Mércores. 20.11.2019
El tiempo

O Balonmán une Camariñas

O Balonmán une Camariñas

Os dous clubs de balonmán de Camariñas, O Balonmán Camariñas e o Balonmán Encaixe, decidiron xuntarse e constituir unha única entidade que acolla a todos os deportistas de balonmán, tanto femininos como masculinos, do Concello de Camariñas.

A idea é optimizar recursos, tanto humanos como económicos, e xuntar nun só club a todas as persoas interesadas por este deporte no concello camariñán.

O “Club Balonmán Camariñas” sairá pois nas distintas categorías, tanto femininas como masculinas, facéndose cargo tamén de todos os nenos e nenas que ata agora formaban parte das escolas municipais deportivas de balonmán, para evitar así a súa desaparición, xa que debido a situación económica que atravesa o Concello, este non podería facerse cargo das escolas.

Tentarase manter a práctica do balonmán dende as categorías máis novas e continuar co traballo realizado ata agora ca colaboración do Concello, para que este deporte tivera presenza e fora practicado por un número importante de rapaces e rapazas.

A nova directiva estará constituída por membros dos dous clubs que se xuntan, e darase a coñecer publicamente nunha asemblea de socios que terá lugar no vindeiro mes de agosto, así mesmo o club informará ao público da nova xestión e do xeito de matricularse para as actividades que se procuraran mellorar de cara ao próximo curso/tempada.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Balonmán Camariñas.

Comentarios