaron por diante media hora longuísima. Si tivo esa puntería que botara antes en falta o Unión, que acadou dous tantos, un deles coa aparición dun sempiterno Leo, e que salvou un marcador que podería ter feito moito dano para as semanas por chegar.
Coristanco 2-0 Laxe
Campo: A Rocheira
Coristanco: Brais, Mato, Gustavo (Pazos m.59), Javi, Gonzalo (Añón m.82), Iván (Sergio m.87), Jorge Lorenzo, Damián, Samu, Marcos Corral e Rubén
Laxe: Iñigo (Jacobo m.75), Bras, Gora, Pablo (Martín m.62), Aarón, Borja, Javi, Aless (Zúrich m.46), Casas, Simón (Felipe m.46) e Carrabete
Árbitro: Pardo Pose (A Coruña). Amonestou a Jorge, Mato e Gustavo do Coristanco; Pablo e Carrabete do Laxe
Goles: 1-0 m.74 Marcos Corral; 2-0 m.83 Jorge
Como se fose unha final
Vitoria con sabor a algo máis que tres puntos para o Coristanco sobre o Laxe, rival directo pola permanencia que nas últimas semanas estaba a asomar a cabeza e a igualar aínda máis se cabe a zona baixa da táboa. Adaptáronse moi ben os de Lilo ao terreo de xogo e ao que acostuma a pedir a Rocheira. No que en liñas xerais foi un choque igualado e con non demasiadas oportunidades de perigo acabou por decidir unha acción desgraciada por parte visitante. Nunha falta de entendemento entre Iñigo e un defensa, con resultado de atropello mutuo, o balón quedou manso para que Marcos Corral fixera o primeiro a falta dun cuarto de hora. Foi un castigo duro para un Laxe que durante máis dunha hora neutralizara a un equipo que nin a balón parado conseguira abrir o marcador, algo pouco habitual sobre todo como local. Abriría moito máis as líneas o Laxe a partires do tanto e, nunha contra con centro ao segundo pau, Jorge sentenciaría o encontro, que é un paso máis no camino á supervivencia coristanquesa.
Monte Louro 0-4 Baíñas
O Baíñas arrasou en Louro - Foto: Edu Olveira
Campo: Agra de Filgueira
Monte Louro: Fernando, Miguel, David, Manolo Chouza, Pablo Vidal, Yeray (Gelo m.46), Raúl, Dani de Sahorta, Gabri (Pedro m.64), Geiko /Crustuab n,66( e Riki
Baíñas: Cristian, Braulio, Canedo, Eloy García, Samuel (Roly m.72), Canay (Víctor m.55), Chento, Felipe, David Blanco e Pablo Muíño
Árbitro: Pardiñas García (A Coruña). Amonestou a Yeray, Pablo Vidal e Gelo do Monte Louro; Pablo Muíño, Canay e Felipe do Baíñas
Goles: 0-1 m.30 Canedo; 0-2 m.64 Pablo Muíño; 0-3 m.70 Pablo Muíño; 0-4 m.83 Pablo Muíño
Xira como a roda de Muíño
Un dos dianteiros con máis gol e presencia da Costa da Morte, Pablo Muíño, dominou e reinou no partido entre o Louro e un Baíñas ao que está empeñado en manter na Liga da Costa. Foi irrecoñecible a versión dos muradáns, que non entraron nunca no choque e non foron quen de facerlle dano ao conxunto vimiancés, moi ben prantado. Avisaron moi cedo tanto Pablo Muíño coma David Blanco, e a mellor do Louro en todo o choque sería un balón sacado acrobáticamente por Maikel. Seguiu apretando o Baíñas ata que á media hora unha falta botada por Canay foi rematada inapelablemente por Canedo. Era o panorama perfecto para os visitantes, que invitaron ao seu rival a atacar e buscaron saír e acer dano cun especialista coma Muíño. O ex do Dumbría golpeou ata en tres ocasións. Primeiro foi nun pase de David Blanco, pouco despois a centro de Felipe e para matar o choque nun perfecto remate. Nese intervalo de tempo non tivo que intervir demasiado Maikel, outra das chaves, por outra banda, da renovada ilusión do Baíñas.
Castriz 0-5 San Lorenzo
Campo: San Pedro
Castriz: Herrera, Lui Anxeriz (Iván m.46), Carlos, Álex, Raúl (Kevin m.70), Steven (Adrián m.46), Nakata, Martín (Matías m.46), Mata e Sebas
San Lorenzo: Javi Souto, Samuel (Puñal m.70), Juanjo, Rudi, Adrián Varela, Pablo Díaz, Kevin (Diego Varela m.61), Iván Parafita, Juni (Anxo m.78), Álex Taibo e Dani Pena
Árbitro: Domínguez Manteiga (A Coruña). Expulsou a Mata, do Castriz (m.72)
Goles: 0-1 m.4 Dani Pena; 0-2 m.42 Juni; 0-3 m.44 Juni; 0-4 m.83 Diego Varela; 0-5 m.86 Mario
Novo 'manotazo' dun San Lorenzo que mete medo
De goleada en goleada anda no ano novo un San Lorenzo que esta vez pasou por enriba do Castriz. Os verdilleses son un martelo pilón e lle meten aos encontros unha intensidade que fai que os rivais acaben por estoupar. Iso si, esta vez pudo ser case literal gastronómicamente falando, pois os combeses viñan de celebrar o día anterior na súa casa a feira do cocido, con máis de cen achegados, e parecían ir ao ritmo de quen acaba de ter unha grande ixesta de comida. Moi cedo abriría o marcador o San Lorenzo, grazas a un man a man resolto por Dani Pena tras gañarlle a partida aos centrais. Sería a partir de entón cando o partido tivo máis visos de ofertar emoción ou interdidume. Houbo misericordia no que a resolución de oportunidades se refire, aínda que xusto antes do intermedio Juni e deixaría todo moi encamiñado ao anotar de volea una asistencia de Parafita. Pouco despois, o punta repetiría fortuna nun man a man que xa matou o choque. A evitable expulsión de Mata, por unha acción de cabreo cando xa tiña un cartón, converteu os minutos finais nun mero trámite , que se resolveron con dous tantos visitantes máis: Diego, a centro de Anxo, e Mario, cun espectacular lanzamento lonxano.
Buño 1-2 Ponteceso
Xaviña rexistrou unha gran entrada - Foto: SD Ponteceso
O Buño vendeu moi cara a súa piel - Foto: SD Ponteceso
Campo: Xaviña
Buño: Toni, Jordan, Aitor, Mario, Eloy, Jorge Calvete, Dani Calvete, Juan Antelo (Richard m.71), Fran, Emilio e Adrián (Alexander m.62)
Ponteceso: Brais, Martín Puente, Ismail, Matías, Nando, Alberto Recarey, Yago (Mendieta m.33), Charro, Javi (Baba m.33), Mara e Charly (Diego m.57) (Adrián m.74)
Árbitro: Vázquez Lema (A Coruña). Amonestou a Aitor do Buño; Nando do Ponteceso
Goles: 1-0 m.11 Jorge Calvete; 1-1 m.53 Mendieta; 1-2 m.80 Nando
O que hai que sufrir para ser candidato!
Púxolle problemas e moitos o Buño ao veciño Ponteceso, nun derbi no que os de Barca a piques estiveron de deixarse uns puntos chave na carreira polo título. Tcoulles remontar e superar a un rival que lles coñecía á perfección e tirou de experiencia para levar o choque onde lle conviña. A posesión do balón e o teórico control correspondíalle ao Ponteceso, pero ese plan voltouse trampa cando, ao pouco de comezar, Dani Calvete castigou unha indecisión da defensa. Roubou un balón e serviu para seu irmán Jorge, que resolveu a pracer. O guión era cada vez máis do gusto oleiro: repliegue, paciencia, experiencia e búsqueda dos contragolpes. Foi a primeira metade un exercicio perfecto de defensa por un lado e unha desesperada tentativa contra un muro polo outro. E así se mantivo tamén despois do paso polos vestiarios, aínda que o Ponteceso subiría notablemente o ritmo co paso dos minutos. Xeraba, pero principalmente a balón parado. Mentres, Brais mantiña aos seus con vida ao sacarlle un gran dispar a Adrián. Foi a confianza no fútbol combinativo o que lle daría premio aos da Ponte. Charro serviu para Mara, que deixou de tacón un servizo precioso para que Mendieta axustase ao pau e igualase. Volcouse de aí ao final o aspirante ao título, que atoparía finalmente o camiño nun disparo axustado ao pau desde o borde do área.
Camariñas 0-5 Malpica
Campo: Hermanas Patiño
Camariñas: Álvaro (Pablo m.34), Martín (Álex m.46), Kevin, Moriño, Rodri (Eloy m.70), David, De la Sierra, Dani, Joseba, Brais (Gabri m.65) e Nazo
Malpica: Víctor (Lamas m.80), Cristian, Alberto, Leilán, Marcos, Isma, Mario, Álex Márquez (Brais Ortiz m.55), Eloy, Brais Lado (Petís m.65) e Iván (Cololo m.76)
Árbitro: Casanova Vázquez (A Coruña). Amonestou a Nazo e Brais do Camariñas; Mario Casal do Malpica
Goles: 0-1 m.3 Iván; 0-2 m.40 Álex Márquez; 0-3 m.80 Brais Ortiz; 0-4 m.82 Eloy Varela; 0-5 m.86 Cololo
Goleada á inversa
Se a semana pasada era o Ponteceso o que lle devolvía o repaso da primeira volta ao Camariñas, esta vez foi o Malpica o que representou á perfección as tendencias inversas entre os dous conxuntos. Un novísimo cadro da Vila do Encaixe, no que Moriño, De la Sierra e Nazo eran os únicos con máis de dous anos de experiencia Sénior, foi víctima propicia para un rival cheo de veteranía e con moitas táboas. A valentía e alegría co que quixo entrarlle ao encontro o Camariñas preto tiveron un 'zasca' de libro. Brais Lado tirou de clase para desbordar e servir un centro perfecto ao segundo pau, onde entrou Iván para remachar. Invitoulle o Malpica a arriscar a un equipo ao que físicamente comía por intensidade, e cada roubo ou transición rápida eran prácticamente sinónimo de perigo. Un remate ao longueiro no que Álex aproveitou o rexeite significou antes do intermedio o que na práctica era case o peche ao partido, sobre todo ante a ausencia de perigo nas dúas porterías. Si habería máis opcións no segundo acto, no que Nazo tivo a única do Camariñas para meterse na película, pero o seu remate marchou demasiado alto. Doutro lado podíase chamar acoso polo número de accións desperdiciadas polos bergantiñáns ante Pablo. Foi nos últimos dez minutos cando pareceron entrar todas: Brais ao desviar un tiro de Mario facía o terceiro, Eloy de libre directo o cuarto e sumaríase aínda á festa Cololo cun testarazo, despois de varias tentativas erradas. A dinámica do Camariñas, máis parecido a un once de Liga Xuvenil que á Liga da Costa, é de conxunto sen demasiados obxectivos polos que loitar.
Esteirana 1-2 Baio
Campo: José Luis Vara
Esteirana: Roberto, Dani Rama, Rafa (Brais Romero m.75), Eloy Veloso, Álex, Josiño (Iker m.85), Pablo Rama (Campos m.75), Codesido, David Pais, Jaime e Tobío
Baio: Diego, Isaac, Norberto, Porto, Eloy (Brais m.56), Martín (Costiña m.94), Rubio, Moreno (Mario m.56), Bieito, Javi Suárez e Martín MC (Ramón m.94)
Árbitro: Castiñeira Blanco (A Coruña). Amonestou a Codesido, Campos e Brais da Esteirana; Martín do Baio
Goles: 0-1 m.31 Martín; 1-1 m.46 Josiño; 1-2 m.90 Javi Suárez
Desas que se lembran
Sacou o Baio en Esteiro un encontro que resultou todo un pau para un equipo local que loitar por sobrevivir e que polas formas, en caso de que a final de campaña acade un premio, pasará a ser desas tardes que se analizan como chave no global dunha campaña. A lectura positiva para a Esteirana ten que ser a forma en que competiu ante un candidato a todo. Non sabe xogar a especular o combinado azulgrana, e esta vez non foi unha excepción. Cun fútbol alegre e transicións moi rápidas sorprendeu a un Baio que sin embargo fabricou as tres primeiras oportunidades do choque: Rafa sacaba baixo paus un man a man no que Javi Suárez xa superara a Roberto, quen si estaría notable pouco despois a zapatazo de Martín. O capitán, que segue pletórico, abriría o marcador cun lanzamento de falta marca da casa. Pero para entón xurdiron dous elementos básicos, un por equipo: o local Josiño e o meta dos baieses, Diego. Das 'pelexas' entre ambos xurdiron dúas accións no intermedio con resultado de triunfo para o '1'. Non sería así nada máis comezar de novo o partido, nunha acción na que o propio Josiño estivo máis listo e rápido que a defensa rival. Tempo, e paciencia, parecía ter de sobra o Baio para repensar, reorganizarse e tentar de pechar ao seu rival no seu área, pero o paso dos minutos caía como unha losa, así como as ocasións erradas: Javi Suárez, de disparo lonxano, un centro envenenado de Martín que de novo Rafa evitou ou Bieito de volea. Como en tódolos guións semellantes, a piques estivo de reventar a Liga na que tivo de novo Josiño, pero unha vez máis Diego reivindicouse e acabou por marcar un punto de inflexión no partido cunha acción que, acompañada á boa acción con resultado de gol por parte de Javi Suárez construiron unha remontada desas que non esquecerán os baieses.




