Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Mario Díaz López consegue outro torneo e baixa o seu hándicap

Mario Díaz López consegue outro torneo e baixa o seu hándicap
Mario Diaz Lopez golf Carballo Hercules CG Mario Díaz López

Novo triunfo do xogador de golf carballés Mario Díaz López, logo de disputar esta fin de semana o Torneo de Outono, no campo de golf do balneario Augas Santas de Lugo. Conseguiu acabar en 1ª posición empatando a 40 puntos con outro xogador, conseguindo ademais unha nova baixada do seu hándicap de 1,2 puntos.

Ademais este domingo celebrou co resto de compañeiros do seu equipo (Andrea Fernández, Jorge Ramos, Andrew Hill, Javier Ramos, Antón Pérez, Jose Trillo, Manuel Santos, Yago López e Juan Cagiao), unha festa organizada polos seus pais nas instalacións do Hércules CG para celebrar e facer entrega ao club da copa gañada polo subcampeonato de Galicia conseguido recientemente por todo o equipo. Tamén asistiron á festa os patrocinadores do equipo Restaurantes ALIA DIE e ITUDE S.L.

O Hercules Club Golf de celebracion O Hércules Club Golf de celebracion

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/mario-diaz-lopez-remata-a-temporada-como-subcampion-por-equipos-da-liga-galega-xuvenil-de-golf/ https://quepasanacosta.gal/mario-diaz-a-esperanza-carballesa-do-mundo-do-golf/

Comentarios