![Image Image]()
3ª xornada e xa é momento para ir dando conta dos
goleadores das Ligas da Costa. I é que xa temos algunha que outra figura que sobresae do resto.
Do primeiro que hai que falar é de
Luis (vémolo na primeira foto lanzando a gol esta semana ante o Lira co brazalete de capitán). Non pasan os anos polo eterno adestrador-xogador do Nantón, que xa leva nada menos que 7 tantos en 3 encontros. É, con diferencia, o pichichi da
3ª Autonómica, por diante do muradán
Seluco e do xogador do Pereiriña
Víctor.
Non desmerece o papel que está a desenvolver na
Liga da Costa un fisterrán en Camariñas.
Mané xa leva 5 goles, e supera en un ao cormelán
Iago, que avisa que estará outra vez loitando polo pichichi.
Na
1ª Autonómica parece que o pichichi ten nome propio.
Adrián Mackaay comeza o ano como rematou o anterior: marcando. Xa leva 4, e se non o evitan os
Llanero ou
Taski, parece que levará a honra.
3 xornadas marcando
Un detalle co que nos podemos quedar destas 3 primeiras semanas é o mirar cales son os dianteiros que marcaron en todos os encontros. Un deles é
Luis, claro, o único da súa categoría.
Na Liga da Costa,
Mané, Manoliño e Neucha marcaron nos 3 encontros, mentres que Jorge Pichel leva marcados nos dous encontros que xogou pois non puido estar na 1ª xornada.
Tamén outro fisterrán, desta volta en Dumbría, leva marcados nos 3 encontros da 1ª Autonómica. I é que o seu apodo ten nome de gol:
Adrián Mackaay (aquí o vemos de blanco a pasada semana ante o Perlío).
Goleadores
Máis información