Venres. 26.04.2024
El tiempo

O cormelán Martín Varela prepara a nova tempada e fomenta hábitos saudables polo país

O cormelán Martín Varela prepara a nova tempada e fomenta hábitos saudables polo país
Prepararon a nova tempada atópase o cormelán Martín Varela. O tenista en cadeira de rodas, un dos 3 mellores de todo o estado, continúa traballando na pista (e coidando dos libros da súa librería), mentres o seu irmán Esteban busca e busca novos patrocinadores. Novas colaboracións que lle permitán ao cormelán poder acodir ás citas internacionais, e seguir soñando coa Olimpiada do 2012. Pero non só se dedica a adestrar esta figura do deporte. Tamén se preocupa de fomentar hábitos saudables entre a mocidade do país. Así, o campión de dúas copas de España de tenis en cadeira de rodas asistiu esta semana a Ourense, para dar unha charla e talleres prácticos sobre vida saudable e deporte aos alumnos do Colexio Salesianos. Trátase dunha actividade organizado para a Fundación Fedys encadrada na campaña "Somos acti­vos". Foron máis de 120 os alumnos ourensáns que escoitaron e viron o "Así me coido eu" de Martín. Un Martín que tratou dous contidos fundamentais, a nutrición e hábitos alimenti­cios, e a actividade física diaria. Diso a el non lle falta. Marga Borreguero, direc­tora da fundación, destacou que "nesta ocasión a presencia de Martín Varela tiña un valor engadido porque tamén lles falou aos mozos da importancia do deporte adaptado. Ademais, sempre tratamos de incluír unha actividade práctica que neste caso era o tenis en cadeira de rodas, que sempre re­sulta moi espectacular. Ade­máis, os nenos puideron ju­gar con el, nunha exhibición. Os nenos quedaron moi sor­prendidos e colaboraron tan­to en con o deportista como nos talleres".

Novas relacionadas

Outras novas

Máis novas

  • Martín Varela non pode con Kiko Tur no Open 500 de Valencia.
  • Martín Varela finalista por partida dobre no Open de Ferrol .
  • Martín Varela finalista no Open Comunidade de Madrid e campión de dobres.
  • Martín Varela xa é o número 1 do ranking nacional.
  • Martín Varela gaña o seu primeiro Open Internacional e foi convocado coa selección española.
  • A bitácora da semana (XXXVI): A bitácora de Martín Varela.
  • Martín Varela, protagonista dunha nova e xove reportaxe.
  • Fonte

    Comentarios