Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Liga xuvenil: o Corme, xusto campión

Liga xuvenil: o Corme, xusto campión
Xa temos vencedor na Liga Xuvenil costeira, o Corme de Lelo Cordobés, xusto e claro campión, na liga máis bonita dos últimos anos posiblemente porque por fin fomos capaces de unificar a toda a Costa e ter unha competición axeitada e coherente. A competitividade de todos os equipos foi elevada, pero por enriba dos outros 15 impúxose a magnífica xeración de xogadores que ten este Corme, que xa sumou triunfos en outras categorías, e que se consolida a pouco de chegar ó fútbol senior, no que xa varios dos seus compoñentes levan xogando algún tempo, demostrando a madurez destes rapaces e o bo futuro que ten asegurado o equipo do Cairo. Corme Xuvenil celebrando o título -Foto-Fin Lema O equipo cormelán, ó que aínda lle faltan 2 partidos para acabar a competición, suma 25 vitorias en 28 encontros, só cedendo 1 empate e 2 derrotas, unha delas en Fisterra no primeiro encontro de liga, e outra en Ponteceso no derbi local. O equipo é unha máquina de golear, con 145 tantos a favor, que dan unha media de 5,17 tantos por partido, un promedio realmente asombroso. Os 8 tantos que lle meteu ó Soneira ou os 7 que lle endosou ó Fisterra, que non son precisamente dos equipos máis frouxos do campionato, indican a capacidade goleadora dos azuis. A Esteirana foi o equipo que logrou nos dous encontros contra o campión ter máis igualdade, pois perdeu pola mínima en Esteiro e empatou no Cairo nun espectacular partido. Os máximos goleadores do equipo foron:
  1. Samu Costa - 33
  2. Manu Bermúdez - 27
  3. Manu Tasende - 16
  4. Javi Bermúdez - 11
  5. Mauro e Alex Mato - 8
En canto a presencias no once titular, os que contaron coa total confianza de Lelo foron:
  1. Manu Bermúdez - 28 partidos titular
  2. Lucas - 26
  3. Brais - 26
  4. Manu Tasende - 25
  5. Javi Bermúdez - 24
  6. Eloy Villar - 24
  7. Samu Costa - 23
  8. Aitor 23
Corme-Baio xuvenil-Foto-Fin Lema Corme-Baio xuvenil-Foto-Fin Lema Hai que ten en contra que os cormeláns teñen a varios xogadores do equipo xuvenil sendo asiduos co equipo senior, e moitas fins de semana reducían a súa presencia nos xuvenís para centrarse no equipo maior. É o caso de Samu Costa, de Manu Bermúdez e de Eloy Villar, xogadores a todos os efectos da Liga da Costa senior, e xa destacando. Samu Costa en concreto leva 8 tantos na liga senior, que sumados ós que ten na xuvenil, danos a frioleira de 41 goles esta tempada, cifra que aínda pode subir. Os rivais que se pode atopar o Corme polo camiño do ascenso son poderosos, pero fai moita ilusión no Cairo poder xogar un ano na Liga Galega con esta xeración de futbolistas, pois moi poucos cumplen idade e a base do equipo mantense. No grupo coruñés o Once Caballeros, Arteixo, San Tirso e Imperator son os equipos que irían actualmente á promoción, Eume e As Pontes por Ferrol, Riveira, Bertamiráns ou Oroso en Santiago, ou Residencia e Burela en Lugo, son posibles equipos ós que se enfrontaría o Corme. Rivais potentes que teñen que probar o sabor especial do Cairo. Dende logo ningún deles terá o apoio que teñen os rapaces de Corme por parte da súa afección. Tedes aquí o enlace da entrevista que lle fixemos fai un tempo ó adestrador Lelo, na que conta cousas moi interesantes, sen dúbida. https://quepasanacosta.gal/o-corme-lider-solido-en-xuvenis/

Comentarios