Venres. 19.04.2024
El tiempo

Marta Calvo debutou ca Selección Galega sub17

Marta Calvo debutou ca Selección Galega sub17
Marta Calvo ca Seleccion Galega sub17 Marta Calvo, 7ª pola esquerda, ca Selección Galega sub17 celebrando as vitorias Recordará moito tempo este 16 de decembro de 2018, a boa de Marta Calvo. Aos seus recén cumplidos 15 anos, a xogadora da Serra debutou nada menos que coa Selección Galega Sub17, na primeira fase do Campionato Nacional de Seleccións Autonómicas Femininas, que se disputou en Santa Isabel (Santiago). A defensa non saltaba ao campo na vitoria sabatina ante Extremadura por 0-2. Pero si o facía no m.86 da vitoria ante Castilla y León, xa co 3-0 no marcador, e ante os berros das siareiras galegas. https://www.facebook.com/directivaOfc/videos/1900424486742090/?t=2 Unha grandisima experiencia para a nova xogadora costeira, nesta perfecta fase para as galegas, que lle permite afrontar a segunda fase con todas as opcións intactas de pelexar por estar na fase final, para a que se clasifican as catro selecciones de cada categoría con maior número de puntos sumando as dúas fases. Ademais, ao ser primeira de grupo Galicia volverá ser anfitriona na segunda fase, que se disputará no mes de febreiro.  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/marta-calvo-pega-un-salto-de-idade-e-xa-vai-ca-seleccion-galega-sub17-ao-campionato-nacional/ “Laura Torrado e Marta Calvo, subcampionas galegas coa Coruñesa sub15” — Que pasa na costa “Marta Calvo: Igualdade no Fútbol da Costa” — Que pasa na costa

Comentarios