Martes. 10.09.2024
El tiempo

O Balonmán Camariñas, a defensa menos goleada do campionato

O Balonmán Camariñas, a defensa menos goleada do campionato

4 de 4 suma o Bm. Camariñas neste inicio de campaña. Os conserveiros están implacables en defensa e as vitorias o manteñen líder da 1ª Autonómica con 8 puntos, os mesmos que o Seis do Nadal.

As que non disfrutan tanto son as mozas do Encaixe. Estalle custando ás camariñás adaptarse á categoría senior, xa que a maioría proceden do equipo xuvenil e aínda lles falta aquel grado de veteranía que lles permita controlar o tempo do partido, xa que tanto en un encontro como no outro pecaron de novatas. Aínda que é este un equipo con moi boa proxección.

Por Carballo, unha de cal e unha de area. O Calvo segue implacable na 1ª Estatal, mentres o Goldie vai collendo confianza a base de derrotas.

 

1ª Autonómica masculina, x.4

A defensa do Bm Camarinas esta espectacular-Foto-Jose Campana A defensa do Bm Camariñas está espectacular-Foto-Jose Campaña
  • Resultado: Bm. Culleredo - Bm. Camariñas (19-27)
  • Bm. Camariñas: Cristian (p), Fary (7), Eusebio (1), Checho (1), Moncho, Fabio, Catalán (7), Héctor (7), Antelo (3), Diego (1) e Xabier.

Bonito partido o que se viu no pavillón de Almeiras, cun resultado final, que non reflicte o que pasou no encontro, xa que a 12 minutos do final o encontro estaba empatado a 18-18.

Un choque de defensas propiciou un inicio moi escaso en goles, poniendose no minuto 13 cun 0-4 para o Camariñas, que cun tempo morto oportuno, o adestrador local adiantou o seu defensa, poñendo en aprietos aos conserveiros, para chegar ao descanso cun 12-8, que tampouco era reflexo do que ocorría no campo. No 2º periodo, xa as cousas volveron á súa canle para o Camariñas, impoñendo o seu férrea defensa (a menos batida de o campionato) para deixar ao Culleredo en 7 goles e impoñéndose cun parcial de 7-19 neste segundo tempo.

O próximo partido recibirá o Conservas Boya ao Tui, no Pabellón O Areal de Camariñas.

 

1ª Autonómica feminina, x.8

o-bm-encaixe-camarinas-foto-jose-campana
  • Resultado: Encaixe Camariñas - Pab. Ourense (25-32)
  • Encaixe Camariñas: Tamara (p), Anita, Lola, Ana Canosa, Tina (7), Tati, Isa (6), Nerea, María Oanes (8), Minia, Laura, Águeda (4) e Marta.

Dous partidos xogados este fin de semana e coa mesma sorte. Caeu o sábado o Camariñas en Culleredo no partido adiantado que correspondía ao 8 de decembro, por un contundente 27-10. e o domingo en xornada de mañá perdía en casa conttra o Orense por un 25 a 32, resultado enganoso pois o Camariñas anunque sempre se situou por baixo no marcador, pero sempre con opcións de cambiar o resultado.

 

1ª Estatal, xornada 8

  • Resultado: Calvo Xiria - Academia Octavio (42-23)
  • CALVO XIRIA (18+24): Santiago Gómez [p], Antonio Mato [p], Alejandro Calvete, Brais Puñal (2), Manuel Méndez (5), Sergio Facal (2), Uxío Batán (3), Martín Alfeirán (4), Julián López (2), Carlos Vilanova (4), Jorge Bouzas (4), Pablo Iglesias (4), Javier Rodríguez (5), Gabriel Castiñeiras (2), Gonzalo Pombo (2), Hugo Rodríguez (3).
calvo-xiria-octavio

De novo a defensa foi clave para solventar un partido que se puña costa arriba no primeiro tempo. Pero unha reacción antes do descanso, e segunda metade exquisita e seria permitiu que o cadro verde sumase a 8ª vitoria en 8 partidos, e se manteña no máis alto da táboa, cun At. Novás que non cede e está só un punto por detrás.

Precisamente a vindeira semana tócalle ao Calvo Xiria viaxar ao Rosal para se enfrontar ao Acanor At Novás, nun partido complicadísimo ante un rival que está na segunda posición da táboa, a un punto dos carballeses, e que montou un equipo para tratar de acadar o título ligueiro e o ascenso de categoría.
O club carballés organiza viaxe en autobús ata o Rosal. Se estás interesad@ en asitir podes poñerte en contacto co club no teléfono 616 43 55 45 onde che facilitarán horario de saída, prezo ... e toda a información que precises.

Se tendes gañas de ver algo de balonmán, aquí podedes ver o partido completo ante o Lalín da xornada pasada.

o-calvo-xiria-segue-lider-da-1-autonomica O Calvo Xiria segue líder invicto da 1ª Autonómica  

2ª Autonómica feminina, x.6

  • Resultado: Coreti Lalin - Goldie Xiria (23-16)
  • Goldie Xiria: Brenda Noya [p], Andrea Pose [p], Uxía Pazos, Nuria Noya, Saray Couto, Alba Rodríguez (2), Sheila Ferreiro (1), Jessica Posse, Sara Pombo, Raquel Gómez (2), Juana Garrochena (3), Adriana Groba, Sara Pombo (1), Tamara Pombo(4), Diana Rodríguez, Zeltia Andeira (4).

Quedou bo sabor de boca para as carballesas a pesar da derrota, pois a pesar de ir por debaixo do marcador en todo momento non lle perdeu a cara ao partido, e tratou de remontar. Ao final a remontada non se puido producir ante o poderío físico das locais; pero este equipo despois dun comezo difícil de tempada empeza a ver a luz grazas en parte ao traballo semanal que realizan.

 

Máis información

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

Comentarios