O Bm. Camariñas, campións de Liga por terceira vez
09:04 21/03/17
O Balonmán Camariñas celebrou en Poio o título da 1ª Autonómica
Fin de semana completa para o balonmán costeiro. A nova máis importante foi a consecución do título da 1ª Autonómica do Bm. Camariñas, cando aínda faltan 3 xornadas para o remate da Liga regular. Dous autobuses de siareiros viaxaron ata Poio para ver un Camariñas que xogou de cara á galería, para que o seu público, que abarrotaba o pabellón da Seca, gozase de unha xornada inesquecible, na que se proclamou campión da liga de 1ª División Autonómica do balonmán galego terceira vez. A primeira no 2010-2011, que gañou posteriormente a fase estatal que se celebrou en Camariñas, gañándolle a final ao Salamanca. Volveu gañar a liga na tempada 2014-2015, para gañar posteriormente a fase estatal en Aranda de Duero. E agora está tempada 2016-2017, novamente campión do campionato autonómico, e á espera de rivais e sé para o estatal. Iso si, estarán tinguidos de loiro para a vindeira xornada…
A outra da semana foi a celebración da fase clasificatoria para o Campionato de Europa Junior Feminino de Eslovenia 2017 en Carballo. As #GuerrerasJunior fixeron as delicias dos siareiros ao balonmán carballeses facendo unha impecable rolda e meténdose no Europeo.
1ª Autonómica masculina, x.19
- Resultado: Bm Poio - Bm. Camariñas (23-29)
- Bm. Camariñas: Cristian (p), Alan (5), Fari (4), Eusebio (2), Fabián, Checho (1), Moncho, Fabio, Catalán (8), Héctor, Fran, Antelo (2), Diego (1) e Xabi (6).
As #GuerrerasJunior, en Carballo
Máxima expectación por ver as Guerreras Junior en Carballo Un luxo ter en Carballo unha fase clasificatoria para un campionato internacional como o Europeo de Esloveia 2017. Medios de toda España estiveron presentes na capital carballesa para seguir de preto o inmaculado traballo da Selección Española Junior Feminino. Foron 3 xornadas nas que as vermellas demostraron o bo estado de forma do balonmán español. Así, coa vitoria de España sobre Lituania no Vila de Noia de Carballo na terceira xornada, as Guerreiras certificaban a excelencia do combinado español nesta rolda previa á cita continental do próximo verán. Finalmente, xunto a España, os equipos clasificados para a fase final do Campionato de Europa de Eslovenia 2017 son Eslovenia en calidade de organizador, Rusia e Dinamarca polos seus resultados na EURO 2015 xuvenil, e os combinados nacionais que entran por medio da fase clasificatoria: Hungría, FYR Macedonia, Rumanía, Francia, Montenegro, Croacia, Países Baixos, Suecia, Serbia, Portugal, Noruega e Alemania. Resta por coñecer, de man da EHF, a data do sorteo da fase final, á que España accede como primeiro clasificado do Grupo 2. Recepción oficial das GuerrerasJunior no Concello de Carballo1ª Estatal, xornada 24
- Resultado: Calvo Xiria - At. Novás (22-22)
- CALVO XIRIA 22 (14+8): Santiago Gómez [p], Martín Gómez [p], Brais Puñal (1), Pablo Iglesias (8), Uxío Batán, Sergio Facal (3), Gabriel Castiñeiras, Alejandro Calvete (1), Javier Rodríguez (1), Julián López, Hugo Rodríguez (3), Martín Alfeirán, Jorge Bouzas (2), Manuel Méndez (2), Miguel Suárez-Pumariega (1), Juan Carlos Rodríguez.
Máis información
- Resultados e clasificacións da 1ª Estatal masculina (Calvo Xiria).
- Resultados e clasificacións da 1ª Autonómica masculina (Bm. Camariñas).
- Resultados e clasificacións da 2ª Autonómica Feminina (Encaixe Camariñas).
Novas relacionadas
- Impecables.
- Non poden cos líderes costeiro.
- De volta á fácil senda da vitoria:
- Entradas de balonmán que limpan cuíños.
- As Selección Española Junior xogarase en marzo a clasificación para o Europeo de Balonmán en Carballo.
Crónicas deste curso
- O Bm. Camariñas sofre a primeira derrota tras case 10 meses.
- Doble vitoria, de novo.
- O Xiria ten que recuperar o fío que non perde o Camariñas.
- Invicto só queda un.
- Gañar por inercia.
- Xiria e Camariñas acaban invictos o 2016.
- Ampliando a vantaxe para pasar un Nadal tranquilo.
- Invictus.
- O Norte ó poder.
- O Calvo, máis líder e de novo representante galego na Federación Española.
- O Balonmán Camariñas, a defensa menos goleada do campionato.
- Balonmán: Posta de longo para o Bm. Camariñas.
- O Xallas ponse de longo mentres Xiria e Conservas seguen en marcha.
- A canteira do Xiria pode coa carteira do Chapela mentres o Bm. Camariñas quece motores.
- Carballo vístese de verde Xiria>Carballo vístese de verde Xiria.
Outras novas
- O Basket Xiria quere afianzar a súa canteira pontecesá.
- O equipos do Basket Xiria póñense en marcha.
- A creación do primeiro equipo sénior feminino é unha chulada para o Carballo Basket”.
- 10 anos para un Basket Xiria que segue medrando.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).