Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Mauro Romaní: talento local en Arliña

Mauro Romaní: talento local en Arliña
No partidazo da xornada venceu o Muxía ó Corme en Arliña e confirmou a súa candidatura a todo este ano. Despois de ser o equipo revelación a tempada pasada, parece que o proxecto sigue adiante con coherencia e bo facer, dando continuidade ó corpo técnico e ó plantel que tan ben o fixo o ano pasado, e con un par de grandes reforzos, o equipo parece chamado a cotas maiores. A política do club de reclutar ós xogadores da zona está dando froito. Un deses xogadores de talento é Mauro Romaní. Despois do seu paso por Dumbría, o sutil centrocampista está a dar o seu mellor fútbol no equipo de Adrián Lema. É Mauro un deses talentos emerxentes que temos sempre no noso fútbol, e haberá que seguir a súa progresión con atención. Falamos con el de como está a ver o inicio de tempada: QPC - O domingo lograstes unha gran vitoria ante un rival directo.  Foi o partido máis duro ata agora. Só van cinco partidos pero creo que vai a ser un dos máis complicados de cantos xoguemos. Os meus compañeiros estiveron pletóricos na recta final facendo un desgaste físico incrible para defender o resultado. No primeiro tempo merecemos meter algún gol máis, aínda que Alejo tivo unha boa ocasión. Nos tivemos unha boa de Toja, e fixéronme un penalti a min que creo que é claro, tiven eu outra que fallei, e creo que o resultado ó descanso era xusto. No segundo tempo con dez homes eles apretáronnos, e nos a sufrir e a correr, defendemos con todo e estivemos moi ben. Se corremos así en todos os partidos vai ser moi difícil ganarnos. QPC - A liga estase a romper por arriba. Parece que catro equipos pelexaredes o título. Si, é certo, e ogallá que nos estemos ahí arriba con eles. Eu teño fe total no Muxía, dende logo. Estamos moi ilusionados cos resultados que estamos a obter, e esperamos seguir así. QPC - Que mellorastes con respecto ó ano pasado para dar ese salto de calidade que vos faltaba? Melloramos varias cousas. En ataque somos máis verticais, aínda que sufrimos un pouquiño cando se nos encerran os equipos rivais. Cando temos o balón cóstanos marcar en ataque estático. O que estamos moi ben é na defensa, que non hai quen pase por ela. QPC - Como te atopas a nivel individual? Atópome moi ben. Véxome mellor que o ano pasado, con máis chegada á area rival, pero aínda queda moito que leirar para estar a tope. Ando cun nocello algo fastidiado, e espero recuperarme pronto para poder seguir progresando e mellorando. QPC - Qué está a pasar en Arliña para conseguir formar ese equipazo que estades facendo? O que está a pasar é que hai moita ilusión no equipo, e moitas ganas de facelo ben e ganar partidos. Somos un grupo de amigos que nos levamos todos ben, e iso nos fai ser como somos. Estamos todos a unha, se a alguén lle pasa algo alí estamos todos. Saímos a cear xuntos, pasámolo ben xuntos e adestramos xuntos, e así da gusto, non hai mellor cousa que adestrar contento e con ganas de xogar ó fútbol cos teus amigos. QPC - Veremos un Muxía campión? A liga é moi longa. É unha cousa moi difícil ser campión. Non o metemos de obxectivo para nada, nos queremos mellorar o do ano pasado, marcar máis goles, e se somos capaces de máis cousas, non renunciamos, pero é moi difícil, hai equipos moi bos na liga. QPC - E Mauro? Verémolo no Muxía moito tempo ou pensas en outras cotas? Eu no Muxía a muerte. Tampouco me chega nada novo doutros equipos, pero só penso no Muxía. Facía moitos anos que non disfrutaba tanto do fútbol, estou na miña casa, e non hai un escudo que máis che represente que o do equipo do teu pobo. O máximo nivel que vou dar penso que vai ser aquí, por ganas de defender esta camiseta. Se houbera ofertas de outras categorías claro que se escoitan, por respeto a todos, pero de momento a tope co Muxía.

Comentarios