Ligas Galegas: Cambio de papeis

Tíñannos acostumados os xuvenís a darnos alegrías e os cadetes a darnos tristuras, pero parece que os papeis están cambiando nas últimas semanas, e as liñas dos dous equipos dumbrieses en ligas autonómicas parecen ir cambiando.
A 8 puntos da salvación está o Dumbría Cadete, un punto menos que a semana pasada. O punto sumado na Coruña ante un Victoria que estaba en bo momento e que acabou pedindo a hora. Bo punto dos de Huelvis, que seguen moi vivos, e buscarán facer o punto máis bo aínda se vencen ao Pontevedra a vindeira semana no Conco.
Pola súa parte, o cadro xuvenil deixou escapa 3 puntos importantísimos na loita polo ascenso, por mor da pólvora mollada. Quedan os de Leis e Lobelos a 6 puntos da segunda praza, o Conxo.
Liga Galega Xuvenil, xornada 25
- Resultado: Dumbría - Orillamar (0-1)
- Dumbría: Jorge, Pablo, Jose Miguel, Yeray, Canario, Marcos Mouro, Gabi, Mauro, Edu, Juan de Dora e Maikel. Tamén xogaron: Javi, Jacobo, Borja e Isma.
- Gol: 0-1, m.40: nunha xogada a balón parado.
Ca pólvora mollada
Non entrou nunca entrou no partido o Dumbría no primeiro tempo. Os balóns divididos e os balóns aéreos eran sempre para o Orillamar, máis intensos que os locais. Nunha acción a balón parado chegou o gol visitante pouco antes do descanso. Aínda sen xogar ben, Maikel cun disparo desde o borde da área e cun remate de cabeza á saída dun corner puido empatar. Tamén Marcos Mouro nunha falta sacada por Canario estivo cerca do gol e Edu non puido controlar ben un balón que o deixaba cara a cara co porteiro.
Na segunda parte o equipo pareceuse máis o que soe ser e encerrou aos da Coruña na área. Juan, Javi, Pablo, Isma, Borja e Edu tiveron ocasións pero non era o dia para o gol, Canario e Jacobo doblaron esforzos atras nos últimos minutos para avanzar a Pablo e Marcos na procura da remontada pero o Orillamar resisitiu e nunha contra puido facer o segundo pero Jorge estivo moi acertado. Juan de Dora reclamou 2 penaltis pero o colexiado, coruñés, non os sinalou.
División de Honra Cadete, xornada 25

- Resultado: Victoria - Dumbria (2-2)
- Dumbría: Isma, Moi, Ayoze, Luís Mayán, Erre (Esteban, m.77), Brais Fdez., Josiño, Martín, Juan Álvarez, Fabio (Lojo, m.55) e Fran Moreira (Tajes, m.60).
- Goles: 1-0, m.14: 1-1, m.18: Fabio culmina unha boa combinación con Juan Álvarez e Fran; 2-1, m.33; 2-2, m.52: Josiño á saída dun córner.
Escaparon vivos
Levaba unha boa xeira o Victoria (6º na táboa), pero acabaron pedindo a hora. Mereceron gañar os dumbrieses, sobre todo no segundo tempo. E iso que no primeiro estiveron peor, e contaron con algo de sorte e Isma estivo moi atinado, que salvou ao equipo nuns últimos malos minutos da primeiro tempo.
Pero cambiou a conta na segunda, e dende o comezo o equipo foi polo partido e chegaron varias e boas ocasións aproveitando a velocidade de Martín, Fabio e Tajes foi clara: unha de Ayoze que sacaron baixo paus, unha de Lojo, unha de Tajes lambendo o pau e outro dende fóra da área, mentres os locais acabaron pedindo a hora.
Crónicas das Ligas Autonómicas
- X.1: Primeiro paso, adiante.
- X.3: Un liderato e un primeiro punto para medrar.
- X.4: Tarde de alta escola no Conco.
- X.5: Unha cara derrota e unha doce vitoria.
- X.7: Líderes e internacionais.
- X.8: Un liderado con vitoria frouxa e un empate con xogo bonito.
- X.9: Xornada para esquecer.
- X.10: O Dumbría volve mandar na Liga Galega Xuvenil.
- X.11: Doble tropezo pero boas sensacións.
- .12: Un empate con susto.
- X.13: Podemos ata co líder.
- X.15: Doble alegría.
- X.17: Sumando por Carlos.
- X.18: Os Xuvenís manteñen o pulso polo ascenso.
- X.19: De ti a ti ao Dépor.
- X. 21: Duro varapau.
- X.22: Dúas finais, unha alegría.
- X.23: Un potiño quente e un xerro de auga fría.
- X.24: Hai vida para os cadetes.
Máis información
- O cadro da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).