mércores. 04.12.2024
El tiempo

Marcos Molk: "Deporte, formación e Carballo. DIMOLK tiña que apoiar o Congreso de Fútbol"

Marcos Molk: "Deporte, formación e Carballo. DIMOLK tiña que apoiar o Congreso de Fútbol"
Marcos Molk e David Velo de Dimolk Marcos Molk e David Velo, co novo 2008, no Concesionario DIMOLK, patrocinador oficial do Congreso de Fútbol Concello de Carballo

Adicamos hoxe un tempo ao I Congreso de Fútbol Concello de Carballo e aos que fan posibles estes eventos. O propio presidente do Deportivo e Padriño do evento, Tino Fernández, facía referencia na presentación oficial do Congreso á necesidade de que as grandes empresas da zona colaboren para facer realidade estes proxectos, e por iso, hoxe queremos coñecer aos patrocinadores que fan posible que acheguemos os mellores coñecementos a Carballo.

Para iso, falamos con Marcos Molk, responsable de marketing e calidade e un dos 3 irmáns socios do Concesionario de Peugeot DIMOLK de Carballo, e, David Velo, responsable de Ventas, e ademais un deses adestradores comprometidos ca formación, pois foi unha desas persoas que traballa arreo para que saian adiante os Cursos de adestradores na Costa da Morte. DIMOLK é o patrocinador e o coche oficial do I Congreso de Fútbol Concello de Carballo.

 
  • QPC: Por que DIMOLK apoia un evento deportivo como o I Congreso de Adestradores Concello de Carballo?

Dimolk leva comprometido co deporte dende que naceu, dende 1984; e a nosa marca sempre apostou pola formación, e aquí van vir os mellores. Deporte, formación e Carballo. Tiñamos que estar aí.

 
  • QPC: Que máis aportan estes eventos para a zona?

A nivel turístico son un gran escaparate para a Costa da Morte. Indo de viaxe por aí decátaste que vistas como as do Monte Pindo non as hai en ningures, nin as do Cañón do Colorado, onde estiven eu, e vías pasar helicópteros e centos de persoas. E aquí, moi pouco. Fai falta unión e que haia menos piques, para aprender a ensinar máis conxuntamente o nome "Costa da Morte".

 
  • QPC: DIMOLK ten unha vinculación especial co Deporte dende hai moitos anos, dende a pista e dende fóra, non?

Pois si. A nosa familia sempre estivo vinculada ao deporte. O meu pai foi o que comezou co concesionario e el, como é máis futboleiro, sempre estivo apoiando ao Bergantiños. Nós, os 3 irmáns, que seguimos co negocio familiar aquí e co concesionario DIMONORTE de Santiago, e co Bergantiños seguimos. Pero como Camilo é de balonmán e Manuel emais eu tiramos polo baloncesto, tamén apoiamos ao Xiria dende o primeiro momento. E de feito, DIMONORTE é patrocinador oficial do Obradoiro.

 
  • QPC: Apoiades dende fóra, pero tamén dende dentro da directiva do Baloncesto Xiria, non si?

Si, eu son directivo da Escola Basket Xiria de Carballo, que o ano que ven terá nova presidencia tras deixar o cargo Diego Vázquez Reino. Seguiremos intentando que o Baloncesto medre na comarca de Bergantiños e por extensión en toda a Costa da Morte.

 
  • QPC: Porque a familia baloncestística do Xiria é tremendamente numerosa. Canta xente move?

Pois o Basket Xiria conta cuns 500 rapaces ao seu cargo: uns 160 nenos en Carballo, aos que hai que engadirlle os 130 do Artai, colexio vinculado ao club, 100 nenos nas Escolas de Laracha e 50 das de Ponteceso, dúas escolas dependentes do Xiria, e a de Ponteceso neste o que foi o seu primeiro ano e con moito futuro. Temos ademais un convenio de filialidade co Leyma Basquet Coruña, de feito este ano tivemos aquí un rapaz do Leyma, e esperamos seguir compartindo os seus éxitos.
No tocante á familia do Balonmán, son nada menos que 180 persoas.

 
  • QPC: Falando do sector automobilismo. Como van as ventas neste 2016? Melloraron?

Seguramente estamos saíndo, pero non creo que volvamos nunca aos números de antes da crise. Nós estamos cumplindo obxectivos, creo que o sector estase situando nunhas cifras máis realistas. Antes da crise chegamos ao 1.600.000 de matriculacións ao ano en España e agora andamos polo 1.100.000. A realidade española debería estabilizarse arredor destes números.

 
  • QPC: E Peugeot, como está situada na zona?

Peugeot é marca líder na Costa da Morte. A nivel estatal anda cun 8% de penetración e na Costa da Morte temos un 15%. Dá conta do bo traballo dos concesionarios DIMOLK de Carballo, e os nosos socios, Álvarez en Cee e Senra en Dumbría, e indica que estamos traballando no bo camiño.

 

Novas relacionadas

Máis información e inscricións

Fonte

Comentarios