Noé e Geiko, os premios Zamora e Pichichi da 3ª da Costa
Xa pendentes do comezo da Promoción de Ascenso á 2ª, cómpre mirar atrás e facer repaso á esta 3ª Autonómica das 3 voltas.
E neste repaso, os protagonistas son membros das dúas familias máis laureadas este curso, os ascendidos Montelouro e Laxe. Pegamos un completo repaso aos datos da Federación emais dos que nos achegaron varios adestradores da zona. E o resultado é este.
Un porteirazo no Cabo d’Area
Noé, do Laxe, Zamora da 3ª Autonómica 15-16-Foto-JPNoé, porteiro do SD Laxe, e natural de Sofán, será o que recolla na III Gala do Fútbol da Costa-QPC (en breve teredes novidades sobre a mesma) o trofeo ao Zamora da 3ª Autonómica 15/16. O porteiro bergantiñán fixo un campañón, e xunto ao seu compañeiro baixo paus, Jacobo (que tamén tivo o seu protagonismo) permitiu que o Laxe sexa o equipo menos batido da categoría con só 20 goles recibidos. Deles, Noé recibíu 16 goles tras disputar 19 dos 24 encontros (superando o 73% de partidos necesarios para entrar na pelexa polo trofeo.
Por detrás temos varios metas, pero poucos completaron o número de partidos necesarios. Por Louro, Fer e Iago alternaron o posto, por Corcubión contaron este ano con 4 porteiros. Aparece por aí Santi Papi, o medio reconvertido en porteirazo nos últimos anos, recibiu 24 goles en 19 partidos, preto de Noé.
Un pichichi de Erasmus
Geiko, do Montelouro, é o Pichichi da 3ª Autonomica 15-16-Foto-JPPerdeu os 3 últimos partidos pero non por lesión. Anda por Europa adante disfrutando dunha Erasmus, dende onde puido celebrar o ascenso do seu Montelouro na última xornada, na que Riki fixo de pichichi. Suma 20 goles en 21 partidos, sufientes para levar o premio.
Lonxe quedan o camellán Felisiano ou o corcubionés Iago Lema, pichichi do ano pasado, con 14 goles cada un.
Novas dos Pichichis
- 06-04-16: Pichichis: Un capitán tras un pistoleiro.
- 06-01-16: Basti e Alex Flores, Pichichis de inverno.
- 19-11-15: Grandes nomes nas listas dos Pichichis da Costa.
Pichichis do ano pasado
- Iago Lema e Nacho, pichichi e porteiro menos batido da 3ª.
- Alejo e Piti, os primeiros pichichis do curso.
Novas da 3ª
- Camelle-Corcubión e Nantón-Muxía: Comeza o asalto á Liga da Costa.
- Rikísimo ascenso.
- O Laxe é novo equipo da 2ª Autonómica! E o Montelouro… case.
Máis información
- Os cadros da Copa da Costa 2016 en www.copadacosta.com.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).