Domingo. 06.10.2024
El tiempo

Mercado de fichaxes (II): 2ª e 3ª Galicia

Mercado de fichaxes (II): 2ª e 3ª Galicia
Se o outro día analizábamos como estaba o mercado de fichaxes en Preferente e 1ª Galicia, hoxe tócanos desmenuzar os movementos que se están a producir na Liga da Costa e na 3ª Galega. Na 2ª Galicia só faltan por confirmar adestrador o Zas, o Malpica e o Ameixenda. No resto de equipos, varias novidades: o ex presi Mato colle o banco do Ponteceso. Emilio Corzón pasa do Corcubión o Baíñas. Torrila é o inquilino do banquiño do Buño e Diego Lobelos faise cargo do proxecto do Lira. Pesco será de novo a atracción da Liga da Costa En canto a xogadores, destacan os movementos en Mazaricos, onde recalarán entre outros Pose e Iago Dosil do Outes. O Ponteceso aposta decididamente pola súa canteira e recupera  a Aday do Bergantiños xuvenil, e ó foco da polémica do ano pasado, o meta Brais, un ano inactivo por culpa da directiva do Malpica. Dieguito volve ás súas orixes en Cerqueda, e o Baíñas busca o ascenso con incorporacións de calidade como Toño, Paulo, Luis, Victor e Naya. O pichichi de 3ª Cristian cambia Ameixenda por Lira, e o Volantes anima o mercado con incorporacións de gran nivel como Pesco, Rachón, Victor e Yanki. San Lorenzo-Bainas-Foto-David Pena Baíñas e San Lorenzo serán dous dos animadores do campionato Na 3ª Galicia varios equipos todavía non teñen adestrador e non parecen con prisa por conseguilo. As novidades confirmadas nos bancos son as de David Velo en CAstriz, Rocchi en Laxe, Fernando e Pablo en Cabana e Eloy en Coristanco. Pola súa parte hai unha retirada obligada, a do Outes B, e unha alta, a das Baleas, que será dirixido polo seu presidente Vicente. O Castriz é o equipo que máis se está a reforzar, coa volta de ex xogadores como MArtín, Bruno, Doriño ou Suso. No resto dos equipos moita continuidade, especialmente no descendido Coristanco, e pouco xogador novo.  

Comentarios