Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Martín Vecino: a sub-15 é unha realidade

Martín Vecino: a sub-15 é unha realidade
O pasado mércores foi a estrea da nosa flamante selección sub-15 en Cambados, no campeonato de combinados comarcais. Nos dous enfrontamentos ante Coruña e Ourense, o mesmo resultado, 4-0. Iso non foi impedimento para que os nenos tiveran unha experiencia fantástica, enriquecedora e que terá continuación en próximas citas. Falamos con un dos adestradores do combinado, Martín Vecino, e isto nos contou: Martin Vecino e Josino Abelenda as ordes da Seleccion Sub15 da Costa Martín Vecino e Josiño Abelenda estiveron ao mando técnico da Selección Sub15 da Costa QPC - Que tal foi a experiencia?

A experiencia foi boa,positiva. Nunca se deixa de aprender,sempre se aprenden cousas e mais no fútbol. Seguro que os rapaces tamen aprenderon cousas e seguro que para eles foi unha boa experiencia que lles gustará repetir.

QPC - Como foi o comportamento do equipo?

Estamos contentos con todo o esforzo que fixeron os rapaces. Hai que darse conta que os rapaces cos que nos contamos xogan en equipos de liga comarcal e competimos contra equipos con xogadores que xogan en ligas galegas.

QPC - Iso é un claro handicap da nosa selección. Supoño que o nivel do torneo sería elevado.

A verdad e que hai un gran nivel en todalas seleccións,sobre todo na selección Coruñesa e na de Vigo, xa que como dixen contan con rapaces que compiten cada fin de semana en ligas galegas en equipos como Deportivo e o Celta.

QPC - Teremos que convivir con iso cada vez que vaiamos competir con eles.

Todalas seleccions teñen moitos mais rapaces donde elexir que nos,e rapaces que xogan en ligas moito mais esixentes cas da costa(xa q nos en liga galega so contamos co Dumbria);ademais os rapaces das outras seleccions están todas as fins de semana competindo en ligas galegas que son ligas mais importantes tanto a nivel técnico como físico.

QPC - Sobre este tema, por que non se convoca a nenos que xogan no Bergantiños? Dase o caso que nenos destacados na liga galega como Iker Traba de Cee ou Isra de Corme non poden xogar coa selección sub 15 costeira.

Non me quero meter neses temas, si que é verdade que esta estipulado así e non se pode facer outra cousa que cumplir as normas. A min polo que me fastidia é sobre todo por todos os rapaces da costa cos que conta o Bergantiños que queren defender a selección costeira e formar parte disto. Ademais seguro que nos axudarían a subir un pouco o nivel competitivo da selección xa que son rapaces que xogan todas as fins de semana en liga galega.

QPC - Como se confeccionou esta selección? cal é a dinámica de traballo dos seleccionadores?

Tanto eu como Josiño vimos moitos partidos e tiñamos moitos xogadores en vista para vir tanto os entrenos como os torneos, e intentamos que na selección estén representados os mais equipos da costa posibles sempre partindo da base de facer o equipo mais competitivo posible  xa que sabemos do nivel do resto de seleccións. Seguro que moitos dos rapaces que non viñeron nesta convocatoria terán a oportunidade de vir noutra ocasión; ademais este ano a liga cadete da costa parece que está moi igualada e iso seguro que axuda ós rapaces a competir cada fin de semana o 100% e o seu nivel mellorará.

Comentarios