Xoves. 10.10.2024
El tiempo

O baile de Arte e Movemento estreou 4 novas parellas en Marín

O baile de Arte e Movemento estreou 4 novas parellas en Marín

O Club Baile deportivo Arte e Movemento de Cee segue acudindo mensualmente ás probas puntuables para o ranking nacional que se celebran en territorio galego. O pasado 5 de febreiro, o clube acudiu ao Trofeo Concello de Marin. Pero había un engadido especial nesta proba, xa que o clube presentaba por primeira vez a 8 novos deportistas, formando 4 novas parellas.

Todos eles se estrenaban por primeira vez nunha competición oficial, tras 4 anos de aprendizaxe no clube. E o fixeron con rotundo éxito pois os resultados foron mellores do esperado mesmo. En total o clube presentou 9 parellas que acadaron 1 ouro, 1 prata e 2 bronces.

As novas parellas estaban formadas por:

  • Álvaro Lado e María Lado (9 anos) - Mazaricos.
  • Iván Antelo e Aída Carril (13 anos )- Vimianzo e Santa Comba.
  • Damián Rodriguez e Adriana Amigo (13 anos) - Vimianzo.
  • Juan Luís Lista e Noelia Regueira (16 anos) - Muxía e Mazaricos.

Xunto coas novas parellas participaban tamen os agora xa veteranos do clube:

  • Cristian Domínguez e Laura Rivadulla de Cee.
  • Roberto Ezara e Patricia Túñez de Cee.
  • Diego Rivadulla e Ariadna Leis de Cee e Carnota.
  • Martín Otero e Maria Otero de Rois.
  • Manuel Otero e Lucía Lavandeira de Rois.
  • Vindeira cita

    A próxima cita do clube será o 4 de marzo en Cangas.

    Novas relacionadas

    Fonte

    • Nota de prensa de Clube Arte e Movemento.

    Comentarios