Xoves. 07.11.2024
El tiempo

Martín Varela inicia, sen patrocinio, a tempada de tenis en cadeira de rodas 2011 en Italia

Martín Varela inicia, sen patrocinio, a tempada de tenis en cadeira de rodas 2011 en Italia
O cormelán máis internacional, Martín Varela, integrante da sección de deporte para discapacitados A.D. Cempés, inicia este xoves 17 de marzo a tempada 2011 de tenis en cadeira de rodas. O debut do cormelán será na cidade italiana de Cuneo, na duodécima edición do torneo internacional "Alpi de Mare, Trofeo Cidade de Cuneo", torneo que se celebra entre o 17 e o 20 de marzo, e ao que acoden varios dos mellores xogadores europeos de tenis en cadeira de rodas.

Obxectivos

Martín Varela márcase como obxectivos para esta tempada: realizar un bo papel na Copa do Mundo e participar en todos os torneos internacionais que lle sexa posible, para loitar por unha praza no equipo nacional para participar no próximo ano nas Paraolimpiadas de Londres.

Buscando patrocinios

Para intentar alcanzar estes obxectivos, Martín aínda non ten un patrocinio que lle asegure contar co orzamento necesario para afrontar este duro ano no que terá que viaxar por varios continentes de aquí a final de ano.

Salto na carreira

A tempada 2011 será clave na carreira deportiva do cormelán, xa que para conseguir un bo ranking internacional deixará de lado os torneos nacionais e terá que competir cos mellores tenistas en cadeira do mundo. Para iso, Martín realizou dous duros meses de pretemporada coa intención de chegar nas mellores condicións á Copa do Mundo, que se celebra a finais de abril en Sudáfrica. Na súa preparación para esta cita, competirá en Cuneo (Italia), Cataluña e Marbella, e non poderá acudir á última cita preparatoria a Israel por falta de orzamento.

Novas relacionadas

Máis novas

Outras novas

Fonte

Comentarios