Venres. 26.04.2024
El tiempo

O AD Zas acada o 2º posto na liga Ksas TM de Oroso

O AD Zas acada o 2º posto na liga Ksas TM de Oroso
ad-zas-tenis-mesa Os xogarores e xogadoras do AD Zas Tenis de Mesa xogaron o pasado domingo en Oroso o último partido da liga Ksas TM Intenso peche de tempada están tendo os membros do AD Zas Tenis de Mesa. O pasado domingo tivo lugar a última xornada da liga Ksas TM de Oroso, en Sigüeiro; onde o club de Zas en reñida disputa co club Monteporreiro de Pontevedra cedeu na última xornada o primeiro posto e quedou con 148'5 puntos frente aos 151 dos pontevedreses. Aquí cada xogador puntúa e Monteporreiro acudiu con 26 xogadores frente aos 16 que solo puideron acudir da nosa comarca. Para o AD Zas todo un orgullo que se tiveran que movilizar ao completo todo o club Monteporreiro para poder superarnos na clasificación. Tamén en equipos femeninos AD Zas quedou segundo, igualmente superado por Monteporreiro. Recordar que nesta liga Ksas participaron 10 equipos. A participación nesta ligar é posible grazas á colaboración dos concellos de A Baña, Vimianzo e Zas, así que o club agradécelle o seu esforzo así como o dos xogadores e xogadoras que nalgún domingo se achegaron a xogar ata Sigüeiro; especialmente aos de Cee que este ano debutaron neste deporte. O sábado tamén tiveron actividade xa que durante a tarde clausuraron as escolas deportivas do concello de A Baña. As mesas de xogo colocaronse na rúa aguantando un forte chaparrón que caeu a iso das catro da tarde.

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios