Venres. 18.10.2019
El tiempo

O balonmán costeiro vive hoxe o seu primeiro derbi con dúas afeccións entregadas

O balonmán costeiro vive hoxe o seu primeiro derbi con dúas afeccións entregadas
Calvo Xiria e Bm Camarinas derbi na 1 Nacional Calvo Xiria e Bm Camariñas no derbi do curso pasado

O pavillón do Areal acolle esta tarde de venres (18:30h) o primeiro derbi do balonmán costeiro. Bm. Camariñas e Calvo Xiria enfrontaranse na 4ª xornada da 1ª Estatal. Será un fermoso choque no campo e tamén nas bancadas, onde dúas das mellores afeccións da liga poderán verse as caras. Os Boya Blues porán o listón ben alto para a marea verde que se desprace dende Carballo.

No deportivo o Calvo parte como favorito, sendo un dos aspirantes ao título. Pero en fronte estará un cadro camariñán que leva un forte comezo ce campaña, despois de enfrontarse a outros dous candidatos como Unión Financiera e Embutidos Lalinenses nas anteriores xornadas, choques nos que o equipo deu a cara a pesar d ter unha plantilla moito máis curta.

Así, o cadro local buscará sumar os primeiros puntos da temporada, mentres os carballeses manter a boa liña de resultados. O choque será tremendamente intenso, como todos os derbis, no que o Xiria tratará de impoñer un ritmo alto ante un Bm. Camariñas baseado na fortaleza do seu grupo por encima das individualidades. Os camariñáns terán que aproveitar as súas rápidas contras e minimizar perdas para ter opcións.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/bm-xiria-e-boya-preparan-o-derbi-cun-xallas-xa-en-competicion/

Comentarios