Mazaricos celebra un torneo solidario con Adisbismur mentres comeza a pretempada
Comeza a pretempada para moitos equipos, como a UD Corcubión, que onte botaba a andar da man do seu novo adestrador, Manolín. O seu Presidente Casimiro afronte un ano de retos, pois o míster xa pensa en estar, cando menos, na zona alta e con posibilidades cando queden 8 ou 10 xornadas. O plantel, bastante renovado, ten moi boa pinta.
Torneo solidario en Mazaricos
Ademais, esta fin de semana a cita deportiva máis intersante será no Campo da Pedra do Ouro, no Pindo do Val, Mazaricos. Alí celebrarase un torneo benefico en favor da Adisbismur(Asociación de Discapacitados da Bisbarra de Muros). Terá lugar o sábado e domingo cun formato como o antiguo Teresa Herrera.
Os equipos participantes son: Mazaricos, Outes, Carnota e Veteranos da Terra de Xallas. E estes serán os horarios dos encontros.
- Sábado 21, ás 16:00h: Outes - Carnota.
Ás 18:00h: Mazaricos- Veteranos da Terra da Terra do Xallas. - Domingo 22 ás 17:00 xogarase o 3° e 4° posto, e ás 19:00h da tarde a final.
Os rapaces da Adisbismur teñen preparadas unhas coreografias para os descansos dos partidos. Ademais sortearase un xamón xunto con artesanía feita polos rapaces.
Novas relacionadas
- O fútbol e o volei praia serán os protagonistas da Festa da Praia do Ézaro.
- Movementos de pretemporada no fútbol da Costa.
- Os Piratas de Caldebarcos puideron coa Selección da Costa en Lombáns.
- O Corme segue buscando apoios para a súa proposta de ascenso.
- Vídeoentrevista de Ángel Garrido con Charro.
- Un pontecesán e un carnotán entre os Mellores do Mundo do Fútbol Praia.
Máis torneos
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).