Liga Intermunicipios: Xornada de empates
Sorprendente empate do líder ante o Sp. Seaia e tamén firmaron táboas o Sp. Brea e o CF Cereo no partido da xornada.
O Sporting Seaia dou a sorpresa empatando 0 – 0 co líder, o Baldaio, nun partido con pouco fútbol e contadas ocasións. Na primeira metade, o líder tería o dominio do esférico pero tan só contaría con dúas ocasións, unha delas ao pau. Mentras tanto, os locais dedicábanse a defender e a aguantar as embestidas do Baldaio. Na segunda parte, os visitantes tocaban moito pero sen acercarse a área do Sporting, que estivo perfecto en defensa e que vai collendo o rítmo da competición.
A Piña sumaría os seus primeiros puntos tras a vitoria por 4 a 2, ante o Rus que deixou escapar a oportunidade de abordar o liderado. A primeira metade estivo dominado na súa totalidade polo equipo local, así se chegou ao descanso co 2 a 0 favorable para os de A Piña. Na segunda parte, os visitantes aproveitarían dous erros do porteiro para empatar o encontro. Voltaría adiantarse o conxunto local cunha falta directa. O 4 a 2 definitivo, chegaría na última xogada do partido.
O Cances vencería a domicilio en Laxe nun partido dominado na súa totalidade polos da parroquia de San Campio, e no que o 0 – 5 final, puido ser moito maior. O partido estivo moi condicionado polo vento, o que fixo moi difícil a práctica do fútbol.
O Peña Galicia viuse superado polo Xornes en As Eiroas, nun partido marcado polo forte vento e que complicaba calquera intento de xogar ao fútbol. O equipo pontecesán foi superior aos carballeses, contando cunha maior posesión do balón e máis ocasións de gol.
Crónica do partido da xornada: Sp. Brea - Cereo (1-1)
- SP. BREA: Upi, Hugo, Miguel, Christian, Marcos, Fariña, Javi Zas, Diego, Álex, Toni e Ivi. Tamén xogaron: David, Hacker, Cuco, Mikel e Pi.
- CF CEREO: Martín, Mauri, Nico, Flo, Diego, Esteban, Alberto, Pena, Roberto, David e Iván. Tamén xogaron: David Pose, Adrián, Rubén, Jaime, Álex e Fabián.
- Goles: 0-1, min.41: Tras unha xogada por liña de fondo de David, este toca atrás e Iván supera a Upi cun remate acrobático. 1-1, min.46: Regalo de Martín, que aproveita Mikel para definir con moita tranquilidade.
- Árbitro: Manuel Varela. Sen problemas, soupo levar ben o encontro.
No partido da xornada, o Sporting Brea e o CF Cereo firmaron tablas nun partido pouco vistoso en canto a xogo entre dous equipos con moito medo a perder. Foi un encontro igualado en canto a xogo, pero serían os locais, quen contarían coas ocasións máis claras para levarse os tres puntos.
Comezaría moi metido no partido o Sporting Brea, que avisaría en dúas ocasións antes de cumprirse o primeiro minuto de xogo, por medio de Ivi e Javi Zas. O pichichi dos locais, avisaría de novo o minuto sete. A partir desto, o equipo de A Brea veuse a menos e os da parroquia coristanquesa a máis pero sen crear claras ocasións de gol e tan só se acercarían a portería de Upi con dúas xogadas a balón parado. A entrada de Mikel ao campo daríalle frescura aos locais e no minuto 39, o propio Mikel avisaría ao Cereo cun lanzamento que se vai a rentes do pau, tras unha xogada personal.
Dous minutos despois, tras unha xogada por liña de fondo de David, que toca atrás para que o pichichi da competición, Iván, supere a Upi cun remate acrobático.
Antes do tempo de lecer, o Sporting Brea tería dúas ocasións para empatar o partido pero primeiro Martín evita o gol de Toni e logo o pau repele o cabezazo de Marcos.
Tras o descanso, como xa ocurrirá na primeira metade, os locais saldrían moi fortes e avisarían antes de cumprirse o primeiro minuto, tras unha falta botada por Miguel que toca Diego e rexeita Martín con dificultades. Na seguinte xogada chegaría o gol do empate tras un regalo do porteiro visitante que aproveita Mikel para definir cunha gran tranquilidade.
De aquí ao final do partido, os locais dominarían un pouco máis o encontro contando ata con cinco ocasións de gol, a máis clara unha chilena de Toni que rexeita o longueiro.
Resultado xusto en canto a xogo pero en canto a ocasións, serían os de A Brea os que merecerían levarse os tres puntos.
Goleadores
- Iván García, do CF Cereo, con 11 tantos.
- Iván Pena, do Sporting Brea, con 7 goles.
- Gonzalo Zas, do ACRD Baldaio, con 4 tantos.
- Walter Villar, do Xornes, con 4 goles.
Máis información
Crónicas da Liga Intermunicipios
- X.3: O Baldaio recupera o timón.
- X.2: Cambio de Líder.
- X.1: Liga Intermunicipios: Os favoritos comezan gañando con sufrimento.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de David Castro para QPC Deportes ([email protected]).