![Bo ambiente no Eleuterio Balayo para o Memorial Jano e Naso-Foto-Jose Sendon]()
Bo ambiente no Eleuterio Balayo para o Memorial Jano e Naso-Foto-Jose Sendon
Fin de semana de memorias futbolísticos na Costa da Morte. O Eleuterio Balayo, o campo de Lombáns e o Cairo acolleron citas moi emotivas que serviron ademais para a posta a punto de importantese equipos da
Liga da Costa de cara ao comezo da Liga.
Memorial Jano e Naso
![Capis de Esteirana e Muros entregando unha ofrenda as familias de Jano e Naso-Foto-Xose Sendon]()
Capis de Esteirana e Muros entregando unha ofrenda as familias de Jano e Naso-Foto-Xose Sendon
Emotiva cita a que se viviu no Eleuterio Balayo esta fin de semana co Memorial Jano e Naso. Os CD Muros e SCRD Esteirana celebraron esta fermosa homenaxe a aqueles dous mozos que perdían a vida nun accidente de 2008.
O partido, que
xa serviu o ano pasado para a presentación oficial do CD Muros, volvía acoller un fermoso derbi cun gran ambiente nas bancadas do campo muradán. O Esteiro demostrou que este ano estará na 1ª, e venceu por 1-2 ante un gran Muros recén ascendido a 2ª, e que prantou cara en todo momento, e só caeu nos últimos minutos.
Un choque que ademais foi solidario e serviu para recadar un montón de comida para Cáritas. A importancia destas citas veuse tamén ao final, cos xogadores dos dous equipos confraternizando na cantina.
![11 do Muros no Memorial Jano e Naso-Foto-Xose Sendon]()
11 do Muros no Memorial Jano e Naso-Foto-Xose Sendon
![11 da Esteirana no Memorial Jano e Naso-Foto-Xose Sendon]()
11 da Esteirana no Memorial Jano e Naso-Foto-Xose Sendon
2° Memorial Joaquín Formoso
O campo de Lombáns acollía o 2º Memoria que recordaba ao presidente Joaquín Formoso, 'Xaquín da portujesa'. O anfitrión, o novo Lira de Diego Lobelos, estreábase na casa, e vencía por 1-0 ao Monte Louro nun horario inédito, xa que comezaba case que á noitiña.
![Memorial en Lombans entre Lira e Montelouro]()
Memorial en Lombáns entre Lira e Montelouro
Homenaxe a Paco da Ruca
![Homenaxe a Paco da Ruca en Corme-Foto-Fin Lema]()
Homenaxe a Paco da Ruca en Corme-Foto-Fin Lema
O XVI Trofeo José Pailos “Tecelán” serviu para homenaxear a Paco da Ruca, un dos homes máis simbólicos do fútbol cormelán. A cantina do Cairo xa leva o seu nome.
O Soneira visitaba ao Corme na súa presentación oficial, e ambos conxuntos depararon un partido fermosísimo e cheo de goles. 3-4 venceron os soneiráns cun gol de Pichi no min.85 para romper a igualada.
![Cantina Paco da Ruca no Cairo-CormerCantina Paco da Ruca no Cairo-Cormer]()
A Cantina do Cairo xa leva o nome de Paco da Ruca no Cairo
![Foto do Corme oficial-Foto-Fin Lema]()
Foto oficial do Corme-Foto-Fin Lema
![O Soneira levou o trofeo Paco da Ruca-Foto-Fin Lema]()
O Soneira levou o trofeo Tecelán do Cairo-Foto-Fin Lema
Máis información
Novas relacionadas
“O Mercado de Fichaxes do Fútbol da Costa sempre actualizado” — Que pasa na costa