Venres. 26.04.2024
El tiempo

Mercado de fichaxes do Fútbol da Costa

Mercado de fichaxes do Fútbol da Costa
Altas e Baixas do Futbol da Costa O mercado de fichaxes do Fútbol da Costa E xa con todos os calendarios das ligas federadas en www.futboldacosta.com, así que é o un bo momento para facer balance das fichaxes de cara á nova temporada, e poder analizar como veñen os equipos. Son moitos os nomes de grandes xogadores que cambian de camisola este curso. Adrián Makaay, por exemplo, o escollido Mellor Xogador do ano pasado, deixa o seu Fisterra e volve ao Dumbría a competir na mesma categoría. Equipos como Sofán, ou Zas parece que se reforzan ben para afrontar novos desafíos en categorías superiores. Na Liga da Costa atopamos Interesantes movementos por exemplo entre Baíñas, Castriz, Baio e Zas. Javi Suárez sao do Baíñas volve a Baio, e a cambio o Baíñas fíchalle ao Zas a David Blanco, e o Zas incorpora a Álex Flores, entre outros, do Castriz. Hai renovacións completas, como a do Malpica ou o propio Baíñas de Tasky. Parece que a 3ª estase reforzando moi ben e proxectos como o do Muxía ten moi boa pinta. Disque calquera dos equipos podería competir na 2ª perfectamente.

Adestradores

Son 13 equipos os que renovan o banco, se ven algún volve a casa como Roland Caamaño ao Castrelo, Lentejo ao Corme ou Óscar Suárez ao San Lorenzo. Por arriba mantéñense os do ano pasado.    

Novas relacionadas

 

Máis información

Fonte

Comentarios