Domingo. 03.11.2024
El tiempo

Luís, un trallazo que vale un derbi

Luís, un trallazo que vale un derbi
Non foi o primeiro e non cremos que sexa o último. O golazo de Luís para axusticiar ó Xallas é un de tantos que leva o sutil xogador da SD Sofán na súa dilatada carreira. Bergantiños, Montañeros, Laracha, Xallas, Dubra e Sofán coñecen ben das súas cualidades: calidade, unha zurda que é un guante, unha explosividade na primeira acción que deixa sentado ó defensor máis pintado e liderazgo nos momentos difíciles. Un deses momentos foi o domingo e Luís fixo o que se espera del, poñer o seu fútbol ó servicio do equipo, e de paso facer gozar ó afeccionado imparcial dun gol dos que fan época. sofan-xallas Luis tentando desbordar a Puyi QPC - Como enganchaches ese balón, eh... Pegueille ben, si. A veces eses disparos saen ás nubes pero por sorte desta volta saíu ben. Non é fácil batir a un gardameta como Julián, e telo acadado foi unha ledicia enorme. Ten un sabor especial este tipo de goles, sobre todo ante un ex equipo no que teño bos amigos. QPC - E ademais co difícil que se vos puxo o encontro. Si, sabiamos que ía ser un partido difícil, como son todos contra o Xallas, pero a verdade é que cando encaixamos o primeiro tanto non as tíñamos todas con nos. Por sorte Félix puido igualar pronto, e cara o final, cando xa creo que ós dous nos valía o empate, puiden agarrar ese disparo. QPC - Dous partidos na casa e dúas victorias. Como estades levando o desterro nas Eiroas? Pois adaptándonos como boamente podemos.  A nosa casa é o Carral, que ten unha maxia especial, pero sabemos que esta é unha situación temporal e en Carballo tamén nos sentimos moi ben. Levamos anos adestrando alí, e o único problema é adaptarse ás dimensións do campo, pero creo que pouco a pouco o equipo se está a sentir mais seguro nese aspecto. QPC - Ten pinta esta Preferente de que vai ser a cara de can. A verdade é que parece mais igualada que o ano pasado, que xa de por si foi moi difícil polo número de arrastres que houbo. Este ano da a sensación que non hai diferencia de nivel entre os equipos, e os partidos van a ser durísimos. Pero mais ou menos está o tema como esperábamos. Nos montamos un equipo competitivo e esperamos ir a mais xornada a xornada, aínda sabendo da dureza da categoría. QPC - Como ves ós outros equipos da Costa na categoría? O Xallas pareceume un equipo competitivo, e que vai ir crecendo co paso dos partidos. A presencia de Doro para eles é moi importante, e cando esté a tope vano a notar. Teñen xogadores moi importantes para a categoría e seguro que fan unha boa tempada. Luís do Sofan ante Baleato do Bergantinos Ante Baleato nun encontro contra o Bergantiños O Dumbría estame a sorprender, pero relativamente. Xa todos coñecemos ós xogadores de sempre que alí están: Aarón, Mackay, Iago... e ademais parece que teñen unha boa fornada de xente xoven. Ogallá que os tres equipos poidamos celebrar a permanencia xuntos. QPC - Permanencia, ese é o voso obxectivo. Que un equipo coma o Sofán esté en Preferente xa case é un milagro. Eso fala do bo facer da directiva, que teñen montada unha estructura de clube envidiable, sínteste moi cómodo xogando para o Sofán, e acabas querendo ó clube e deixando todo no campo. Coa boa labor de todos si conseguimos un ano mais manter o equipo será un éxito.   Luís, un referente na SD Sofan, que tanto vende froita no seu negocio como lle marca un golazo o equipo máis pintado. Sempre é un gusto ter xogadores destes nos nosos clubs.    

Comentarios