Venres. 13.09.2024
El tiempo

Manu Dosil xa é protagonista do Campionato

Manu Dosil xa é protagonista do Campionato
Manu Dosil a esquerda no podio do Campionato Galego de Duatlon Manu Dosil á esquerda no podio do Campionato Galego de Duatlón

Vaia se hai vida despois do fútbol da Costa… E se non, que llo pregunten a Manu Dosil, que varios anos despois de deixar o céspede, segue medrando na disciplina de duatlón. Esta pasada fin de semana, subía ao segundo escalón do podio no Campionato Galego de Duatlón 2016, celebrado no marco do XXVI Dúatlon Concello de Lugo “Memorial Alejandro López”.

O muradán, don club Olímpico de Vedra, superou as pésimas condicións meteorolóxicas, con rachas moi fortes de chuvia e de vento, que protagonizaron a proba organizada pola Federación Galega de Triatlón.

O mesmo atleta recoñecía que “por fin me sentín protagonista”, demostrando que ten moito que agradecer aos seus colaboradores, pero tamén que ten moita pista por diante.

O muradán quedaba na 4ª na proba lucense, pero por puntos consegue unha valiosísima prata por detrás de Gustavo Rodríguez e por diante de Alejandro Álvarez.

I Duatlón "Eleuterio Balayo" Muros

I Duatlon Eleuterio Balayo Muros

Manu Dosil será o meirande estandarte do I Duatlón “Eleuterio Balayo” de Muros. Este martes ás 23:59h, remata o prazo de inscrición para a proba que se celebrará o sábado 16 de abril.

 

A Gran maratón de Míchel

Michel Antelo venceu na Carreira de Cabana Michel Antelo afronta este domingo os 42K da Maratón da Coruña

Outro ex futbolista que anda moi forte sen balón é o vimiancés Míchel Antelo. Onte participaba na Media Maratón Vig-Bay. Quedaba de 19ª entre os 2000 participantes pero esquecía o chip na casa e non lle conta a casificaión. En todo caso, un foi un gran tempo, e o vimiancés xa pensa na Gran Maratón dos 42k da Coruña deste domingo.

Novas relacionadas

  • Míchel e Manu Dosil, hai vida no deporde despois do Fútbol da Costa.

Fonte

Comentarios