Martes. 10.09.2024
El tiempo

Muxioloxía

O conxunto da Vila da Barca é o novo campión de Terceira Galega, e máis dunha década despois regresa a unha Liga da Costa onde o Baio é novo líder Pasou con Led Zeppelin, cos KISS ou con The Who. Os clásicos sempre volven. E aínda que a espera foi longa de abondo, tamén é así co Muxía. O cadro da Vila da Barca é xa matemáticamente campión dunha Terceira Galega que dominou de comezo a fin, case en forma de tiranía, e na que ademais fixo algo que semellaba imposible: facer de punto de xuntanza dos talentos da vila que buscaran sorte noutros clubes de categoría superior. Máis dunha década despois o futuro é ilusionante a capacidade para medrar amplia, e moito. Oitenta por cento de triunfos, recuperación de homes como Breo, Víctor Alcaina ou Maikel, e sobre todo unha unión como non se lembraba son algúns dos eixos dunha entidade que ademais é consciente de que medrar non só é un concepto puramente deportivo. A celebración estivo á altura do tempo de espera. Pola Liga da Costa transitará a vindeira tempada o Muxía, e de seguro non atopará ou a Corme ou Baio. Os 'percebeiros', que xa amagaran con caer hai sete días en Vimianzo, cederon por primeira vez este curso. Foi ante un San Lorenzo que se nega claudicar e que no Cairo realizou unha auténtica exhibición. O nivel na cabeza é tan grande que perder a condición de invicto na xornada vintesete levou tamén o cambio no liderato. Tivo premio a fe dun Baio que goleou en Louro e que depende de si mesmo para acadar o título. A só dous partidos de distancia viaxa o Mazaricos, constante e fiable, e que nesta ocasión desfíxose do Cerqueda. Para o verdugo do xa exlíder tamén hai esperanza. Sete puntos coa cabeza e cinco coa promoción danlle motivos para crer ao San Lorenzo. Despediuse das súas opcións o Ponteceso, que como sucedera o pasado curso quedou sen aire no tramo decisivo. Esta vez foi un glorioso Unión Club Cee, forte na necesidade, o que o superou sen concesións. Faise máis estreiro tamén o tubo da zona baixa, onde só o Laxe parece condeado. Mira hacia a Preferente esa zona baixa, que reza pola supervivencia do Soneira. De momento, os vimianceses salvaron o primeiro match ball, ao superar ao Chantada tanto no partido como na táboa clasificatoria. Dous ou tres postos máis de mellora serían unha necesidade case en forma de condición sine qua non. Quedou sen pólvora un Xallas que na casa empatou sen goles co Betanzos. Os combeses quedan a catro puntos das promocións de ascenso. E non foi a tarde do Sofán, que foi goleado en Viveiro. Os carballeses necesitan un pequeno último esforzo para eliminar calquera sombra de dúbida. Tiña tamén a súa final o Dumbría na Primeira. Xogaba na casa do seu máis inmediato perseguidor, o durísimo Agolada, e resistiu. Comezaron adiantándose os costeiros, nun campo ateigado e con aroma a gran final. No resto da xornada non houbo boas novas. Caeu o Zas en Tordoia, mentres que o Fisterra non pudo botarlle unha man ao Dumbría derrotando ao Sigüeiro, terceiro na táboa. Curtouse tamén a xeira dun Outes que a piques estivo de traer algo positivo de Lalín.  

PreferenteNorte, xornada 29

 

1ªAutonómica, Gr.2, xornada 27

 

2ªAutonómica, Gr.2, xornada 28

 

3ªAutonómica, Gr.2, xornada 25

 

LigaGalegaXuvenil, xornada 26

 

LiguillapreviaáFasedeAscenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 9

Liguillacopeira, Gr.1, xornada 6

Liguillacopeira, Gr.2, xornada 6

Liguillacopeira, Gr.3, xornada 6

 

LigaGalegaCadete, xornada 26

 

1ªCadete, xornada 24

 

LigaGalega Infantil, xornada 25

 

1ªInfantil, xornada 26

 

LigaAlevínNorte, xornada 4

LigaAlevínSur, xornada 20

LigaBenxamínNorte, xornada 4

LigaBenxamínSur, xornada 20

LigaPrebenxamín, xornada 3

 

LigasVeteranos, 1ª División, xornada 22

LigasVeteranos, 2ª División, xornada 22

 

Máisinformación

Comentarios