Sábado. 11.07.2020
El tiempo

O At. Milagrosa, campión da Liga de Veteranos

O At. Milagrosa, campión da Liga de Veteranos
Milagrosa campion da LIga da Costa de Veteranos O Milagrosa campion da LIga da Costa de Veteranos

Conseguíu o At. Milagrosa empatar no Municipal de Vimianzo e manter a vantaxe dun puntiño sobre o Soneira, para alzar a copa de Campión da 1ª División da Liga da Costa de Veteranos.

Ademais, en 2ª, o Porteño alzouse merecidamente co título (non perdeu partido), e ascende xunto co Club do Mar.

Sen tempo a descansar, xa comezan a Copa da Costa 2016.

Soneira - At. Milagrosa (1-1)

At MIlagrosa campion da Liga de Veteranos
  • Campo: Municipal de Vimianzo.
  • Soneira: Coscoñas, Bruno, Mauro, Antelo, Javi, Chocolate, Miguel Filgueira, Costa, Pioto, Lareiras e Jemisa. Tamén: Feliz, Mauri, Álvaro, Jose, Chema, Xordi e Teodoro.
  • At, Milagrosa: Jorge, Álex, Maros, Alexos, Óscar, Carlos, Jorge, Amado, Pichel, Rancaño e Bryan. Tamén xogaron; Upi, Pablo Couto, Luís, Miguel Álvarez, John.
  • Árbitro: Eduardo Iglesias asistido por Reborido e Javi.
  • Goles: 0-1, m.70: Rodo nunha contra; 1-1, m.82: en propia meta.
  • Gran partido, e moi deportivo, viuse no campo municipal de Vimianzo no último partido e en xogo o campionato de Liga tempada 2015 2016. Se ao Soneira só lle valía a vitoria, ao At.Milagrosa chegáballe con empatar, pero o partido empezou moitísimo ritmo desde o inicio, e aos dous minuto de xogo nun balón en longo ao área mandado por Miguel, chocan na saída do porteiro Jorge e Pioto ,quedanto tendido no área este último xogador, ata que os xogadores do At. tiraron o balón fóra e mesmo algún xogador do Soneira pediu penalti.

    O partido desenvolvíase no medio do campo onde os centrocampistas do At. Milagrosa, Rodo e Jorge Amado nos primeiros minutos, impuxéronse en todo o momento, tocando moi ben o balón entre eles e buscando á banda esquerda a Pichel que, coa súa velocidade, facía moito dano e non permitía que o Soneira subise liñas. O medio do campo soneirán formado por Chocolate, Miguel, Costa e Pioto, cando tiñan o balón buscaban ao seu dianteiro Lareiras, pero moi ben marcado por Alexos que sempre se impuxo ao dianteiro. En defensa, bo traballo de Marcos cubrindo as subidas de Pioto, que avisaba cun tiro alto á media hora. Por bando carballés, Jorge Amado mandaba unha falta preto do poste. Chegábase ao descanso sen goles.

    A segunda parte o Soneira co vento a favor e sabedores que só lle valia a vitoria adiantan un pouco mais liñas e Miguel centraba balóns á área en busca de Teo, un gran rematador de cabeza. Pero nunha contra rápida do At.Milagrosa, Antelo fai falta, sácaa Rodo e marca o gol poñendo o marcador en 0-1 cando restaban 20 minutos para o final.

    O Soneira non se foi abaixo e seguiu presionando, produto diso conto con tres saques de esquina que en dúas deles o árbitro lle pitou falta ao dianteiro sobre o porteiro. Conseguía empatar a falta de 8 minutos o cadro soneirán cun gol en propia meta de Alexos tras xogada de Chocolate, e co 1-1 o Soneira intentouno con bombeos de balón á área, pero entre o porteiro e Alexos cortaron todo perigo e evitaron o tanto mantendo o título.

     

    Dumbría, 2º, e os pichichis

    Dumbria subcampons de de Veteranos Dumbría, subcampións de de Veteranos, quedando por diante do Soneira Tonino e Richard maximos goleadores das Ligas de Veteranos Toniño (Coristanco) e Richard (Club do Mar), máximos goleadores da 1ª e 2ª das Ligas de Veteranos  

    Porteño, campión de 2ª

    Porteno campion da 2 Division dos Veteranos da Costa Porteño, campión da 2ª Division dos Veteranos da Costa

    Nada puido facer o Poniente ante un gran Porteño, que conseguiu o campionato de Liga con 74 puntos, sen perder ningún partido e cinco empates, marcando 111 goles. Os xogadores de Higinio , son merecedores deste campionato, que a próxima tempada militasen en Primeira Division acompañados do Club do Mar.

    O club caionés fixo tamén un temporadón, e queda 2º, con 70 puntos, 4 derrotas, e un empate, contando nas súas filas co máximo goleador (Trofeo J. Pombo), Richar que o marcou 43 goles, dos 86 do seu equipo. Esta última xornada enfrontouse ao Corcoesto, no campo de Xaviña e eran sabedores que tiñan que gañar o partido e que o Porteño perdese o seu para ser campións de Liga. Empataron os de Caión que non lles impediu celebrar o ascenso.

     

    Xa pensando na Copa

    Xa en www.copadacosta.com temos o cadro da Copa da Costa de Veteranos 2016.

    Cadro da Copa da Costa de Veteranos 2016 O Cadro da Copa da Costa de Veteranos 2016 sempre en www.copadacosta.com  

    Crónicas deste ano

    Máis información en www.futboldacosta.com

    Tempadas anteriores

     

    Máisinformación

    comentarios