O Baile costeiro asalta Valencia
O pasado domingo 3 de febreiro o Club Arte e Movemento acudiu o Trofeo Vila de Marín de Baile Deportivo. E as novas non puideron ser mellores, pois se levaron 9 parellas, 6 acadaron medalla, e dúas foron seleccionadas para competir na Copa Promoción de Valencia.
Así, este domingo 10 de febreiro Roberto Ézara e Patricia Tuñez (Cee) e Cristian Domínguez e Laura Rivadulla (Cee) viaxarán a Valencia acompañados da súa entrenadora Graciela Toba para participar en L'Eliana na Copa Promoción, tras seren seleccionados pola Federación Española de Baile Deportivo, por estar na metade superior do ranking nacional. Nesta proba enfrontaranse ós mellores do ranking de toda España, e xóganse o ascenso de Categoría.
Grandes resultados en Marín
Arte e Movemento presentaba 9 parellas en Marín, e a colleita de resultadas superou as espectativas do clube, sobre todo porque esta tempada por idade, teñen varias parellas competindo polo mesmo grupo, co que queda claro que é imposible que todos gañen!!
Finalmente acadamos 6 trofeos de podios e 4 medallistas na final. 2 ouros, 2 pratas e 2 bronces.
O primeiro grupo foi o Xuvenil territorial, onde os costeiros tiñan dúas parellas, que chegaron á final: Álvaro Lado e Antía Méndez acadaron o 1º posto, mentres que de 3º quedaron Borja Duarte e Mara Gionmarini.
O seguinte grupo foi Youth territorial, onde competían 3 parellas costeiras,cunha participación estelar: Juan Alvarellos e Melani Lois acaron o 1º posto; Ivan Antelo e Aida Carril o 2º, e Juan Luis Lista e Noelia Regueira o 3º.
No grupo Junior II, Tomás Fuentes e Fátima Lopez quedaron no 5º posto, mentres que no grupo Junior I, Vicente Lopez e Laura Marcote non acadaron pasar a final.
Despois das 2 da tarde comezou a modalidade standard. O primeiro grupo foi Youth territorial onde había 4 parellas na final que acadaron o 2º, 3º, 4º e 5º posto consecutivos.
E finalmente no grupo Adulto pero na Categoria A nacional, que é a mais alta do ranking nacional, competían Diego Rivadulla e Ariadna Leis que conseguiron pasar a final e acadaron o 4º posto, o mellor posto que podian esperar xa que o nivel nesta categoria é moi alto. Como exemplo a parella gañadora nesta categoría son Adrián Esperon e Patricia Martínez que son os actuais campions de España nesta modalidade.
Novas relacionadas
- Arte e Movemento volve con 6 medallas do Campionato de Baile de Fene.
- O Baile do Clube Arte e Movemento abre a tempada con 4 medallas.
- 9 medallas na Copa Xunta para o taekwondo costeiro.
- O baile de Arte e Movemento estreou 4 novas parellas en Marín.
- 4 horas de baile e deporte na Exhibición de Arte e Movemento de Cee.
Fonte
- Nota de prensa do Clube Arte e Movemento.