O Bm. Camariñas xa non gaña por inercia
Xa non gaña só por inercia o Balonmán Camariñas. O cadro conserveiro visitaba esta pasada fin de semana ao Seis do Nadal e demostrou que está volvendo á senda do éxito. Agarda xa o cadro conserveiro a chegada do líder a vindeira semana, o que significará un choque clave para as aspiracións dos camariñáns.
Mentres, o Calvo Xiria xogaba de novo lonxe do Municipal Vila de Noia, desta volta en Bueu ante un equipo que precisaba os puntos para tratar de ir escapando dos postos de descenso o que o facía moi perigoso. Non fixeron os verdibrancos o seu mellor xogo nesta fría tarde de sábado na que a falla de xogo bonito houbo emoción no marcador, e o máis positivo para os carballeses: acadaron dous puntos.
1ª Autonómica, xornada 12
- Resultado: SEDONA Hierros Miguel - Balonmán Camariñas (25-29).
- BM. CAMARIÑAS: Alex (p), Víctor (p), Fari (3), Marcos Bao (1), Quin (2), Borja (4), Moncho (3), Catalán (9), Jacob, Perón (2), Damián, Fran Varela (1), Carlos Pereiro.
O sempre complicado Seis do Nadal, foi a pedra de toque para confirmar a recuperación do Camariñas, nunha visita a Vigo en horario case carnavalesco, o Conservas Boya impúxose merecidamente e nun partido moi bonito e disputado ao Ferros Miguel Seis do Nadal, onde destacaron os xogadores visitantes Catalán, Moncho e Fary, e polos locais Freijeiro (que vió a vermella a 8 minutos do final) e Iván.
O partido foi sempre do Camariñas, marchandose no marcador cun 0-5 inicial que foi determinate, daquela o adestrador do Boya, foi dando minutos a todo o banquiño, o que aproveitaron os vigueses para achegarse no marcador. En canto recuperen a forma un un par de xogadores que aínda acusan a parada navieña, o Boya volverá estar ao nivel de finais da primeira fase.
1ª Estatal, xornada 16
- Resultado: BUEU ATL. - CALVO XIRIA (20-24).
- Calvo Xiria (10+14): Kike [p], Ramón, Jesús (3), Chimpo (1), Gonzalo (1), Manuel (8), Sergio (6) -equipo inicial- Iago [p], Jorge, Pablo (3), Dubra (1), Cuco (1), Rubén.
Os primeiros trinta minutos foron de igualdade máxima, con parciais favorables a un e outro equipos alternativamente, sen que ningún conseguise asentarse definitivamente no encontro. Espeso o ataque carballés, ao que había que engadirlle pouca efectividade ante a portería local, confiou o seu bagaxe ofensivo a Sergio. Así as cousas non sorprendeu que o resultado ao descanso fose de empate a 10.
A segunda metade levaba a mesma tónica que os primeiros trinta minutos, pero todo cambiou cando as colexiadas do encontro amosaron un cartón vermello directo a Cuco, que ven podía ter sido unha sanción de dous minutos. Logo de superar unha situación de catro minutos en inferioridade numérica e con empate a 15 os carballeses tiraron de calidade e orgullo para cun parcial de 1-5 deixar visto para sentenza o encontro. Neses intres as paradas de Iago e a profundidade en ataque de Manuel foron decisivas.
Vindeira cita
- 1ª Autonómica: oO partido do próximo fin de semana en Camariñas ante o líder, Vitaldent Balonmano Pontevedra, será o test que marque a recuperación do bo xogo do equipo camariñan. O adestrador pontevedrés estivo vendo o partido do Seis do Nadal - Camariñas, seguramente para tomar boa nota de face ao interesante partido que veremos en Camariñas.
- 1ª Estatal: A vindeira xornada o balonmán volve a Carballo. Será nun duro partido ante o Seis do Nadal. Mais contará o Calvo Xiria co apoio dos seus seareiros que xogarán de seguro un papel determinante neste enfrontamento.
Máis información
Novas relacionadas
- O Bm. Camariñas segue gañando por inercia e o Xiria retoma con derrota a competición.
- O Bm. Camariñas vence pero non convence.
- O Bm. Camariñas empeza con mal pé a Liga polo Título.
- O Bm. Camariñas rompe marcas e o Bm. Xallas ponse de longo.
Máis novas
Fonte
- Notas de prensa do Balonmán Camariñas, do Balonmán Encaixe e do Calvo Xiria.