Mércores. 17.04.2024
El tiempo

Ligas Galega: Dúas finais, unha alegría

Ligas Galega: Dúas finais, unha alegría
Dumbria Xuvenil-Foto- FB Jorge Parri Segue impresionante o Dumbría Xuvenil-Foto- FB Jorge Parri

Dúas finais vivía este pasado sábado o Conco. E os afeccionados dumbrieses colleitaron unha soa alegría. Foron os Xuvenís, seguindo a liña deste curso, os que demostraron que seguen indo a por todas, e que a Liga Nacional pode non ser un simple soño. Os de Leis e Lobelos venceron a un rival directo, o Conxo, o equipo que marca o asceso, e do que se colocan a 1 só punto, e a 4 do líder, o Vilalbés.

A decepción volveu chegar dos cadetes, que nun partido cruel, non só polo resultado senón tamén polo temporal, caeron noutro partido clave ante o pechacancelas. Queda a permanencia a 9 puntos de distancia. Nada é imposible para este equipo.

Liga Galega Xuvenil, xornada 22

  • Resultado: Dumbría - Conxo (1-0)
  • Dumbría Bruno, Eloy, Pablo, Canario, Jose Miguel, Yeray, Marcos Mouro, Mauro, Edu, Juan de Dora e Maikel. Tamén xogaron: Javi, Isma, Gabi e Jacobo.
  • Gol: 1-0, m.65: Juan de Dora a pase de Maikel.

A seguir soñando

Dous equipos que nos conociamos moi ben pero a idea inicial de Diego Lobelos deu os seus froitos. Foi, en todo caso, un partido moi complicado, con gran intensidade en cada acción. Os nosos completaron un gran partido pois diante tiñan un moi bo rival. O mal tempo tamén condicionou o xogo pero souberon adaptarse mellor.

Empezou o Conxo algo mellor pero pouco a pouco foi crecendo no partido o cadro local. Os dous equipos tiñan ocasións na primeira parte, pero non sería ata despois do descanso, mediada a segunda parte, cando unha boa combinacion do equipo terminou cun bo pase de Maikel para Juan de Dora e o pichichi non perdou. A partir de aí varias ocasions para aumentar o marcador (Javi, Maikel e Isma) pero non acertaron. Eles trataron de empatar e levaron peligro a balón parado pero Bruno e a defensa estiveron seguros. Gran esforzo dos rapaces que incluso varios arrastrando problemas fisicos botaron todo no campo en beneficio do grupo.

 

División de Honra Cadete, xornada 22

  • Resultado: Dumbría - Santa Mariña (0-1)
  • Dumbría: Juan Berdullas; Esteban, Ayoze, Luís Mayán, Fabio; Brais Fernández, Josiño; Martín, Juan Álvarez, Erre; Fran Moreira. Tamén xogaron Mario, moi, Lojo e Jonathan.
  • Gol: 0-1, m.56: Gustavo remata de cabeza unha falta lateral e axusta ó pau esquerdo.

Contra vento e marea

Resultado cruel para un Dumbría que fixo méritos para bastante máis durante boa parte dunha mañá de temporal no Conco.

Comezou mandando no partido, encontrando vías de penetración na defensa viguesa nas bandas. Fundamentalmente, era pola banda esquerda, onde Erre creaba perigo, e comezaron as ocasións. A primeira nunha acción individual que o prantaba só ante o porteiro rival, que interpuña o seu corpo entre o balón e o gol, a segunda que sacaba un defensa prácticamente na área pequena, e a terceira,a máis clara, logo nunha fantástica combinación, na que Fran Moreira asistía de rabona, o tiro do interir esquerdo do dumbría saía a rentes do pau.

O Dumbría non sufría, con seguridade en defensa, onde Esteban, Ayoze, Luís e a novidade de Fabio superaban unha e outra vez ós atacantes do Santa Mariña. O dominio nese primeiro acto foi plenamente local, pero non chegou o gol.

O que si chegou no descanso foi o temporal, que fixo do partido unha epopeia, polo vento, en contra do ataque local, e da chuvia e o frío polar que facía que que incluso o simple feito de aguantarse en pé fora un éxito. Con este inconvite, o vento emezou a empurrar ó Santa Mariña cara a portería dumbrinesa, encerrando por momentos con varios córners ainda que sin perigo real. Si tivo premio o equipo vigués nunha falta lateral, rematada entre o barullo e o aguaceiro por Gustavo. Excesivo botín co que se facía o Santa Mariña. O partido a partir de ahí volveuse épico. Uns o Dumbría peleando contra o vento e a adversidade, e outros, o equipo vigués, defendendo con orden e contraatacando. A entrada de Moi, Mario e Lojo dou maior dinamismo o ataque costeiro, e empezou a xerar algunha ocasión non demasiado clara, pero cambiando o dominio visitante. A máis clara chegou nun saque de falta no que Ayoze se impuso a tódolos defensores, e peiteou para que Luís empurrase a gol na área pequena, ainda que o linier invalidou a acción por un máis que dubidoso fora de xogo. Co Dumbría cheo de orgullo pero carente de acerto, remataba o partido, escapándose 3 puntos de ouro diante dun rival directo para a salvación.  

Crónicas das Ligas Autonómicas

Máis información

Fonte

Comentarios