sábado. 14.12.2024
El tiempo

Ligas Galegas: De ti a ti ao Dépor

Ligas Galegas: De ti a ti ao Dépor
O Dumbria disfrutou do Mundo do Futbol-Foto-Canaldeportivo Imaxe do choque do Dumbría o ano pasado no Mundo do Fútbol-Foto-Canaldeportivo

Non se notou a diferencia na táboa entre Deportivo e Dumbría. O cadro dumbriés pelexou ata o final por un puntiño en Abegondo pero a sorte non a tivo de cara e volveu de baleiro pero con moitas esperanzas. Agora chegarán para os costeiros partidos fronte rivais directos na dura pelexa pola permanencia na División de Honra Cadete.

Non foron mellores as novas para o Xuvenil da Liga Galega, que caía na Coruña.

Mentres escapa o Vilalbés no liderado, cae á 4ª praza o cadro dumbriés pero a só 1 punto da 2ª praza, que tamén vale o ascenso  

Liga Galega Xuvenil, xornada 19

  • Resultado: Montañeros - Dumbría (3-1)
  • Dumbría: Bruno, Jacobo (Isma, m.73), Pablo, Canario, José Miguel; Yerai ( Gabi, min 77), Mauro, Maikel ( Raúl Lago, m.83), Edu, Javi Antelo e Juan de Dora.
  • Goles: 1-0 , m.9: Claudio; 1-1, m.62: Juan de Dora a pase de Javi; 2-1, m.67: Jacobo; 3-1, m.70: Pedro.

Escaparon os herculinos

Extrano partido o que xogou na tarde do sábado o Dumbría na Grela 1, na súa pelexa na zona alta da Liga Galega xuvenil.

Extrano porque o potencial individual do equipo costeiro parecía superior, pero costoulle fiar o seu xogo e veuse superado por mometos polos contraataques do montañeros, contundente no medio, e veloz nas alas. De esa maneira os coruñeses xeraron as primeiras ocasións do partido, pero os milagros en forma de paradas de Bruno, mantiveron ata en tres ocasións o Dumbría sen encaixar. O Dumbría, tamen intentaba acercarse, e consegguíao coa velocidade dos seus puntas, como unha que Javi habilitou a Juan de Dora, que só diante do porteiro elevaba excesivamente o balón cando se cantaba o gol.
O partido chegou o descanso coa sensación de que si o dumbría apretaba un puntiño, e se pertrechaba ben contra as contras do rival, sería capaz de levarse os 3 puntos.

Pero o segundo tempo comezou coa mesma tónica, e o Montañeros empezou facendo perigo tamén a balón parado, aínda que Juan a pase de Maikel tamén tivo a súa segunda ocasión. Logo dunha sucesión de corners na área dumbriesa, chegou o primeiro gol local. O Dumbría non se descompuso e cercou de inmediato a portería rival, e logo dun saque de banda, cun desmarque moi intelixente de Javi Antelo, que despois asistiu a Juan, que marcou de tiro colocado. Cando mellor parecía estar o Dumbría, comezando a combinar con sentido, chegou unha incomprensible perda de maikel ó borde da área na saída de balón que propiciou un disparo ó longueiro do Monta, e no rechace, de cabeza o centro dianteiro local volvía a desnivelar o marcador. Este golpe si o acusou o Dumbría, que pouco despois vía como un balón que sobrevolou a zaga de maneira diagonal, chegou a un centro, rematado con inusual soledade polo dianteiro do Montañeros.
Os cambios e o arreón final do Dumbría encerraron ó Montañeros, con ocasións pero sen acerto para sumar algun dos puntos en xogo.

 

División de Honra Cadete, xornada 18

  • Resultado: Deportivo - Dumbría (2-1)
  • Dumbría: : Isma, Josiño, Ayoze, luís Mayan, Erre (Lojo, m.62); Brais Fernández, Fabio (Jhonny min. 74), Juan Álvarez, Martín (Fran Moreira, m.68), Mario (Tajes, m.51) e Adrián.
  • Goles: 1- 0, m.37: Javi Armas, marca un golazo de falta directa; 1-1, m.44: Juan Álvarez marca un golazo de volea coa zurda desde o pico da área. Golazo; 2-1, m.72: César Rodríguez, recolle un rechace no borde da área e tira con potencia, rozando nun defensor e colándose a rentes do pau da porta de Isma.

Prantando cara a todo un Depor

Partidazo de orde, esforzo, actitude e intelixencia táctica do Dumbría na mañá de sábado en Abegondo. O Depor saiu mandando, como era de esperar, pero enfrente topouse cun equipo moi disciplinado e organizado, que neutralizaba as acometidas coruñesas, sin conceder ocasións, ainda que ó Dumbria tamén lle costaba saír da presión tras perda dos locais. Con todo isto, o primeiro tempo transcurriu sin demasiadas ocasións. Tan só unha boa parada de Isma, mediado este período. O gol preto do final do Depor, chegou gracias ó talento do seu capitán Javi Armas, que colocou na escadra un golpe franco directo, cando o ataque deportivista estaba máis atascado.

No segundo acto o Dumbría tratou de estirarse, sobre todo buscando as saídas polas bandas, e nunha desas, logo dun saque de banda combinado, o balón chegou ó zacense Juan Álvarez, que, de volea co exterior do seu guante zurdo, describiu unha parábola imposible para o meta Antón.

O Dumbría seguía afianzado no seu traballo defensivo, pero cada vez mais preto da súa área e máis canso. O Depor volcouse, e empezou a xerar ocasións, pero tanto a zaga capitaneada por un imponete Ayoze, como a gran actuación de Isma, facían que as táboas se alargaran no segundo acto. O míster coruñés moveu as suas fichas, e o Depor encerrou ó Dumbría, ata que nun balón solto no borde da área, o recollía o medio centro rival, e con algo de fortuna o aloxaba na rede visitante.

O Dépor, a partir dese momento optou por tratar de conservar o que acadara con tanto sudor, metras o Dumbría tratou de estirarse, aínda que sin demasiadas forzas xa, pero si con orgullo de buscar un punto ata o final.

 

Crónicas das Ligas Autonómicas

Máis información

Fonte

Comentarios