Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Liga Intermunicipios: O Cereo venceu o duelo e alcanza ao Baldaio

Liga Intermunicipios: O Cereo venceu o duelo e alcanza ao Baldaio
Cereo-Baldaio-Foto-David Castro A Liga Intermunicipios de Bergantiños está patrocinada polo Mesón de Carmiña

O Cereo é o novo líder da competición tras a súa vitoria ao Baldaio, nun partido no que os visitantes non mereceron tanto castigo logo do visto sobre o terreo de xogo. Tras este resultado, os da parroquia coristanquesa empatan a puntos cos baldaieses pero cun partido menos.

Partido con moitos goles, o que se viviu no Municipal de As Eiroas (Carballo) entre o Peña Galicia e o Valenza. O encontro estivo marcado pola expulsión dun xogador local no minuto 13, feito que non impediu que os verdes dominasen o encontro ante a gran pegada dos coristanqueses que convertían as súas chegadas á área en goles o que fixo que o instantáneo mostrara un claro 0 a 3 cando transcorría o minuto 50. A partir desto, Cristian Mourín convertiuse na figura do encontro cun hattrick que lle serviu ao seu equipo para empatar o encontro. Antes do remate do partido cada equipo faría cadanseu gol para poñer o final 4-4, nun encontro no que si alguén mereciu gañar foi o Peña Galicia, tanto por xogo coma por ocasións. Os dous equipos foron moi críticos coa actuación do colexiado.

En A Piña, viviuse un encontro con alguna tensión que incluso estivo a piques de que se tivese que suspenderse pero finalmente quedou nun simple amago. Partido dominado polo Cances case en toda a súa totalidade, a pesar do intento de reacción dos locais na segunda metade que só se quedou neso. Álex Trigo foi o protagonista do encontro ao marcar os tres goles do seu equipo. Esta vitoria coloca ao equipo da parroquia de San Campio en terceira posición a un punto do líder.

Partido disputadísimo, o que se xogou en Xaviña (Buño) entre o Sp. Seaia e o Xornes. Comezaría gañando o equipo local, empatarían os pontecesáns pero refaríase o equipo de Seaia para marchar ao descanso por diante no marcador. Na segunda metade, o Xornes faría o 3 a 4 no minuto 85 e logo desto os malpicáns irían a polo empate pero cando se cumpría o tempo regulamentario sentenciaría o equipo visitante cun gol que poñería o definitivo 3 – 5, que deixou ao Seaia coa mel nos labios nun encontro no que puido gañar calquera.

No municipal de As Eiroas, enfrontábanse dous dos gallitos da categoría, o Sporting Brea e o Clube Deportivo Rus. O encontro tivo unha parte para cada equipo, a primeira foi para o equipo de A Brea e a segunda para o Rus. Os primeiros 45 minutos estiveron dominados polo equipo local que marcharía ao tempo de lecer cun 2 a 0 no instantáneo, con tantos de Marcos e David. Á volta do descanso, a pesar de que o equipo visitante apretaría un pouco máis serían os da Brea os que farían o terceiro, por medio de Jorge. Recortaría distancias Corral para o Rus, pero xa sería tarde e cando o equipo visitante botou o resto para ir a polo empate, sentenciarían os verdes por mediación de Tino. Na primeira metade, o Rus pediría un posible penalti de Upi a Toky e na segunda nunha xogada embarullada anularíanlle un gol aos visitantes moi protestado.

Crónica do partido da semana: CF Cereo - ADCR Baldaio (3-2)

Plantel do Cereo-Foto-David Castro
  • CF Cereo: Nacho, Koki, Martín, Nico, Rubén, Mauri, Álex, David, Tato, Roberto e Iván. Tamén xogaron: Alberto, Flo, Pena, Andrés e Jaime.
Platel do Baldaio-Foto-David Castro
  • ADCR Baldaio: Mack, Karpi, Morientes, Diego, Óscar, Vicente, Zalo, David, Óscar Añón, Luís e Tito. Tamén xogaron: Fran, Alberto e Boskis.
  • Goles: 0-1, min.14: Luís transforma un penalti cometido sobre el mesmo. 1-1, min.17: Córner a favor do Cereo, que introduce Morientes na súa propia portería ao intentar despexar. 2-1, min.30: Gran pase de Tato á espalda da defensa para o pichichi da competición, Iván, que define cunha vaselina sobre Mack. 3-1, min.35: Pase espectacular de Álex á espalda da defensa e, de novo, Iván cabecea o esférico de forma formidable ao fondo das mallas. 3-2, min.81: Luís remata, libre de marca no segundo pau, un saque de banda botado por Alberto e que peina Fran no primeiro pau.

Partido disputado nun campo algo impracticable xa que se viu afectado pola chuvia nos días anteriores ao encontro e no mesmo día tamén.
Mentras os de Cereo buscaban balóns en largo e transicións rápidas, o Baldaio intentaba combinar aínda que non era fácil debido ao estado do terreo do xogo.

Adiantaríanse os visitantes antes do cuarto de hora do partido, cando Luis transforma un penalti cometido por Martín sobre el mesmo. Non tardaría en empatar o encontro o equipo local, faríao logo dun córner que Morientes introduce na súa propia portería nun intento de despexe.

Poñeríase por diante o equipo amarelo, logo dun gran pase de Tato á espalda da defensa para o pichichi da competición, Iván, que define cunha vaselina sobre Mack. Cinco minutos despois, logo dun pase espectacular de Álex á espalda da defensa e, de novo, Iván cabecea o esférico de forma formidable ao fondo das mallas. Antes do descanso, a piques estivo de recortar distancias no marcador o equipo visitante tras unha gran xogada individual de Luis, pero o lanzamento final deste vaise desviado.

Á volta do tempo de lecer, os visitantes saldrían a por todas pero sin demasiada fortuna. O Baldaio contou ata con catro ocasións de gol que non foi quen de materializar e o final quen perdoa, acabaás pagando, e eso foi o que lles pasou aos baldaieses pese a que recortaron distancias no marcador, por mediación de Luis que remata libre de marca no segundo pau un saque de banda botado por Alberto e que peina Fran no primeiro pau.

Demasiado castigo para un Baldaio que logo do visto sobre o terreo de xogo mereciu polo menos o empate ante un Cereo que soupo aproveitar as súas ocasións.

Goleadores

  • Iván García, do CF Cereo, con 13 goles.
  • Enmanuel Varela, do Valenza Clube, con 10 tantos.
  • Iván Pena, do Sporting Brea, con 7 goles.

Máis información

Crónicas da Liga Intermunicipios

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios